Novas marzo 2022


Zabala
O domingo eterno







https://www.youtube.com/watch?v=IUZVDk9ErcY

Faia
Troita

Son: Hevi

Video: Inés Salvado

FAIA presenta novo espectáculo en Ortigueira o sábado día 26 de marzo ás 19h30 no Teatro da Beneficencia, dentro do ciclo “Festival no Teatro” do Festival de Ortigueira.

https://www.youtube.com/watch?v=KBQfxYlT7Lo

SonDeSeu
XX Aniversario

SonDeSeu festexa 20 anos de transformación orquestral da música de tradición oral cunha xira de concertos por Galicia na primavera

Figuras e mestres como Rodrigo Romaní, Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xisco Feijoó, Xaquín Xesteira, Alfonso Franco e Xosé Liz forman parte deste proxecto educativo e musical, hoxe en día vinculado á ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e tradicional)

As entradas xa entána venda en A Taquilla:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-afundacion-vigo/13730--xx-aniversario-sondeseu.html

SESO DURÁN - INFINITESIMAL
INFINITESIMAL

Segundo single do álbum "Ascensión" - Música e letra de Seso Durán - Producido por Iago Lorenzo Masterizado por Robin Schmitd

Dirixido por Alex Penabade e David Hernández

Producido por ADARME VISUAL

https://www.youtube.com/watch?v=yZMTMwNAySI

Ith + MercedesPeón
MEDO A PERDER

NonAosEólicos

Este vídeo está dedicado a todas as persoas e colectivos que loitan para defender o patrimonio natural fronte á depredación de quen ten poder.

“Medo a perder” non é unha escolla ao chou. Foi seleccionado pola banda conscientemente para poder denunciar o que grandes compañías e multinacionais do sector eléctrico pretenden facer no rural galego: o espolio das nosas terras para colocar macroeólicos de forma indiscriminada e acabar coa vida, a natureza, a nosa paisaxe natural, o sector gandeiro, así como perpetuar a tendencia á despoboación e, en definitiva, sentenciar o futuro do rural de forma irreversible.

https://www.youtube.com/watch?v=fxJmnf_dke8

Fillo Corvo
Ninguén

Tema do EP Fillo Corvo II

Gravado, mesturado e masterizado en Cimatica Estudios.

https://www.youtube.com/watch?v=37nx4RZW0_Y

Cousxs
Da Lúa a Marte

Ei! Que tal?

https://www.youtube.com/watch?v=-vm0yUAvdtw

MJ Pérez
Inês, aquilo que nos une

Peza audiovisual artística inspirada na figura e na historia de Inés de Castro, a nobre galega que marcou a historia de Portugal, coñecida como a “raíña despois de morta”.

Con ilustracións de Laura Romero

Contén un tema inédito de MJ Pérez

https://www.youtube.com/watch?v=2hsGLs--_8s

Chicharrón
Pequenas vértebras partidas nun niño baleiro

Tema incluido no disco Erosión, editado por Ferror Records 2022

Mesturado en Ogrobe por Matías Unruh en xaneiro de 2022.

Masterizado por Ibán Pérez nos estudos Terraforma (O Hío, Cangas do Morrazo) en febreiro de 2022.)

Producido por Matías Unruh.

https://www.youtube.com/watch?v=rOBnLW4YNwo

Gaelo
Onde estan

Producido por Oscar Q

Gravado e mesturado en Vumetro Records (SdC)

Masterizado por Javier Roldón en Vacuum Mastering (ZgZ)

Vídeo: Pixelinphoto

https://www.youtube.com/watch?v=5Db2iyl6cRM

Xabier Díaz
Levantarse e caer

Primeiro single de "Levantarse e caer" de Xabier Díaz (Axúdame a sentir - Abril 2022)

https://www.youtube.com/watch?v=rkjBKtLGJcM

A BANDA DA LOBA
Pepa

Gravación de son e mastering: Arturo Vaquero (Estudios Abrigueiro)

Videoclip producido por Seispés Producións Creativas

https://www.youtube.com/watch?v=EEHs8me_SFo

Baiuca
Pablo Nouvelle​ remix

O productor suizo Pablo Nouvelle refai "Veleno" no primeiro adianto do álbum de remixes de "Embruxo" de Baiuca

https://www.youtube.com/watch?v=VE2G9_S23Uc

Mercedes Peón
Ingrávida

A música e investigadora Mercedes Peón achegará o vindeiro 2 de abril unha proposta escénica enérxica e emocional ao Auditorio Municipal de Vilalba, celebrando por fin, as dúas décadas de lanzamento de ‘Isué’

