Vertebras



Vértebras son Ika Subversiva e Amari. Chegan dende Vigo coa vontade de remover o panorama do rap galego. E fano en consonancia coas artistas, movementos e colectivos que agora mesmo están a poñer a ferver esta escena no resto de Estado.

Vértebras son meigas (porque habelas hailas) que bailan, berran e o cora axitan. Que bulen porque o tempo vai moi a présa. Elas mesmas preséntanse así en Moito Love, o primeiro tema que escriben e publican integramente en galego e o terceiro adianto do que será o seu inminente álbum de debut. Moito love aférrase nas súas poderosas e contundentes bases aos postulados do rap old school, contemporaneizado cunhas harmonías vocais que enchen o espazo sonoro rexistro dende as que Vértebras ergue un discurso crítico cunha profunda carga social.

Á prolífica, poliédrica e sempre inqueda escena do rap e do hip hop galego séntalle de marabilla a chegada dunha voz como a de Vértebras. Coas raíces ben ancoradas na esencia do xénero pero cun discurso musical, conceptual e estético desprovisto dos tópicos que tantas veces o uniformizan. E isto é tan só un primeiro paso. Como elas mesmas recoñecen aínda están «aprendendo e enfrontándonos as nosas realidade (...), explotando capacities». E aquí, ben se ve, hai moito que explotar. A mellor proba é este Moito Love, unha máis que brillante e estimulante declaracións de intencións e unha gran mostra do que nos pode agardar nas vindeiras entregas deste proxecto.


 

Moito Love

videoclip Izan @izanmg
Gravado e misturado por Frank Huxley
Instrumental por Mowmentss

https://www.youtube.com/watch?v=0pN3XpNKQg8
 




Contacto:

Galunk Producións © 2023.