Aida e Rosa eran felices cantando e bailando, e nos tamén escoitando e aprendendo o moito que nos transmitiron. O noso eterno agradecemento por este marabilloso legado. "
Este é un libro-CD autoeditado polo autor, que contén a biografía e cancioneiro das irmáns Aida e Rosa Garrido, naturais de Moscoso (Pazos de Borbén, Pontevedra). Contén perto de mil coplas de recopilación do cancioneiro de Moscoso, 70 partituras do seu extenso repertorio e inclúe un CD cos audios en mp3.
O libro está ordeado seguindo o ciclo anual de traballos e festividades que se acompañaban de cantos.

