A Pedreira Soltar Soltar, deixar ir o que acabicorna, as argolas, os pesos, o apego, as crenças, os medos, os prejuízos, aceitar a perda, a mudança, a lei da impermanência, que a pele respire sem tanta maquilhagem. A Pedreira A Pedreira “solta” o primeiro single do seu novo traballo, “Basal” Producido por Ugía Pedreira, Arturo Vaquero e Guadi Galego Producion Raso Estudio e Nordesía Produccións https://www.youtube.com/watch?v=Y6nbwSxsFyE |
A Pedreira Miudiño Sessions #19 Miudiño Sessions, un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola nosa música e lingua... Desta volta Ugia Pedreira esfolou tres pezas para ficar na memoria: "Qué pasa arredor de min", sobre uns versos de Rosalía de Castro, e "Sabe a pam", na compaña da guitarra, e Atlante, un tema novo inédito que interpretou a capella. https://www.youtube.com/watch?v=ejgE-AcYbUQ |
Segmento Cantabrico (2021)
Segmento Cantábrico, disco, + Atalaia Norte, poemario, é a pri-meira travesía vinculeira do meu pensamento basal, unha proposta de arquitectura sonora feita poema, spoken e canción. Vai adicado a todos os pobos, tribos, clans de Ortegal (Galicia) a Ouessant (Bretagne), que tiveron e teñen como vía marítima de relación o mar Cantábrico. Especialmente ao pobo galego, asturiano, vasco e bretón, catro casas que nos acollen desde onde miramos de fronte o vendaval.
A Pedreira: Voz, guitarra, pandeiretas, pandeiro.
Pierre-Yves Rougier: Voz, frauta, bouzouki, guitarra, guitarra eléctrica, sintetizadores, samples, bombo, caixón, palmas, gaita.
Ivan Laxe: Baixo (1, 6, 9)
Álvaro M. Lamas: Pedal steel guitar (9)
Segmento Cantábrico foi producido, gravado e mesturado por Pierre-Yves Rougier nos Estudios Ty Avel de Vilavedelle (Castro-pol).
As últimas mesturas e masterización realizáronse nos Estudios Abrigueiro de Friol, con Arturo Vaquero.
O deseño correu a cargo de Xavier Belho, as fotos, de Óscar Gorriz e a revisión ortográfica levouse a cabo con Olga Nogueira, Abel Mialmaproduciois e Ágata de Piñeira.
Agosto-setembro do 2021.
A Pedreira Mares sucados Tema de presentación de Segmento cantábrico o primeiro proxecto en solitario de Ugia Pedreira, que asina co seu apelido. Poema de Enrique Gavilanes. Arranxos e gravación musical: Pierre-Yves Rougier. Dirección, gravación e montaxe: Eloy Couceiro. https://www.youtube.com/watch?v=eqfFUBGsmzc |
"Mares sucados" avanza un universo musical e poético novo, un disco de once temas mais o poemario Atalaia Norte. A Pedreira volve aos escenarios con esta nova proposta e un elegante equilibrio entre instrumentos máis orgánicos combinados coa música electrónica vintage.
Mares sucados
Ugia Pedreira & Pier El Gabacho
https://www.youtube.com/watch?v=OTM3-io94b4
Ser 1 ser máis
"A arte como desenvolvemento persoal, como curación que non terapia, Ser
1 ser máis é unha chamada á consciencia da conectividade a toque de
bombo"
https://www.youtube.com/watch?v=ulQr0Bh9IMo
BIOGRAFÍA
A PEDREIRA vista por Martázul
Ugía Pedreira, A Pedreira, naceu en Foz (na Mariña de Lugo), e a xeoloxía cultural da comarca marca profundamente esta compositora singular. Sobre Abbey Lincoln di Roger Roca que é “a voz do orgullo”. Pois A Pedreira é unha cantora das de verdade, unha voz que invoca a xustiza; a voz negra da música galega, e cada unha das súas presentacións públicas, é máxica e exclusiva.
A Pedreira é unha mestura explosiva de serenidade e paixón, en calquera momento bota un ruxido coma Abbey, desexado, esperado as máis das veces. Estamos ante unha das voces máis importantes, plurais e versátiles do panorama musical galego: folque, ska, electrónica, latin, trad... O seu é explorar texturas e dimensións, tanto no cantar como na composición. Dulce Pontes, dixo dela no festival Maré que «canta co corazón na mao». A cativada di que ten unha voz guerreira, e hai quen afirma que, coma Dylan, ten un voz singular inmediatamente recoñecíbel. A Pedreira é unha das artistas capaces de crear tendencia en cada obra, tanto polos contidos, como por estética ou ética. Das músicas máis queridas e admiradas de Galicia, cunha enorme intelixencia musical, das máis respeitadas e escoitadas na sua profesión polo que di e tamén por como o di.
