Laura LaMontagne é unha das voces pioneiras da electrónica en galego. Durante anos desenvolveu unha proposta que mesturaba poesía, tradición e beats, reformulando o folclore galaicoportugués desde unha perspectiva contemporánea. Ese camiño culminou co disco Algo que sinalar en 2022.
Nesta nova etapa, conta co respaldo da axencia de artistas e produtora TodoTofu.