Camaño & Ameixeiras, Mónica de Nut, Ana Fernández, Gisela Sanmartín con Xirifeiras, Mar Suárez con Raigañas, Laura González, Laura Garrido, Yolanda Allegue e Icía Varela acompañarán a Peón sobre o escenario, nunha “festa musical” na que a creadora transitará entre o acústico e a electrónica

As entradas téndelas en:

https://entradasvilalba.es/evento/musica/mercedes-peon-xira-ingravida

Dakidarría
Colaxe

Colaxe é o sexto disco de estudio de Dakidarría onde o grupo percorre as diversas influencias musicais que o fixeron medrar e chegar ata o presente nun estado de forma envidiable tras 18 anos de carreira.

As datas confirmadas da xira de presentacion estan na axenda de musicaengalego

Toda a info, enlaces, videos ... téndelos en:

https://musicaengalego.blogspot.com/2017/07/dakidarria.html

Correlingua 2022
convocatoria para participar no Cantalingua

A máis movida das festas do galego reinicia a súa actividade coa convocatoria do seu concurso máis importante: o Cantalingua. As bandas galegas poderán inscribirse nesta convocatoria que ten como premio cantidades de ata 1.000 euros por cada actuación nos centros escolares que participan do Correlingua.

No concurso poden participar bandas e solistas en lingua galega de calquera estilo musical. As cancións deben ser orixinais, e cantadas integramente en galego.

A canción deberá presentarse en formato MP3, xunto cunha presentación da banda ou solista e unha fotografía. Hai que indicar un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. Todos estes datos pódense enviar ao correo correlingua@gmail.com antes do das 24H do 3 de abril de 2022.

correlingua@gmail.com

Nadie González
ANA KIRO

Tema incluido no disco E QUEN FAI MÚSICA PARA NÓS?

Éun proxecto que busca contribuír e apoiar a escena musical galega, no que colaboran 11 artistas provenientes de estilos musicais diferentes, que se atopan nun espazo común onde expresarse e crear novos temas. O resultado son 8 cancións que mesturan diferentes sensibilidades sobre ritmos próximos ao hip-hop.

Promover a perspectiva de xénero e linguaxe non sexista entre os adolescentes. Colaboro ocasionalmente nuns obradoiros musicais en institutos para previr a violencia de xénero, e creo que é moi necesario que a rapazada teña máis música feita por artistas galegas nas súas playlists e, dentro dos sons urbanos, intentar gañarlle un pouco de terreo ás típicas letras machistas.

https://www.youtube.com/watch?v=OJSHi4UDpGQ

Mulleres da Galiza
- ZARAIDA (Maskarpone)

- AIDA (Cuarta Xusta)

- LUCÍA (The Tetas' Van)

- JANA (Liska!)

- LORENA (The Tetas' Van)

- CHÍO (A Requinta da Laxeira)

- ALEXANDRA PÉREZ

- NEREA IGLESIAS (Sound Sisters)

- ELENA (Charabiscas e A Carballeira de Cercio)

- NEREA (Charabiscas e A Carballeira de Cercio)

- PATTY CASTRO (Mulleres Galegas Kañeras e Raíñas)

- XULIA (Ruxe-Ruxe)


primeiro sinxelo do albúm "Verbas do Monfadal", unha escolma de poemas musicados do poeta galego Luciano do Monfadal, que verá a luz a mediados deste 2022.

É unha homenaxe a tódalas mulleres galegas que sempre estiveron, están e estarán loitando pola nosa terra, pola nosa cultura e pola nosa língua.

Letra: Luciano do Monfadal

Música: Lolo Arincón e Paco Montoto

Gravado, mesturado e masterizado nos estudios Xonix Records (A Bandeira)

Producido por Lolo Arincón e Paco Montoto

https://www.youtube.com/watch?v=gIV-VzF2GuA

Turbotalina
Video Xogo

Terbutalina fixeron un video xogo das Carrilanas de Esteiro e os 10 primeiros clasificados irán de balde a presentacion do novo traballo da banda o 19 de marzo na Capitol

🎟️ 10 entradas en xogo para os 10 mellores!!!

https://qaramelo.itch.io/gran-prix-turbotalina

Familia Caamagno
Xuntos

Dirixido por Xaime Miranda

Producido por Tremendo Audiovisual

https://www.youtube.com/watch?v=0330IKoCh0o

 MÁIS NOVAS EN:  

https://musicaengalego.blogspot.com/2022/02/novas-febreiro-2022.html