Carlos Faye (voces e guitarra),
Iria Iglesias (teclados),
Marcos López (guitarra),
Manuel Carballada (batería)
e Manuel Duro (baixo)
Cascallos (2025)
Cascallos non é un álbum conceptual, pero todos os temas comparten un mesmo fío argumental, tratando temas como a guerra, as migracións, o illamento e a defensa dos dereitos sociais desde unha perspectiva xeracional. O deseño do álbum, realizado por Iria Iglesias, bebe desa inspiración para darlle ao traballo unha dimensión gráfica que complementa a mensaxe da música.
O disco gravouse nos estudios da Casa do Rock en Compostela.
A produción correu a cargo de Pla Vinseiro
A mestura e o máster foron realizados por Xalo Estudios en Ourense.
Zugzwang
Zugzwang é unha palabra alemá que se utiliza no xadrez nunha posición na que che toca mover e, fagas o que fagas, vas perder a partida.
Tamén se chama así o terceiro tema do noso EP, porque é unha sensación que ás veces acontece na vida, cando parece que escollas o que escollas, levas as de perder.