Artista galego do 99.
Dende este ano e mínimo dous máis vivo na Suecia.
Intento
facer música que misture certas formas tradicionais, de creación
colectiva, con sons e ferramentas moi dixitais. Inda que isto non é unha
lei e cada canción ten o seu contexto. De momento fago eu todo o
proceso, dende a produción aos videoclips, e isto dame moito chance a
estar continuamente probando cousas novas e contando experiencias e
situacións máis persoais.
Nestes meses estanme a
saír moitas cancións que se relacionan con como construir e sentir un
lugar dende a distancia, supoño que os motivos son obvios.