A Gramola Gominola O Nadal coa avoa Fina

A Gramola Gominola
O Nadal coa avoa Fina (2024)


"Un disco que fixemos con moita ilusión, que fala das avoas, da amizade, da música, das tradicións bonitas... do realmente importante. Son 8 cancións de Nadal e mooooito R&R!!!"

O Nadal coa avoa Fina tráenos un Apalpador cun saco de castañas e de tradición, unha avoa que nos fai rir a cachón. Un Nadal para compartir, sentir, vivir, reciclar, plantar un pino e cantar a ritmo de rock&roll. Ti decides neste Nadal… ser don Adal ou ser Rap Metal. 

(Inclue código QR para descarga-las cancións)

Ilustrado por @daniipadron

editado por @edicionsembora


https://search.app?link=https%3A%2F%2Fwww.edicionsembora.es%2Fes%2Ftitulo%2Fo-nadal-coa-avoa-fina&utm_campaign=aga&utm_source=agsadl1%2Csh%2Fx%2Fgs%2Fm2%2F4




Paula Romero (voz)
Ro Muñoz (batería)
Anxelo de Xermar (baixo)
Paco Cerdeira (guitarra)

A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, en galego, pensado para as máis pequenas e pequenos da casa. Pero non é un grupo máis, non é o de sempre, é unha banda de rock!!



CONTACTO:

Anxo Sánchez 650 13 22 51