Xan Campos



Son: 

;Xan Campos: piano e sintetizadores

Faia Díaz: voz e pandeireta
Virxilio da Silva: baixo e guitarra
Iago Fernández: batería


Amorodios (2026)

Ao longo dos sete temas do álbum atopamos sons actuais, rock, sintetizadores, folk e experimentación.

A música de raíz e outras influencias entrelázanse, conviven e confrontan, nun reto creativo complexo que porén soa sinxelo e fermosamente ben. Nun tempo cheo de contrastes e de ruído, Amorodios reflexiona sobre as emocións contraditorias que atravesan o presente.

unha linguaxe propia que amplía o mapa sonoro do jazz actual. Amorodios enmárcase dentro dunha corrente que renova o jazz ibérico a través do diálogo coas súas músicas populares, demostrando como un xénero de raíz pode expandirse en contacto coa improvisación.

Propón un novo camiño a partir da tradición galega e a súa riqueza rítmica, melódica e expresiva, que ofrece un terreo fértil para a experimentación jazzística, xerando unha linguaxe propia que amplía o mapa sonoro do jazz actual.

Gravación e mestura: Hevi (Laboratorio Soyuz)
Máster: Cem Oral (Jammin Masters)
Fotografías: Helena Constela, Benxamín Otero,
Alexandra Côrte-Real
Artes: Guillotina Estudio
Música e letras: Xan Campos
Editado por: Simalbeira


Amorodios é o último proxecto do pianista Xan Campos e un pequeno punto de inflexión na súa carreira artística.

O disco reúne sete composicións orixinais nas que o pianista volve retorcer e difuminar os límites do jazz baixo a súa persoalísima visión, incorporando por primeira vez a voz como elemento estrutural do seu universo sonoro.

" Se cadra non é o disco que alguén imaxinaría ao pensar nun encontro entre jazz e tradición galega" , pero encaixa de pleno coa cosmovisión de Xan e a súa orixinal traxectoria.

O título xoga coa imaxe dos amorodos, froitos delicados e sensibles ao paso do tempo, como metáfora dunha época na que conviven a abundancia e a pobreza extrema, a incerteza, a beleza e a fraxilidade.

Cunha mirada próxima ao costumismo, as cancións, temas e letras orixinais de Xan, móvense nese territorio de tensión entre o mundo hiperestimulado no que vivimos e a necesidade de volver á orixe e ás formas máis profundas de escoita.



CONTACTO:
María Vence
Simalbeira Producións 🍃
622 472 189




Realismo (2020)

Xan Campos (piano).
Horacio García (contrabaixo).
Iago Fernández (batería).

Xan Campos e Iago Fernández inícianse no jazz case de xeito paralelo no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (con Abe Rábade e Paco Charlín), onde non tardan en destacar polo seu talento. Ambos colaboran en numerosos proxectos e traballos discográficos durante anos, o que forxa unha enorme complicidade entre os dous músicos.

Máis adiante, durante a súa etapa de formación no Centro Superior de Música do País Vasco (Musikene) coñecen a Horacio García, contrabaixista cunha longa experiencia en diferentes formacións e estilos, co que se completa a química e nace Xan Campos Trio.

Podedes escoitalo e mercalo en:

https://xancampos.bandcamp.com/album/realismo




ESD (2019)

Xan Campos (teclados).
Virxilio Da Silva (guitarra).
Wilfried Wilde (guitarra).
Iago Fernández (batería).

Podedes escoitalo e mercalo en: https://xancampos.bandcamp.com/album/esd


Galicia. Portobello Road [single] (2015)

Xan Campos (piano).
Martin Buhl (contrabaixo).
Iago Fernández (batería).
Friederike Merz (voz).
escoitao en:

https://xancampos.bandcamp.com/album/galicia-portobello-road-single

 

 

 






Xan Campos (piano)
Horacio Garcia (contrabaixo)
Iago Fernandez (bateria)



Ectopía (2014)

Xan Campos Trio é enerxía e jazz. Tras oito anos xuntos sobre os escenarios, e tamén fóra deles, a banda non se etiqueta nin lles preocupa que corrente jazzística é a súa. Para a revista estadounidense All About Jazz son “como a sacudida do primeiro café da mañá”, eles simplemente pensan en  experimentar e gozar da música xunto co seu público, sen medo a saírse da norma, nin rachar cos prexuízos.

A súa é unha proposta para todos os públicos, para quen adora o jazz e tamén para quen nunca o probou. Despois da boa acollida do seu anterior disco Orixe Cero, Ectropía aposta por seguir na mesma liña e profundizar no seu particular son, onde atopamos jazz, rock alternativo, música clásica, rock progresivo e electrónica. Once temas cargados de dramatismo e unha enerxía constante que se sinte dende o primeiro ao último minuto do disco.

Que é Ectropía?
A tendencia natural da enerxía a organizarse
ou unha atrevida proposta de jazz contemporáneo.


Orixe cero (2011)

 Xan Campos (piano). 

Horacio García (contrabaixo).

 Iago Fernández (batería).

O  disco de Xan Campos Trio, Orixe Cero, non ten pasado nin futuro, é o instante mesmo, un traballo realizado á marxe de
calquera idea estética preconcibida onde a única protagonista é unha innovadora visión do jazz.

As múltiples influencias do disco abarcan xéneros que van dende o rock, o pop, a electrónica á música folque, todo elo combinado
coa madurez e experiencia de tres músicos que, a pesar da súa curta idade, son un referente dentro do jazz contemporáneo do país.

Orixe Cero fai fácil o difícil. Tras unha aparencia sinxela, fresca e contundente, agóchase un traballo innovador e complexo, cargado
de estruturas rítmicas elaboradas, progresións harmónicas e melodías pegadizas. Os temas camiñan continuamente entre o esperado
e o inesperado, gardando un perfecto equilibrio entre o que o oído agarda e a sorpresa, cun resultado, sen dúbida, completo e im-
prescindible.

O disco convértese tamén nun pequeno tributo ao avó de Campos, o batería Juan Rial “Palleiro”, un dos primeiros músicos de
jazz de Galicia nos anos 50 e autor do último tema, o valse “Dulce Pepita”, que é recuperado para o peche desta Orixe Cero.

Máis info:


http://xancampos.bandcamp.com/album/orixe-cero
http://www.xancampos.com/
http://www.facebook.com/xancampostrio