O Reverendo Can

 

Xavi Ninguén

 "Era novo cando viñemos da cididade a vivir en Meirama por mor do traballo do meu pai que ferroviario.

 Alí coñecin a M. Silveira, L. Gómez, J. Regueiro "Tabe", F. Presedo, ... 

Eran tempos oscuros, dificiles, na aldea non tíñamos moitos pasatempos, agás escoitar discos e xogar ó futbolín na taberna. 

Decidimos montar un grupo de Rock !!!! Non tiñamos nin gunha idea e comezamos con guitarras clásicas e caixas de lata. Non había xeito de aprender, non tíñamos referencias. Íamos aos concertos pra ver como tocaban, onde poñían os dedos. 

Despois aprendemos algúns acordes e decidimos tirar pra adiante dando concertillos no Colexio de Cerceda, e a xente aplaudíanos (flipamos coa xente) así que seguimos e tocamos nos descansos das verbenas do pobo, e nalgúns bares.

Chegamos a maoioría de edade e tivemos a oportunidade de ver aos Leño duas veces e mogollón de grupos no pavillón, iso metianos máis gañas no corpo !!! 

Despois chegou a mili, e comezamos a tirar cada un pra un lado. M. Silveira no 87 comezou co proxecto Mördor e ata hoxe co nome de Zënzar.

Eu voltei ao pobo 25 anos dispois e xa os Zënzar eran unha institución do Rock en galego. Comezei a pasar polo local de ensaio e rematei facendo letras e acompañando cando podía a banda nos concertos e gravacións. Levaba 38 anos sen coller unha guitarra, e decidin comezar de novo, asi pouco a pouco fun facendo estas cancións, que no teñen máis pretensións que facer que pasedes un tempo abstraidos da puta realidade da vida"

 

O Reverendo Can (2020)
 

A tecnoloxia cambiouno todo e hoxe rapaaces coma o pakolas (Paco Cerdeira) gravou-mo ali, no local de ensaio, e os demais colaboraron en todo. 

 

 O deseño e a maquetación foi cousa de Laura Romero, a que lle estou moi agradecido polo traballazo que fixo. 

 

 

 

Temas:

O machismo mata

Corvos negros

Tempo de muros

Cancion pra unha poeta

Un minuto

Maruxa

As obreiras

Vivir en Galiza

Sicario do demo

A tortura non remata


Son berros e laios dun home que coa sua humildade e grande corazon foi agrumando o seu redor unha familia, quizais a familia menos tradicional de todas, pero na que todo-las e todo-los seus membros están por que queren estar e non por aparentar.  

 

 

 

 

 

O Reverendo Can
Palabras para a fada

Este tema adicoullo O Reverendo Can a poetisa ourensa Rochi Novoa e tamén esta incluido en MaXic de Rochi Novoa

Un minuto

https://www.youtube.com/watch?v=pbf0Bm16Li8&list=FLC8taH5HHLvmbwa4YIifixQ
 

As obreiras