Reue é unha descrición sonora das furnas que habitan na terra. Coas influencias propias da lingua que andan a pacer, sempre na afouteza dunha esperanza indócil, creamos textos para ser alicerces dunhas notas que teñen aínda moito que percorrer polos mundos da escoita. É un comezo maqueteiro sen máis pretensións, unha escolla nun mundo autotuneado que quere facerlle fronte camiñando devagar.
Somos unha andaina con bafos bravos. Berros na noite.