"O vigués Iago Galego debuta co seu proxecto en solitario, Filloas, mesturando sen prexuizo ingredientes que a priori non convidan á maridaxe pero que unha vez pasados pola pedra quente dan lugar a unha proposta inédita na música galega: melodías pop pegañentas, voces trapeiras enchoupadas de autotune, guitarras afiadas fillas do estoupido do 77 e ritmos urbanos acelerados que piden a berros pista de baile.
Ao longo de once temas o de Coruxo desprega un sincretismo postmoderno absolutamente desacomplexado co que acada unha sinatura persoal máis que recoñecible, un estilo propio embebido por unhas letras introspectivas ("Cuncha emocional", "Mediocre" ou "A morte vai comigo") nas que tamén hai espazo para a cultura pop ("Robin" ou "Replicantes") e mesmo a reivindicación máis explícita ("Galicia", filla bastarda e trapeira do clásico "Galicia es una mierda" dos Ataque Escampe).
Se puideramos trazar unha liña imaxinaria dende Radio Océano até Boyanka Kostova, pasando polo Caimán do Río Tea, Projecto Mourente e Verto, sen dúbida chegariamos a Filloas. O futuro da música galega era isto. E mola mil."
Plataforma A Regueifa
Temas:
1. Mediocre
2. O Tema Do Ano
1. Mediocre
2. O Tema Do Ano
3. Robin
4. A ría de Compostela
5. A Vida
6. Cookies
7. Galicia
8. A morte vai comigo
9. Replicantes
10.Feliz Xoves
11.Cuncha emocional
4. A ría de Compostela
5. A Vida
6. Cookies
7. Galicia
8. A morte vai comigo
9. Replicantes
10.Feliz Xoves
11.Cuncha emocional
Podedes escxoitalo enteiro e descargalop pondolle ti mesmo o prezo no seu bandcamp https://filloas.bandcamp.com/album/filloas
Mediocre
https://www.youtube.com/watch?v=Gv0Q840BKkg
Feliz Xoves
https://www.youtube.com/watch?v=-hDoZp0-JA0
A morte vai comigo
https://www.youtube.com/watch?v=pSaaeiVkB44
Cuncha emocional
https://www.youtube.com/watch?v=DSyacBlpdqk
Replicantes
https://www.youtube.com/watch?v=q5E7fiqM8VM
Miudiño Sessions #02 FILLOAS A Regueifa 2.0 estrea as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares. Nesta ocasión o protagonista é o vigués Iago Galego, que baixo o alcume de FILLOAS editou antes do verán un sorprendente disco de debut. Nunha distópica paraxe postindustrial da Galiza profunda o de Coruxo interpreta tres temas do seu album ("Mediocre", "Galicia" e "A vida") con voz, guitarra, sintetizadores e bases electrónicas coma ingredientes do seu - tan difícil de etiquetar- pop/trap/urban/punk que xa ten enganchadxs a tantxs. https://www.youtube.com/watch?v=OwjoR3O4m74 |