Urko son:
MARIO CÉSAR Guitara e voz. (Túzaros, Invivo, Deseqilibrio Mental)
PAT Baixo e voz. (Medomedá, Biribirlocke, Flúe)
RAFA Batería e coros. (Tungsteno, Flúe)
URKO desprega unha experiencia sonora a modo de tributo aos alicerces do metal, dende a independencia e a propia identidade.
Con textos en galego, coa inspiración da forza, a resistencia, a instrospección e o espírito transmitido polos mitos mortos, ofrecen unha narrativa poderosa e directa, coa capacidade de traspasar barreiras lingüísticas e mentais.
A través da súa música, URKO captura a esencia do metal en bruto, orgánico, underground, cun son contundente e emotivo. As súas armas son poderosos riffs e voces desgarradas, que teñen en URKO, máis que unha banda de metal, unha forza que impulsa a escena musical galega cara novos e escuros horizontes.
O disco conta coas colaboracións de Mini Rivas poñendo voz en A Semente do Caos, Jose Ledo cun só de guitarra en “Flor de Lirio” ou David Nández no órgano da fin do mundo en Conta atrás.
Gravado, mesturado e masterizado por entre maio e decembro de 2025 nos Gastrar Estudos (Boqueixón. GZ)
Producido por Diego López e URKC.
As ilustracións volven correr a cargo de Nando Vázquez, pechando un proxecto coherente, sólido e sen fisuras. URKO muta, evoluciona e reafírmase como un actor clave do metal galego actual.
Edición física COPYDIGITAL
A semente do caos
https://www.youtube.com/watch?v=rzM8MlDuPA4&list=OLAK5uy_noan9-F1o1PMQPHN_yDqyl_k6grUey_Og&index=1
O dereito dos vivos
https://www.youtube.com/watch?v=J7Lhdij7yIs&list=OLAK5uy_noan9-F1o1PMQPHN_yDqyl_k6grUey_Og&index=3
O dereito dos mortos
https://www.youtube.com/watch?v=LoqRWH72OLQ&list=OLAK5uy_noan9-F1o1PMQPHN_yDqyl_k6grUey_Og&index=7
Capitulo I: Retorno do Abisal
Temas:
Atlántida
Arrastra As Cadeas
Illado
Retorno
O URKO. O can do inferno rexorde en forma de banda de metal.
A banda compostelá acaba de publicar o seu primeiro traballo, un EP composto por 4 temas, onde despregan a potencia da banda con temas xerados polo propio mito mariño do can do inferno abrollando das augas, a forza da natureza e fronte ao impacto da contaminación, así como a ausencia dunha saúde mental ou o deber e o dereito de poder retornar.
O disco foi gravado (e producido xunto coa banda) por Diego López, entre marzo e abril de 2024 e masterizado por Iago Pico nos Estudos Pouland (Ames, Galiza).
As ilustracións que conforman o deseño foron realizadas por Nando Vázquez.
Con textos en galego, coa inspiración da forza, a resistencia, a instrospección e o espírito transmitido polos mitos mortos, URKO ofrece unha narrativa poderosa e directa, coa capacidade de traspasar barreiras lingüísticas e mentais.
ILLADO
https://www.youtube.com/watch?v=l9L3eJczvBs&list=RDl9L3eJczvBs
RETORNO
https://www.youtube.com/watch?v=A0l8V5hySPQ&list=RDA0l8V5hySPQ
Podedes escoitalo en:
https://www.discogs.com/release/31645350-Urko-Cap%C3%ADtulo-I-Retorno-do-Abisal?srsltid=AfmBOopJxoXU4lN8CCvYO7azVj-zIgjTyBEYY9JHyY0mYN85_mUqbRYl








