Pava

PAVA é a banda liderada porLucía Aldao que conta con Analís Guillín na batería, David Santos no baixo e Pablo Silva na guitarra. A poeta e compositora coruñesa é a responsable das melodías e letras dos temas mais o traballo dos arranxos é un labor de equipo ao que se suma Julián Goicoa, tamén produtor da banda.

PAVA é o resultado da evolución de Pava (2021), o primeiro EP de Lucía Aldao, e de Pava 2(2022), unha segunda incursión que puxo de manifesto a necesidade dunha banda para consolidar o proxecto e ocupar un espazo baleiro no pop galego e en galego. Da boa acollida da proposta dan fe o segundo premio NARF no 2023 e mais o Premio Martín Códax na categoría de pop e indie no 2024.




pava 3 (2024)


Pava 3 é un exercicio de pop luminoso, un traballo discográfico no que a banda torna en protagonista, mais seguen a estar presentes as liñas mestras dos EPs previos: letras coidadas e melodías exquisitas atravesadas por cuestións de xénero, identidade sexual, idade e lingua. PAVA é agora máis poliédrica, unha banda onde Lucía Aldao exerce de frontwoman, e iso reflíctese tamén na súa música, máis sólida e sofisticada.

Deseño de portada: Antón López Bazarra

 

 

Melodía e letras: Lucía Aldao

Batería: Analís

Guitarra: Pablo Silva

Baixo: David Santos

Produce: Julián Goicoa

Masteriza: Álvaro Gallego

Unha cadela chamada "Por favor"

con Gloria Pavía

O preciosísimo vídeo é cousa (fina) de Martiño e Antón, e gravámolo no estudio de Ju

https://www.youtube.com/watch?v=q5zwEv5W3G4

Catastro

Gravado e mesturado por Julián Goicoa e masterizado por Álvaro Gallego.

A ilustración da imaxe é de Giovanna Lopalco.



Podedes escoitar o disco enteiro no seu bandcamp

https://pava.bandcamp.com/album/pava-3






pava 2 (2022)

Temas

1. A da misántropa riquiña

2. Ala, veña

3. Abril, cerral

4. Sensata e con coche

Produción musical, deseño e imaxe de Diego Delgado

 

A da misántropa riquiña

https://www.youtube.com/watch?v=jwSUxKqLx2k
 



Pava (2021)

PAVA é o título do primeiro proxecto musical en solitario da poeta Lucía Aldao. 
 
PAVA conta coa produción musical, imaxe e vídeo de Diego Delgado.
 
 

 
Temas:

1. A do aire musculado
2. Boneca de silveira
3. Unha que soase así
4. A letra desta canción
5. A do faro

Atoparás os cinco temas incluídos en PAVA aloxados en todas as plataformas dixitais, pero só a través de bandcamp podes acceder á súa descarga e a unha das 100 esculturas que a artista Laura Pazos elaborou en exclusiva para o proxecto.

https://luciaaldao.bandcamp.com/album/pava

A do faro

A composición da canción do Faro foi inspirada pola apertura do faro de Oza á cidadanía coruñesa en 2018.

https://www.youtube.com/watch?v=0F4dFquUsRE

 

A do aire musculado

https://www.youtube.com/watch?v=_E0AemtgB2A

Unha que soase así

https://www.youtube.com/watch?v=N7LZ8b2na5o
 

Boneca de silveira

https://www.youtube.com/watch?v=W-n3XXpuJkM

A letra desta canción

https://www.youtube.com/watch?v=jQLW90vjoxI
 


Contacto:

lucialdao@gmail.com