As Pias


As Pias son:

Carlos A. Quirós: buzuki.
Bernardo M. Bar: pito pastoril galego, gaita galega e percusión tradicional galega.
Nélida Santiago: violino e voces.
Elisa Sardiña: violino e voces.
César Santalla: guitarra.


"Interpretamos pezas tradicionais galegas arranxadas por nós mesm@s; de cancioneiros, de composición propia e de autores/as amig@s. Tocadas con instrumentos tradicionais de conda mas tamén de vento como a requinta, o pito e a gaita galegas. Temos tamén pezas cantadas tradicionais do repertorio galego e portugués. A metade do noso repertorio é cantado O noso motivo fundamental é reivindicar a corda na música tradicional e desfrutar da música galega e en galego, tentando dignificala e situala na posición que lle corresponde como representante do noso pobo.

Da guitarra galega e os cordófonos en xeral son abondosas as referencias na historia do seu uso (retablos, esculturas, gravados, cantigas, etc). O seu uso popular segue a ser xeralizado no noso Païs salvo na música tradicional. Os nosos irmáns portugueses e irlandeses usan os instrumen-tos de corda na súa música tradicional e nós dende aquí reivindicamos o seu uso.

O pito pastoril galego foi un instrumento descoñecido na nosa música tradicional fronte a frautas foráneas. Nós dende aquí aportamos tamén o noso gran de area para a súa recuperación."



Hei de ir á túa seitura
Dirixido por Carlos Quirós.

Gravado no casino da SAP do Seixo por Cuerdafloja Producciones.

Hei de ir á túa seitura é unha composición de As Pías, partindo da Danza de Capi de Alfonso Cheda e Carlos Pía, e un canto de seitura tradicional.

Gravada nos estudos A Ponte por Tomas Axeitos.

Bailadores: Silvia Picos e Uxío Leira

https://www.youtube.com/watch?v=P43XVqyfPTA



CONTACTO:

aspias.tradicorda@gmail.com