Anxo Araújo
Anxo Araújo vén de publicar o seu primeiro
disco “Plan de urbanismo para un novo couto mixto”
Os días felices
Realizado por A Carrinha Vermelha e baseado nunhas cintas familiares en Super 8.
https://www.youtube.com/watch?v=qf3_d8Vm3Pc
Por que tivemos que discutir?
Dirixido por David Silva.
https://www.youtube.com/watch?v=FQvy-I-rGRg
Esta noite de san Xoán
Gravado e mesturado entre Unha Casa Calquera (Poio) e Estudio Terraforma (O Hío).
Masterizado por Victor García en Ultramarinos (CAT).
Plan de urbanismo para un novo couto mixto (2021)
Este traballo foi gravado e mesturado por Anxo Araújo no seu estudio Unha Casa Calquera (Poio) e masterizado por Victor Garcia en Ultramarinos (Costa brava / Barcelona).
“Plan de urbanismo para un novo couto mixto” parte dunha necesidade persoal convertida en desafío. O proceso de creación ten lugar durante varios meses do ano 2020 no seu estudio de gravación, obtendo como resultado desa introspección dez fermosas cancións que nos inspiran momentos de cambio, de auto afirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas.
Este novo traballo nace no contexto dunha pandemia. Música feliz para tempos de crise, ou en palabras do propio Anxo «Un saír dos buratos máis profundos con confianza e ilusión. Un reforzo da auto estima. Un aprender a bailar deixando marchar a carraxe acumulada. Un mirar cara a cara ao mundo. Unha absoluta liberación.».
O disco tamén está dispoñible en algún punto de venda físico como a Libraría Paz en Pontevedra ou Discos Fans en Santiago.
Anxo Araújo fainos esta interesante achega que se suma ao efervescente e prolífico momento que vive a música e, máis nomeadamente, o pop en galego.
Temas:
Canción perfecta
Feng Shui
A Guerra Mundial
Antinuclear
Apoloxía
Desastre natural
Fomos
As túas historias
Monte Louro
Propósito de emenda
“Canción perfecta” é o seu primeiro single, un tema onírico que afonda na busca de novos camiños, un aire fresco cargado de melancolía alegre e optimista..