FAIA presenta un novo espectáculo no que a voz espida e o arquivo sonoro son os protagonistas. Os ritmos e melodías tradicionais buscan novos camiños, movéndose entre o íntimo, o que se canta e o que se silencia.
É un traballo en construción, do que tirar do fío nun proceso continuo. Neste caso, a escena servirá de casa, de refuxio onde reflexionar sobre o poder da transmisión no ámbito do doméstico. Teas e anacos e cantigas conforman un inventario de coidados, e teñen algo de cerimonia. Son herdanza, un espazo necesario de acubillo e subversión.
Nesta cadea de transmisión xenerosa que é a música de tradición oral, a feitura dase sempre no momento de cantar. Pero non canta tan só a voz, canta a vida, quen escoita, todo canta.
Teas, anacos de cantigas, melodías na memoria da casa-escola conforman este inventario de coidados, e ten algo de cerimonia. A través deles falamos porque son herdanza, un espazo necesario de acubillo e subversión.
Troita
https://www.youtube.com/watch?v=KBQfxYlT7Lo
Faia Díaz Novo (Santiago de Compostela, 1988) é cantante e licenciada en Historia da Arte pola USC. É fundadora e integrante do grupo musical De Vacas desde 2015, do Coro Encaixe desde o 2016 e da compañía A Patacón desde 2017. Ao cabo leirín (2019)
No 2019 viu a luz o seu primeiro traballo discográfico en solitario, Ao cabo leirín, unha autoedición en vinilo na que presenta unha selección de arquivos tradicionais transmitidos por mulleres e reinterpretados por ela soa en diferentes espazos sonoros, baixo a produción e o deseño de son do Hevi (Fluzo, Malandrómeda).
Ao cabo leirín foi seleccionado como terceiro mellor álbum estatal de raíz do 2019 pola revista Mondosonoro e finalista a mellor proxecto de música tradicional nos Premios Martín Códax da Música 2020.
Para o directo acompañouse do músico Benxamín Otero.
Ao cabo leirín
Faia Díaz & Benxamín Otero
Adaptación de cantos de sega tradicionais recollidos de Lidia Gómez,
(Vilaluz, Cervantes) e Erminda Miramontes (Grixoa, Santiago de
Compostela).
https://www.youtube.com/watch?v=vsCgJ4FrBhs
Contacto :
+34 646 165 044
fb @lunedaproducions