Joel Padin

Joel Padin iniciouse na música tradicional no ano 2011, cando comezou a cantar e tocar a pandeireta nunha asociación do seu pobo (Mar de Arousa). As súas ganas por avanzar, levárono a probar en diferentes grupos para intentar comprobar cal era o máis adecuado ás súas necesidades. En 2018, preséntase ó concurso da TVG, Pequenos Fenómenos, concurso no que queda en primeiro lugar, cantando só música tradicional. 


 

Aughas mortas (2021)


En 2021 saíu á luz “Aughas Mortas”, título co que quere deixar claro que pertence con orgullo ás terras de Vilagarcía de Arousa, onde así lle chaman ás medusas. 

 

O seu primeiro traballo discográfico inclúe 13 temas do tamén vilagarcián Carlos Rey, quen lle deu a oportunidade de luxo de poder escoller entre o inxente número de cantigas que atesoura das recolleitas polas aldeas de Galicia. 

Gravouse en Pontecaldelas, en estudios Ancestral, mistura en A Lagharteira por Isaac Millán.

O disco contou co patrocinio do Concello de Vilagarcia de Arousa.

Heleniña

 Heleniña (recollida no lugar de Folgoso, Cotobade a Filomena Fráiz, Delfina Taboada, Filomena Castro, Hemérita Castro e Gumersinda López en 1988)

https://www.youtube.com/watch?v=ymaKf7bBcqg
 

CHERINDAINA

Cherindaina foi recollida orixinariamente por Carlos Rey a Flora Vázquez Caneda, en Bembibre, Val do Dubra. Pasodobre ó que quixemos darlle un toque diferente, sempre dende o máximo respeto a tódolas informantes.

https://www.youtube.com/watch?v=H8R9VADClaM

Miña Fouce

Peza recollida por Carlos Rey, a Perfecto Anido Branco no Val do Dubra no ano 1993.

https://www.youtube.com/watch?v=XLxsg4pY8xA
 


Contacto :

neboa.joel.padin@gmail.com