O seu estilo vese fortemente influenciado polas bandas de punk rock e power pop americanas dos 90 como Jawbreaker, Hot Water Music, The Bouncing Souls ou Green Day.
Nas súas letras e melodías deixan claro que non teñen máis pretensión que a de: sobrevivir, pasalo ben e non madurar. Tal vez, só tal vez, manter vivo o espirito noventeiro do skate punk do cambio de milenio.
Happy (2026) "Non foi un camiño fácil pero… temos cancións novas! E como en toda fantasía (final), o verdadeiro tesouro son os amigos que facemos polo camiño. O reparto de corazón vai para @xburningtoalhas de @eskravos , por berrar máis alto que nós. A @_iagocumeiro_ de @marela.banda e @chorima_gz , por convertirnos nunha banda de country (hell yeah) co seu banjo. A os @estudiospotemkin por facer escoitables as nosas ideas. E, por suposto, a todos os que saltades nos nosos concertos, levades as nosas camisetas e pegades as nosas pegatinas. Sodes os que nos fan sentir un pouco máis H A P P Y"
Nostalxia
Dirección: @maloshabit0s @the_loser_chronicles
Fotografía: @maloshabit0s
Edición: @the_loser_chronicles
https://www.youtube.com/watch?v=ELuWS6JIZxk
Insectos
(con Eskravos)
https://www.youtube.com/shorts/j5703hATNEA

Normal (2024)
Segundo disco de Noite Atari xa dispoñible en todas as plataformas dixitais. Gravado e masterizado nos @estudiospotemkin
Gracinhas a @punkita_ por poñer voz e luz en “Violencia”.
Violencia
con Pauliña
Asi, Mel, Isa, Dani e Miguel comprácense en presentar o seu primeiro traballo Pais Ausentes.

Pais Ausentes (2023)
Seis temas de punk rock melódico cheos de enerxía, historias que contar e guitarras
melancólicas.
Unha nova tendencia na música underground galega.
Gravado e masterizado en The Dub Yard Records, e lanzado en xaneiro de 2023.
100% en galego.
Temas:
Luisjulián
https://www.youtube.com/watch?v=LYo8qhBTFVU
Día verde
Tucumcari, NM
https://www.youtube.com/watch?v=Y8aVfiHcUJg
Miau Miau
https://www.youtube.com/watch?v=uzaRBTJyN68
Fronteira
https://www.youtube.com/watch?v=RqRl1GiEdKM
Fuxir
https://www.youtube.com/watch?v=o7emhHTmWf4
Tamén podedes escoitalo enteiro e mercalo no seu bandcamp:
https://noiteatari.bandcamp.com/album/pais-ausentes
Contacto:
noiteatari@gmail.com










