O fillo de Suso (2022)
O barcalés HOLGADO debulla ao longo de doce cancións a medio camiño entre o neofolk máis espido e a Americana de raiz as lembranzas dunha infancia rural que se extingue irremediablemente, nun exercicio de nostalxia absolutamente conmovedor. Unha carta de amor aos seus anos mozos na que son evidentes as influencias do outro lado do Atlántico de xigantes coma Bill Callahan, Will Oldham, Damien Jurado ou Bon Iver pero non tanto o substrato inconsciente co que o músico de Negreira nos remite aos grandes songwriters galegos dos anos 70s como Suso Vaamonde, Miro Casabella ou Benedicto
Ricardo Vieito e Carmen Fuentes vivían nunha casa vella de pedra no barrio de Vilachán, en Negreira. Tiveron dúas fillas, e anos máis tarde chegaron ademais catro fillos. Durmían todos enriba da cuadra das bestas. Ricardo e Carmen traballaron sempre de labregos.
Oitenta anos mais tarde o seu neto grava doce cancións que configuran un testemuño da nostalxia do rural. Feito dende a atalaia urbanita de Madrí, "O Fillo de Suso" trata de reivindicar as cousas importantes: as filloas de Consuelo, traballar menos, nadar no río, un prato de garbanzos.
Vinilo de 12" con carpeta dobre e inlay
Os collages do LP son obras de Martina Charaf feitos a partir dun albume de fotografías da familia Vieito.
Edición limitada e numerada de 300.
Podedes escoitalo enteiro e mercalo en:
https://holgado.bandcamp.com/album/o-fillo-de-suso
Temas:
1. Amence por Logrosa
2. Herba seca nas Brañas
3. A Piscina
4. Notas do funeral de Ricardo Vieito
5. Holgado feat. Miguel de la Ossa - Inventario dos Conejitos
6. Probe meu cadelo
7. Axenda do Val de Barcala
8. Elexía por Carmen Fuentes
9. Fanfarria do entroido
10.O marco
11.Unha cantiga para o meu curmán
12.Anoitece por Zas
Disco grabadoo e misturado por Keko Ponte, masterizado en Kadifornia por Mario G Alberni
Miudiño sessions #001 da plataforma A Regueifa 2.0
"A piscina",
"Herba seca nas brañas" e
"Notas do funeral de Ricardo Vieito"
Daniel Vieito: Saxo
Diego Vieito: Caixón
https://www.youtube.com/watch?v=-c14hjCgjvU
keko@kekoponte.com