Loita Amada

Loita Amada son:

Jásper letrista, voz principal e guitarra,
Davide Salgado á guitarra,
Alberte Fernández ao baixo,
Xiana Naval co trombón,
Ana Novo á trompeta
e Amós Varela na batería


LOITA AMADA leva en activo desde 2022 inxectando poesía nunha mistura de estilos que foi pulindo ata concretarse na actualidade nun rock duro con variadas influencias.
Nacida da canción protesta galega, Loita Amada propón un son actual que leva esa tradición cara a novas sonoridades, cun directo intenso que é ao tempo berro de resistencia e chamada á acción.

LOITA AMADA é poesía revolucionaria de base rock elegantemente revestida de punk, folk, metal, pop, ska e tradición galega.




Resisitir e vencer (2024)

Gravado nos Estudos Garate baixo o mando de Kaki Arkarazo deléitanos co son máis pulido ata o momento.

Cada peza acompáñase dun maxistral visual acuñado por CARTÍLAGO mergullándonos na pompa de xabón, simbolismo da tensión que vivimos mentras a metade do mundo está en guerra e a outra metade mira para outro lado.

Porque nos tempos que corren, Resistir é Vencer.

“Resistir é vencer”, once cortes nos que plasma a súa poesía revolucionaria sobre unha base de rock duro con variadas influencias como punk, folk, metal, reggae, ska, pop, tradicional... A temática tratada vai desde a pasividade de Europa fronte ao xenocidio do pobo palestino e a impotencia experimentada no activismo político e musical, ata a dignificación do legado dos nosos avós e avoas, sempre deixando espazo para o amor.

Mención especial a un elenco de colaboracións artísticas de luxo: Nuno Pico (Grande Amore), «o da Gándara», Hartiz Zabaleta (Ameba), Luken Arkarazo (Odolaren Mintzoa), Mini Rivas (Fuxan os ventos), Xiana Lastra (A banda da loba), Vituco Neira (RuxeRuxe), Tanxugueiras e o trikixilari Joseba Tapia.


A Envexa 

Unha idea orixinal de Mire Anfé e Älva Ge.
https://www.youtube.com/watch?v=oWzYm7eAQWY&list=RDoWzYm7eAQWY&start_radio=1

A Nada

 con Nuno Grande Amore

 
Unha idea orixinal e produción visual de CARTILAGO.

Dirixido por Mire Anfé (@mireanfe) e Älva Ge (@_alva.ge).

https://www.youtube.com/watch?v=Xx-icN1oEtw

As Verdades

 
Unha idea orixinal e produción visual de CARTILAGO.

Dirixido por Mire Anfé (@mireanfe) e Älva Ge (@_alva.ge).

https://www.youtube.com/watch?v=hbFgBSuR6C4

Os Sapos

Unha idea orixinal e produción visual de CARTILAGO.

Dirixido por Mire Anfé (@mireanfe) e Älva Ge (@_alva.ge).

 https://www.youtube.com/watch?v=cMWsyt3dEY0
 

O Silencio

Videoclip por @cartilago.cartilago

https://www.youtube.com/watch?v=3EiqItaVOhE 
 

A Irmá

 Unha idea orixinal de Mire Anfé e Älva Ge.

Un visual x @cartilago.cartilago


https://www.youtube.com/watch?v=00IhTC1PBK4



Altri Non 

Loita Amada - O seu puñal

Gravada, mesturada e masterizada en Pouland Studios. 

https://www.youtube.com/watch?v=kKDu9Rt5tLM
 




Rematou o simulacro (2024)

Inro (Rematou o simulacro)

Cadaver sen cabeza

A nosa hora

Conquistadores do pan

Perdoei

Bendittos Nós

Otto ore

Unha revolución

Odio eterno ao futbol moderno

Conquistadores do pan

Vídeo por : @mireanfe y @_alva.ge

Gravado a camiño entre Galiza e Euskadi en outubro de 2024.

https://www.youtube.com/watch?v=nHIJYud1mHs

Unha Revolución

https://www.youtube.com/watch?v=pB_ncIugRCc
 


Viva a loita amada revolucionaria (2022)
 

10 cancións feitas dende o corazón para ser balas da nosa amada loita:

Quero

Unha nova era

Por sempre viviras

Loitemos

Un anaco de min

As promesas que nos fixemos

O naufraxio

Quen foi a nai de todas nos

A soga

O monstro 

Un álbum no que podemos escoitar cancións que falan en primeira persoa de derrotar os seus propios demos, do amor aos devanceiros e aos nosos descendentes e, como non, cancións que chaman á rebeldía, á dignidade, cantos á liberdade, á esperanza e a á resistencia.

E todo isto fano mesturando estilos que van dende a muñeira ao vals, dende a xota ao rock forte. Alén diso, cómpre destacar a unha Nébeda que rompe o rexistro tradicional para dotar de sentimento e fraxilidade un disco que emana forza por todos os poros.

 

Coa producción de Xonix Records.

Deseño gráfico: Miguel Duarte 

O Naufraxio

Cámara e dirección: Fernando Lozano "WeAreCinema".

Deseño gráfico: Miguel Duarte

Gravado, mesturado e masterizado por Lolo Arincón nos estudos Xonix Records (A Bandeira - Galiza)

Discográfica: Xonix Records

 
 

 Quero

 Cámara e dirección: Fernando Lozano "WeAreCinema".

Arranxo e dirección musical : Paco Montoto.

Deseño gráfico: Miguel Duarte

Gravado, mesturado e masterizado por Lolo Arincón nos estudos Xonix Records (A Bandeira - Galiza)

https://www.youtube.com/watch?v=pfrLM5JZaRQ
 



Contratación:

Culrura Activa 

 

Contacto : 

info@culturactiva.org 

Teléfono:

981 58 28 36 

619 933 348 (Roxo)