Crise Lonxe Terceiro single do Ep que editará TAE Records. Creación, Gravación e Montaxe: Xandra Táboas - Gravidade 0.0 Interprete: Pauliña https://www.youtube.com/watch?v=KElv18o0L7g |
Francisco Castro Agora é o tempo Tema que da nome o disco que xa está nas tendas e nas plataformas dixitais https://www.youtube.com/watch?v=MsikOet7sMI |
bratzantifa precariedade emocional instrumental producido por Fantom https://www.youtube.com/watch?v=CETa9wnuSig |
Fanny & Alexander con Lara Dopazo Mentres todos os meus libros arden Unha peza construida encol dun poema da poeta marinense Lara Dopazo, incluido no seu poemario "Claus e ao alacrán" (Premio Fiz Vergara 2018), que aborda o medo á perda dos seres queridos. A videocreación foi realizada, como xa é habitual, pola propia banda e conta coa participación da propia autora, fechando así o círculo visual da participación sonora que tivo na canción en forma de spoken word. https://www.youtube.com/watch?v=h4f8sZ6fbTI |
Os Bar Ban Sónicos Hoxe o sol brilla pra min Gravado coa axuda da boa xente da AC A Trastenda. Agradecemento moi especial a Paola González que foi quen gravou as imaxes e colaborou na dirección e a Andrés Bernal pola inestimábel axuda na montaxe e edición do vídeo. https://www.youtube.com/watch?v=yWUj7VHT7F4 |
Maraxe Vida Estival NO BRILLO DOS TEUS OLLOS XA SE VE O MAR coa colaboración de @lara.villaverdee Video: @villadacrus e @lara.villaverdee https://www.youtube.com/watch?v=5Oh9gTRBsrg |
TemibleOlivina ESTERCO Prod. gravación, mestura e master Peter Petrowski Produción audiovisual: Coralia, San Domedio Pictures Dirección de arte: Silvia de Taboexa (ST) https://www.youtube.com/watch?v=dtxzdQX4xk4 |
Terbutalina Sempre Fresco Videoclip dirixido por Gero Costas Producido por Producciones Mutantes A canción foi gravada e mesturada no Estudio A Ponte (Roxos), por Tomás Ageitos Masterizado por Robin Smichtd (24-96 mastering studio) https://www.youtube.com/watch?v=mFzbFYV6VA8 |
Guadi Galego O.D.A Unha nova canción de Guadi Galego sempre é un paso adiante na súa forma de concibir a música. Empoderarse na vida a pesar das vivencias, seguir aprendendo a desaprender, entrar na aceptación dende a diferenza, madurar sen esquecer a inocencia. https://www.youtube.com/watch?v=pE1dGlxUVyc |
Zavala Mundo Sobrenatural Quinto adianto de "Pequeno manual para grandes cambios I". Gravación e edición: Carlos Castro "Kos" Selo discográfico: Ferror Records https://www.youtube.com/watch?v=-YBmXCyduiw |
Caamaño&Ameixeiras Ai de min Hai moitos tipos de loito. A morte trae o máis difícil de todos. A ausencia definitiva, o cambio de plano. O mundo deserto. Pero queda cantar. Cantarlle á pena para librarse dela. E lembrar que as fronteiras son borrosas e que os paxaros son sabios Dirección creativa: Melania Freire Dirección e fotografía: David Silva Dirección de Arte: Judith Adataberna Gravación e mestura: Hevi no Laboratorio Soyuz Selo discográfico: Raso Estudio https://www.youtube.com/watch?v=V7tag9QjQic |
Loita Amada Miudiño Sessions #17 Miudiño Sessions, é un proxecto non comercial de difusión da nosa cultura, feito dende a paixón pola música e a lingua Desta volta as cámaras d'A Regueifa Plataforma viaxaron até A Estrada para filmar a Loita Amada, o proxecto liderado por Pablo Carracedo "Jasper" (Xenreira, Nao, A Matraca Perversa...) e Nébeda Piñeiro (Cantometrics) que comezou a súa andaina a finais do pasado ano. https://www.youtube.com/watch?v=obbCF2oVof8 |
MÁIS NOVAS EN:
https://musicaengalego.blogspot.com/2023/09/novas-setembro-2023.html