Autora: Celtia Figueiras
Ilustrador:Iago Araújo
O Club de Baloncesto da Carrasquiña non pasa polo seu mellor momento… Cando ían perdendo todos os partidos e as xogadoras e xogadores estaban a piques de tirar a toalla, aparece, como enviado polo destino, un novo e curioso adestrador que os converterá na auténtica Banda dos Insectos.
A través de divertidas cancións, aprenderalles valores que nunca deberán esquecer para ser un verdadeiro equipo: compañeirismo, respecto, igualdade, solidariedade, integración… E que tamén lles servirán para entender e mellorar as súas propias vidas.
1.- Pasando a Bóla
2.- Cada un ao seu
3.- Levanta a cabeza
4.- O ritmo do partido
5.- O baloncesto
6.- Un contra un
7.- Ergue os pés do chan
8.- Ven ao pavillón
9.- A túa propia canción
10.- A banda dos insectos
A BANDA DOS INSECTOS PASANDO A BOLA Proxecto deportivo - pedagóxico - musical de rock en lingua galega! COLABORA: Club Baloncesto Caselas https://www.youtube.com/watch?v=-wPabky_zZ4 |