ABRIL

O dúo formado por Claudia Abril e Marina Carpente, exploraran o diálogo entre tradición e contemporaneidade cunha voz propia cada vez máis definida.

ABRIL é un proxecto no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son reinterpretadas con sonoridades actuais, mantendo o vínculo coa raíz sen renunciar á frescura do presente. A pandeireta, o pandeiro ou o violín folk conviven cunha produción coidada que constrúe un universo íntimo e recoñecible: un folk contemporáneo que é memoria, identidade e comunidade.




2caras
con Hugo Franco e Joana Gumí
2caras presenta unha temática arredor do escarnio, movéndose nun equilibrio entre o ácido e o cómico. A letra, escrita conxuntamente por ABRIL e Petra Iglesias, pon o foco nas relacións tóxicas, pero abordadas desde un punto de vista sanador e irónico. A canción convida a apartar esas dinámicas negativas e a miralas con distancia e humor.

A base melódica de 2caras parte dunha recollida feita por Guillerme Ignacio en Fornelos de Montes (Pontevedra) e contas coas colaboracións de Hugo Franco (guitarra) e Joana Gumí (banjo e voz).


https://www.youtube.com/watch?v=bBzg3yRPWu8




Nas horas avelaíñas
Dirección, montaxe, cor e fotografía Miguel Méndez (Fotomatong).
Nas horas avelaíñas parte dunha melodía recollida á informante Elena Alonso Pino (Elena de Toutón) e aprendida como Canto de Toutón no álbum As cantigas de Elena.

Este proxecto contou cun apoio para o seu desenvolvemento a través das Residencias Creativas Mariñán de música , da Deputación da Coruña.

https://www.youtube.com/watch?v=zDdLTgXOrrg


Abril
Barro

Gravado e producido por Zalo Rodríguez

As megacracks de Eva Outeiro e Ana Canabal bailaron sobre o barro ataviadas con estas traxes tan tolas coma lindas feitas a man por @marte_martinka. Capturadas polo talentoso ollo de @adataberna

https://www.youtube.com/watch?v=sVG68Rw8DmU


ABRIL
Arredor da mesa

Coa colaboración de Anaïs Barbier, María Jorge, Pedro Fariñas e Fergi Huins)

Arranxo de ABRIL sobre unha Muiñeira de Caroi (trad.), recollida e aprendida de Xisco Feijoó.

Produción: Zalo Rodríguez e ABRIL

Gravación, mestura e mástering en Estudios Mans: David Fernández Rodríguez

https://www.youtube.com/watch?v=_uWOSMKyoBA



Contacto:

prensa

Coma Comunicación Creativa

Lucía Pita · 675 404 321 · lucia@coma.gal

Christian Sellés · 639 102 742 · christian@coma.gal

Abrilfolktrio@gmail.com