Desde que no 95 iniciou a sua carreira musical, é vangarda no seu país de orixe. A Pedreira canta sobre a súa vida, e pola súa formación e consciencia é, en palabras de Guadi Galego, «a autora con maiúsculas do país»; unha voz que é quen de por de acordo a moitas xeracións.
A Pedreira Cantar de Baleias Video: Eloy Couceiro Este video foi promovido e realizou-se para incluir no projecto Finisterrae de Rachelle Andrioli desde o porto de Ortigueira no Occidente Asturiano. https://www.youtube.com/watch?v=88kdp-aWEM4 |
Discos e colaboracións
A Pedreira comezou sendo coñecida na música galega polos tres discos editados co seu anterior grupo de folk, Chouteira: Chouteira (1995), Ghuaue! (1997) e Folla de Lata (2000), producido por Eliseo Parra, con quen percorrería diversos palcos de Europa.
Son innumerables e heterodoxas as súas creacións en distintos momentos musicais, así como as súas colaboracións ou actuacións con diversos músicos e bandas nacionais e internacionais. Na longa listaxe, os irmáns bretóns Molard, Kalinka Bulcheva, Erik Marchan, Jean Michel Veillon... Tamén con David Murray, substituíndo a Omara Portuondo en Niort (Francia), con Jorge Drexler no expectáculo Ao pé da letra, producido por Eliseo Parra, coa Banda Bassoti no cover de «Gracias a la vida», de Parra. Con Nacho Muñoz, Carlos Blanco ou a amiga Uxía en concertos privados e en Cantos na maré, o festival da lusofonía no que ten actuado con Dulce Pontes, varias veces con Fran Pérez “Narf”, con Marcos Teira musicalizando os poemas galegos de Lorca, con Óscar Fernandez n’Os Cempés e concertos a zanfona e voz; con Silvia Penida, tamén fixo de corista de Fermín Muguruza e cantou con Amparo (Amparanoia) ou Karen Matheson, xunto a Julián Hernández e Amparo Sánchez no espectáculo Galicia Baby, de Antón Reixa e con Aline Frazão no palacio da Brejoeira; con Cristina Pato, no Pergamino Vindel ou Niko Kervazo en diferentes concertos pola Bretaña.
A súa presenza na música rock galega veu da man de tres grandes bandas: Xenreira, Nen@s da Revolta e A Matraca Perversa. Máis recentemente, participou no proxecto do seu amigo Marcos Payno, Galhegoz. A sua voz sona tamén no segundo disco de Susana Seivane, no de Cempés Circo Montecuruto, en “A nena e o grilo" de Magin Blanco... Ten realizado música para exposicións, como Narracións, do escultor galego Caxigueiro; Xógaras, do xoierio Miguel Caamaño e tamén a música da curtametraxe Bobo Furcia, de Álex Sampayo, así como a canción orixinal con espazo sonoro na primeira obra de danza contemporánea galega, Laradas, da compañía Doble Xiro de Vigo no 1997. Desta colaboración naceu a grande amizade artística coa coreógrafa, actualmente asentada en Zurich, Mercé de Rande.
No eido do teatro, realizou o espazo sonoro das obras O Canto do Dime-dime, O Tío Vania da Compañía Factoría Teatro co que foi nominada ao Maria Casares, e xunto a P. Pascual a música para a obra Os homes só contan até tres, de Antón Lopo, premio Álvaro Cunqueiro de Teatro e nominada unha vez máis ao María Casares.
No 2006 deseñou o espazo sonoro para a obra Regreso ó deserto, de Koltès co Centro Dramático Galego. A exdirectora do CDG, ristina Domínguez dirixiu a Ugía no musical O Señor BOm-bom, nos inicios de composición do seu proxecto mais coñecido, Marful.
Nordestin@s
En abril de 2005 estrea a música do trío Nordestin@s, sobre cancións mariñeiras do Norte da Galiza, con Guadi Galego (Berrogueto) e o famoso pianista de jazz Abe Rábade. O dia 1 e 2 de setembro do 2006 gravan o seu primeiro disco en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Ese disco foi dos máis vendidos en España no Nadal do 2006, e gañou o primeiro dos Premios Opinión de Música Galega ese mesmo ano.
