Fillas de Cassandra



Foto de: juancho everman

Quixeron calala e aquí estamos nós
Tomando coma referencia o mito de Cassandra, muller á que se lle negou á voz,  lembran que elas son porque antes houbo quen loitou, quen deu vida. É así como nace Fillas de Cassandra. A voz, as percusións, o piano e os sintetizadores son os fíos cos que o dúo tece as súas composicións, que beben tanto da música e das coplas tradicionais coma da clásica o do pop, e que agroman dun xeito natural acompañadas dunhas contundentes bases electrónicas. ‘Acrópole’, o resultado deste último ano de traballo xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais 


Acrópole (2022)



O dúo conformado por María Pérez e Sara Faro publica o seu primeiro LP, un disco conceptual do que agroma unha ollada feminista sobre o mundo contemporáneo a través da revisión da historia de mulleres referentes da mitoloxía grega

‘Acrópole’, producido por Berto e publicado da man de Tremendo Audiovisual, fía a súa narración a través de oito relatos actuais que asocian ás figuras de Antígona, Cassandra, Dafne, Eco, Pandora, Syrinx ou mesmo de Lisístrata. “Con todas elas chegamos a conectar, dalgún xeito, con situacións que vivimos as mulleres hoxe en día e que, a pesar dos centos de anos que pasaron desde que se concibiu a escrita até a actualidade, seguen a acontecer”, sinalan María Pérez e Sara Faro. “Quixemos facer ese paralelismo entre esas personaxes e o noso mundo, e darlle unha volta desde a nosa particular visión, coa nosa música, aos diferentes mitos”, afirman.

II. LISÍSTRATA

Música e idea orixinal: Fillas de Cassandra

Gravación e edición: Santiago Iglesias

Produción: Berto

℗ 2022 Tremendo Audiovisual

I. ANTÍGONA


Música, letra e idea orixinal: Fillas de Cassandra

Gravación e edición: Santiago Iglesias

Produción: Berto

Master: Carlos Hernández Nombela

℗ 2022 Tremendo Audiovisual


CONTACTO :

Contacto de prensa Fillas de Cassandra
The Office Comunicación 
Lucía Pita - 675 404 321
Luisa Castiñeira - 620 113 155



Management & Contratación
Nave de Lata Cooperativa Cultural | Tremendo Audiovisual
Manuel Tarrío - 629 041 750