Unto Vello


 
Unto Vello constrúe o seu repertorio a partir das recollidas de música tradicional galega realizadas polos seus integrantes, Bieito Pereira e Xabi Gómez, ás que aplican arranxos propios con instrumentación tradicional e voz. No seu primeiro ano de traxectoria, xa pasaron por escenarios como a Foliada da Fonsagrada ou o Ponte Farruca, ademais de acadar unha nominación como finalistas nos Premios Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional.


Inmaterial (2026)

O primeiro álbum discografico do dúo recompila cantares tradicionais recollidos por todo o país coa produción de Hevi (Laboratorio Soyuz).

O álbum é o resultado dun intenso labor de investigación e reinterpretación do patrimonio inmaterial galego. En palabras dos artistas, as auténticas protagonistas do disco son "aquelas persoas que nos abriron un día a porta das súas casas e das que aprendemos todo o que está representado neste noso primeiro disco". "Isto –engaden– vai por todas vós".

No disco destacan as colaboracións dos Pandeireteiros do Fiadeiro, Saínza Piñeiro, Lina e Lola e Julia e Luz Divina.

Temas:

1. Vilarello
2. Pigarzos
3. Gargamala (cos Pandeireteiros do Fiadeiro)
4. Magán
5. Adelaida
6. Anxeriz (con Saínza Piñeiro)
7. Cerqueda
8. Illa de Ons (con Lina e Lola)
9. Corcubión-Corralín
10. Seixedos
11. Campos de Portugal
12. O Pazo (con Julia e Luz Divina)

Pigarzos
Un videoclip dirixido por Javier Ferreiro
O tema foi recollido no alto da serra do Suído, onde, nunha xuntanza espontánea, as veciñas da contorna ían sucedendo jotas e muiñeiras mentras o baile se dispuña en roda.

O dúo presentará o seu primeiro traballo discográfico, Inmaterial, o 22 de marzo na Sala Capitol, en Santiago de Compostela.

https://www.youtube.com/watch?v=y4i5cl_iFAY


Seixedos

Recollido en Seixedos a Hermosinda e Otilia

https://www.youtube.com/watch?v=Nu0szOI_rWc
 

Adelaida

"Grazas ás pandereteiras de Anxeriz por darnos o seu saber e este cantar"

 

https://www.youtube.com/watch?v=ctOa6FdXVpY
 

Corcubión-Corralín

https://www.youtube.com/watch?v=sWRLYSOgv80 

 



Contratación e comunicación:

Seispés Producións Creativas | 686 679 897 info@seispes.com