Xurxo Souto Somos un pobo de artistas

 




En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si a música e a literatura. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia.E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.

O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais.

Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento.

Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura.


(Foto: Sofía de Labañou)

XURXO SOUTO (1966). Terrícolo redondo. Naceu na Coruña, cidade-barco, mais nada sabía das cousas do mar. Así que comezou a preguntar e a compartir polo medio que for tanta descuberta. No ano 1999 gravou cos Diplomáticos de Monte-Alto o CD «Capetón», nome en galego do mar de Cape Town, na fin de África.

En 2006 dirixiu o programa «Mil Ribeiras», na Radio Galega.

Escribiu «Contos do mar de Irlanda» (Xerais, 2014) e a novela «A gran travesía de Chiruca Macallás» (Xerais, 2018). Dúas décadas despois da súa aparición, recuperamos (en clave celebración) a primeira parte deste libro: «O retorno dos homes mariños» (Xerais, 1999, 2020), o relato dunha verdadeira iniciación oceánica. Porque, como dixo Staffan Mörling: «Non vivimos na fin da Terra, nós vivimos no centro do Mar». "Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024) é a súa última obra.