The Rapants

 



The Rapants son:

Matías, Samuel, Xanma e Xaquín


The Rapants é talento, actitude e diversión. Nada en Muros (A Coruña) no 2018, a banda do momento da escena galega surfea entre o pop, o garage e o disco cundirecto “sen descanso”, coa intención de facer bailar, sen prexuízos, ao público. 

 foto de: Mattias Monsterkid 




Rapants club (2026)
Logo de consolidar a identidade e a enerxía “rapante” tanto en salas de concertos coma en grandes festivais, o cuarteto muradán regresa con Rapants Club o seu novo LP.

Rapants Club, unha ducia de himnos dedicados ao seu público.

Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras), Joe Crepúsculo e Sara Faro (Fillas de Cassandra) suman as súas voces ao álbum, un traballo que xa se pode escoitar nas principais plataformas dixitais

“Jrasias por confiar”. Así arranca o cuarto LP de The Rapants, titulado Rapants Club, un álbum no que os muradáns queren agradecer ao seu público a súa compañía nestes anos. Variedade estilística, guitarras frenéticas, sintetizadores e retrousos pegadizos desde a primeira escoita definen un traballo que, aderezado coa naturalidade e honestidade que caracteriza ao grupo, consolida o papel e a identidade dunha formación que é moito máis que unha banda de guitarras: é toda unha referencia no panorama actual galego.

o álbum máis fiel ao carácter e gustos do cuarteto: son unha ducia de temas chamados a ser novos himnos para toda unha xeración. Influencias dos 70 aos 2000, do disco ao rock pasando polo indie, escóitanse en Jrasias Por Confiar, Tranquila, Todo Era Veneno, Máis Bicos Que Rosas, Suave, Por que son así, Ancoradoiro, Sin Medo, 22, Vai Ser Ijual (con versos épicos como “quero jastarme máis contijo que na AP9” ou “que a morte nos pille nun pogo a punto de romper”) ou a xas coñecidas Viaxei e Non Sei Como. Todas forman parte dun conxunto de doce cancións bonitas e atemporais nas que a lírica rapante segue a destacar por afiada, certeira e próxima ao seu público.

Para este cuarto LP, The Rapants contou coa experiencia na produción dunha tríade de profesionais que axudaron a acadar o álbum máis rapante dos publicados até o momento. Anxo Ferreira (ex Novedades Carminha), Raúl Pérez (La Mina) e Miguel León (Boavista) deron pé á modernización do son da banda, animándoa a xogar e explorar no seu proceso creativo: Rapants Club é un recompilatorio musical e visual que mostra o xeito de entender a vida dos seus membros, con músicas de todos os estilos e enerxías, pero sempre desde a emoción máis sinceira.

Jrasias Por Confiar

https://www.youtube.com/watch?v=uEr2UySeins 

 

Viaxei

Video dirixido por Juan Barbazán

Gravado en La Mina (Granada) por Raúl Pérez e Boavista

Masterizado por Javier Roldón en Vacuum Mastering.

https://www.youtube.com/watch?v=B01pSvmoECA


Non Sei Como

The Rapants e Joe Crepúsculo

 Gravado en:La Mina (Granada) e Boavista (Madrid)

Directores Juan Barbazán, Sergio Goce e Manu Seo. 

Rodado en decembro 2025 entre as localidades de Muros, Carnota, Negreira e Santiago de Compostela.

https://www.youtube.com/watch?v=6NTyDY6S01w





La máquina del buen rollo (2024)

La máquina del buen rollo, con nove temas, é un retrato fiel de The Rapants, o proxecto musical muradán ateigado de diversión, talento e que conta cunha gran conexión co público nos directos.

Os temas no seu novo LP, transitan entre o rock, o country ou o rap, e inlcúen os singles Blaster W4u ou Rue Franklin.

Blaster W4u

Unha produción de: La Bellavista‬ 

Dirección: Juan Barbazán e Whyso

https://www.youtube.com/watch?v=ykahiKulMXk


Rue Franklin

Un filme de Manu Seoane

Gravado e producido por The Rapants e Paco Loco en El Puerto de Santa María durante Outubro de 2023.

Mesturado por Kadifornia Mástering.



A Festa Do Meu Enterro

 Un filme de Anxo Beiro. Unha produción de The Rapants.

https://www.youtube.com/watch?v=tEfN_uk0X0I
 

 


O CORASÓN COMO UN AFTER (2023)

Gravado e producido por The Rapants e Iago Blanco en Drum&roll Studios durante o verán de 2022.

Mesturado por Iago Blanco.















O Avión

 Dirixido por Anxo Beiro

https://www.youtube.com/watch?v=A1SpSy8rE84
 

Fai Tempo

Dirixido por Anxo Beiro

https://www.youtube.com/watch?v=xO3q4ictk8w




Luses Led

https://www.youtube.com/watch?v=eloXNo19iE4
 

 


Cariña de raposo (2019)
grabado íntegramente na Sala Nasmo por Juan Figueiras.

Deseño da portada: Anxo Beiro (@anxobeiro)
















Non Sei Desir Que Non
https://www.youtube.com/watch?v=MGxwYbxY5yM




The Rapants(2018)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Trankimazin

https://www.youtube.com/watch?v=BIGZea66nTk
 

 


Mais Info en:

 https://linkr.bio/therapants

Contacto:

alvaro@carrilanasesteiro.com