Maraxe

Maraxe son:

Cruz Alfonso

Quique Barreiro

Victor Karallada


Maraxe é unha proxecto peculiar que se crea en 2021 a cabaliño entre a Illa De Arousa e Cambados. A raíz das dificultades para sair a tocar pola pandemia e motivos varios, Victor Karallada e Quique Barreiro deciden poñerse a compoñer sen maoir pretensión que facer música. No mesmo dia, coméntanlle a Cuqui Alfonso a idea, quen non dubida en unirse ó proxecto.

Víctor ten una longa traxectoria na música, formando parte de bandas coma Fungo, La Cuarta Pared, Undertown, Quilma ou Doen. Quique formou parte como vocalista de bandas como Blue Paper Band e Quilma, no que coincide con Victor, e tamén e fixo colaboracións con outras bandas. Cuqui non formou parte de ninguna banda, mais ten una dilatada experiencia tocando teclados e guitarra en diferentes eventos e concertos, concidindo con Quique en varios deles.

O son de Maraxe é (e será) moi ecléptico porque os gustos e influencias dos tres compoñenetes é bastante dispar, polo que tenta en cada tema chegar a un punto no que estar comodos. Os temas compoñense en base a ideas que van xurdindo, ainda que o fío conductor oscila entre o pop e o rock.

O proceso de creación faise no KSF Estudio de Victor na Illa de Arousa. Victor grava e masteriza os temas.

A idea inicial é que o proxecto non está pensado para sair a tocar, senón para simplemente facer música, mais como nunca se sabe, pode que todo vire e se se presentara algunha oportunidade, cambie ese parecer, ainda que polo e agora parece una opción bastante lonxana 
 
Hai colaboracións de artistas como Jose María Trigo aos violíns, Bruno Canario na batería, Ruben Iglesias ao baixo ou Lara Villaverde cantando a medias con Quique “Vida Estival”. Tamén colaboraron con viodeclips Alberto Dominguez (O Baleiro), Xoan András e Matías Daporta (Plan de Evacuación), Christian Villaverde (Vida Estival) e Carlos Abal (Placebo).


Placebo

Gravado no KSF Estudio na Illa de Arousa

Montaxe Videoclip Carlos Abal Lobato
 



Vida Estival

 NO BRILLO DOS TEUS OLLOS XA SE VE O MAR

coa colaboración de @lara.villaverdee

Video: @villadacrus e @lara.villaverdee


Plan de Evacuación

 Gravado e mesturado por Victor Karallada 

no Ksfstudio da Illa de Arousa



 

O Baleiro

 Primeiro tema de Maraxe !!!

Gravado no ksfstudio, na Illa de Arousa

 

Contacto: 

grabaciones.quique@hotmail.com