SEITURA



Seitura é unha banda de punk rock que ven do Val Miñor, GZ. Formados aos poucos dende 2017, conta con membros provintes de diversos escenarios e gustos, concorren nun entendemento común do rock potente na procura dun son propio cheo de potencia, raiba e moita festa.

En 2022 comezou a primeira xira de presentación do grupo, tocando en diferentes escenarios da xeografía Galega. Dende festivais como o Arbo Rock, ata locais de gran tradición musical como a Corte dos Bois (Ourense) e concertos en plena tempada alta de concellos como Baiona.

formación :

Juanma - Voz e guitarra

Néstor - Guitarra e segunda voz

Miguel - Baixo e coros

Breo - Batería e coros



Somos nós (2024)

"Publicado en febreiro de 2024. Este segundo traballo de Seitura está composto por catro cortes cargados de punk, rock e hardcore.

Neste EP amósase a evolución da banda a través de unha produción moi coidada e un son potente e actual.

As colaboracións con Gabri (Dakidarría) e Max (Skatcha e Harry May) elevan o nivel musical de estes temas creados con vistas a obter un directo enérxico que non deixará a ninguén indiferente.

Gravado en A Carpintería Recording Studios (Val Miñor)



Xente Ceibe

 Dirección de vídeo – Breikus

https://www.youtube.com/watch?v=mRCYWX4Qlyg
 



 


Seitura (2020)

Grabouse e misturouse en Arroutada Records, polo enxeñeiro de son Mintxo Alejos.

No momento da grabación do disco Seitura estaba composto por:

Basi Guitarra e voz

Juamma Guitarra e coros

Néstor Guitarra e coros

Kike Baixo

Breo Batería


O Ep pode escoitarse en plataformas dixitais e no youtube, Tamén se pode atopar en formato físico no Skarnio Baiona, e no Chiripa ou contactando con nós a traves de mail ou RRSS, do grupo :

https://www.facebook.com/SeituraRock/

 

 

Seitura

https://www.youtube.com/watch?v=8ADvW-LNGNE
 

Tempestades de Sal

https://www.youtube.com/watch?v=45XevpeAcpE
 

Romperás

https://www.youtube.com/watch?v=u0yDia-DkGI
 

Que Parva Que Son

https://www.youtube.com/watch?v=BMoO3Se3lTE
 




CONTACTO:

seiturarock@gmail.com