Ao pé da Letra
Ugía Pedreira coordinou nese mesmo ano 2005 o espectáculo colectivo Ao pé da letra, xunto co director de teatro Carlos Santiago, e producido por Nordesía. Trátase dun espectáculo composto por sete grupos da vangarda musical galega (entre eles, Marful) que tiñan como eixo central a palabra chea de contidos, un escaparate de artistas que abandeiraban a canción galega de máxima actualidade, coa colaboración de Jorge Drexler na actuación realizada en Vigo.
Marful
O 16 de xuño do ano 2006, A Pedreira presenta o seu primeiro disco co grupo Marful xunto a Marcos Teria e os irmáns Pascual no ciclo Sons da Diversidade de Compostela, diante dun milleiro de persoas compartindo cartel con artistas coma o guitarrista Goran Bregovic, Adriana Calcanhoto… Ese disco foi elexido o mellor do 2006 pola audiencia do programa Extrarradio da Radio Galega e levou a Ugía ao Festival de Sines, ao Celtic Connetions, Cuba, a unha xira por Galiza, Portugal e España…. O disco de Marful, Manual de Sedución (2010), esgotou nun mes a súa primeira edición.
Presentouse na Casa da Música de Porto como o primeiro grupo galego programado neste templo portugués. Tamén foron a primeira agrupación galega en representar a Galiza no Womex, en cantar no Parlamento europeo ou na fábrica de Sargadelos. No programa de TVE, Operación Triunfo, a concursante Sabela Ramil, escolleu para a gala final a canción de Marful, o «Tris-tras» de Ugía. Ecléctica Ensemble. Música electrónica
No 2008 grava o disco de Ecléctica Ensemble e fai o Musical Dillei con este grupo xunto a Carlos Blanco. En Electronic Galician Grooves, un cd-vinilo-cartaz, canta e compón xunto a Nacho Muñoz (produtor de Mercedes Peón e Budiño, compositor da Öpera Off), Ramom Pinheiro (fundador da empresa de documentación musical Ouvirmos S.L) e o master do son, Xurxo Pinheiro.
Programa na RG
Da amizade co comunicador Xurxo Souto nace Tres peixes voando, un programa semanal na Radio Galega Música sobre músicas do mundo e de autor. Programa que Ugía decide compartir con Xabier Díaz e Guillermo Fdez. (Berrogueto). Ao mesmo tempo, durante 3 anos, encargouse dunha sección de antropoloxía musical chamada “Folla de Ruta" no matinal da Radio Galega Un día por diante. Cando Xurxo Souto decide saír da Radio Galega, Ugía tamén opta por marchar.
CMTF Lalín
No ano 2000 A Pedreira crea o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín (Pontevedra) e, desde aquela, dirixe este centro referencia do folque en Galiza. Trátase do centro que produce o máis relevante Encontro de zanfona contemporánea de España, e que se ten convertido en referencia pedagóxica dentro das músicas populares. O CMTF realizou ciclos de concertos co folque de vangarda, intercambios musicais, residencias artísticas, excursións, ciclos de formación….
aCentral folque
No 2008 abre en Santiago de Compostela aCentral Folque. Centro galego de música popular, onde traballan vinte e cinco persoas que se dedican fundamentalmente á investigación, asesoramento, educación, produción e promoción da música galega. En particular, desde hai uns anos, deseña o Festival de Músicas portuarias de Ferrol.
Descarga ao vivo
Puxo a primeira semente, tamén a primeira pedra, e coseu os fios do proxecto Descarga ao Vivo entre aCentral Folque, o Instituto Superior de Arte da Habana e a Dirección de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, que constou de 3 partes. A primeira, investigación sobre a música galega en Cuba. En segundo lugar, un espectaculo das composicións galegas en Cuba a principios de século XIX (na Habana e Galiza), e por último, a edición do libro sobre a investigación e do cd-dvd sobre o espectáculo. Brasil e Fred Martins
Estivo case dous meses percorrendo Brasil, colaborando con Makely Ka en Río de Janeiro e con Mawaca en São Paulo, coñecendo músicos brasileiros, entre eles Fred Martins con quen mantén unha grande relación musical. Con este cantautor brasileiro asina o disco Acrobata.
Parcería Nogueira & Pedreira
Escribe lecturas teatralizadas coa sua parceira Olga Nogueira. “A expresividade musical feminina no contexto de ser mulher galega” representada na Estatua de Loriga en Lalín. De medio lado foi a segunda, representada na festividade do Dia da Toalha en Compostela.
Noente Paradise. Poemas e cancións
O 25 de xullo presentou o seu primeiro libro de poemas e cancións chamado Noente Paradise e editado por Atravês, de Agal. Parcería Oural-A Pedreira
Nace a Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento sobre contextos de arte e saúde arredor de postas en escena doutros artistas, coreografías sociais, performances, activismos e apoios de desenvolvemento da cultura desde a aldea. Entre os proxectos: «Posta en Escena», do Disco Costuras de Guadi Galego, Esenciais de Cristina Pato, a Coreografia social sobre os Irmaos Naveira en Bretanzos en Concomitentes.org, a residencia artística Esquina Noroeste con Binaural.org en Portugal e en colaboración con artistas de León, Portugal e Asturias, o Festival Inclusiones da Fundación Edes de diversidade funcional... Coro da Mariña. As. Cultural a Tribo da Travesía
Crea con Pierre-Yves Rougier unha comunidade arredor do canto como lazo de unión entre Asturias e Galiza. Un coro de trinta e tantas persoas que cantan de forma amateur temas relacionados co mar. Este coro deu na creación dunha asociación que une actividades culturais entrambasaguas e posteriormente un grupo de mulleres, Erikas e Peluxias que guía Pedreira para cantar, compoñer e recrear temas de música popular do mundo e percusións tradicionais.
A Comuna del Barruzo
Pierre, Pedreira e Mónica crean o disco libro primeiro en eonaviego ou galego asturiano para nenos e nenas, e quen aínda así se considere. Editado por Noente Paradise de aCentral Folque este é un disco libro de impacto na zona eonaviega polo seu grao de implicación co terreo a nivel patrimonial, ecoloxico e educacional.
A fugida
Primeiro minipoemario autoeditado por A Pedreira en tempos de pandemia. Un goxo de poemas arredor do desapego e a despedida dunha estirpe femenina á que pertence. Un poemario que conecta coas herdanzas da dor por liña materna.
Palavra Común
Ten colaborado nesta revista dixital sobre música e diversidade funcional narrando os descubrimentos e misterios vividos coa arte e a parálise cerebral, co obxectivo de axudar a outros proxenitores e profesionais. As suas andanzas con Lúa, seguindo metodoloxías da pedagoxia Feldenkrais, levouna a experiencias con diferentes terapeutas en Mallorca, Nova York, Zurich, París, Baviera, e a escudriñar máis na investigación da emisión vocal, sobre todo na interconexión de emoción-animus alento-xesto-palabra. “Cobrantas”. Galicia Confidencial
Infatigábel traballadora da escrita, abre unha pequena colaboración con Galicia Confidencial para entrevistar artistas musicais que aúnan vida e arte desde situacións adversas, con preguntas máis profundas sobre o seu oficio. A sección chamábase «Cobrantas». Disco Alalás
No 2018 foi convidada polo prestioso músico de jazz Pablo Castaño (NY, Santiago)para arranxar uns alalás galegos (o blues) dándolle máxima importancia á voz emocional, participando no seu disco e nas presentacións do artista. Homenaxe a Carvalho Calero, con Katia Guerreiro
Espectáculo e colaboración ad hoc sobre cancións de Carvalho Calero, feitas por A Pedreira.
1995 Chouteira, Do Fol Edicións.
1997. Chouteira. Ghuaue!, Do Fol Edicións.
2000. Chouteira. Folla de Lata, Do Fol Edicións.
2001. Eléctrica Ensamble. Electronic Galicien Grooves (cd-vinilo) Autoeditado.
2006. Marful. Producciones Efímeras.
2006. Nordestin@s. Guadi Galego, Abe Rábade e Ugía Pedreira. Ed. Falcatruada.
2008. Descarga ao vivo (Habana-Galiza). Fusión de música cubana e galega. Ed. Noente Paradise.
2010. Marful. Manual de Sedución. Autoedición.
2011. Acróbata. Ugía Pedreira-Fred Martins. Ed. Noente Paradise. aCentral Folque.
2011. Single do libro Noente Paradise, Poemas e Cançons. Atravês Editora.
2018. Pablo Castaño Quartet. A-La-Láa. Featuring Ugía Pedreira. Ed. Noente Paradise.
2018. A Comunda del Barruzo. Pierrot Rougier e Ugía Pedreira. Ed. Noente Paradise.
2021. Segmento Cantábrico. A Pedreira e Pierre-Yves Rougier. Altafonte.