Michu da Rocha


Michui da Rocha son:

Voz: Michu Malvar
Guitarras: Javier Álvarez
Baixo: Luisma Taboada
Batería: Juan Pacheco
O proxecto musical «Michu da Rocha» xorde a finais do verán de 2021 pola motivación persoal do músico vigués Michu Malvar de amosar a súa intensa actividade como creador das súas propias composicións.

A súa música ten un marcado carácter daquel rock n’ roll dos anos 60 con toques de surf, funk e podendo chegar as veces a ser tan sucia como o garage. Destaca cunha forma particular de misturar o son «vintage» co son moderno, sen artificios onde predomina a naturalidade dos instrumentos, a garra da súa voz tan persoal e unhas rítmicas moi ligadas ao baile.

Na actualidade conta con temáticas nas que se mistura o humor, o surrealismo e letras irreverentes que frecuentan a idiosincrasia galega. Con retrousos nos que poden facer os coros ata os máis apoucados.




Tempos de entroidar (2025)

Un disco que captura á perfección o espírito do Entroido: desenfreo, ironía e unha ollada afiada á sociedade. Ao longo de 11 cancións, o álbum navega con destreza entre o rock, o blues, a música disco o funk e o pop, reflectindo a versatilidade de Michu como compositor e intérprete.

Dende o primeiro acorde, Tempos de Entroidar séntese como unha viaxe chea de sorpresas. A diversidade de estilos non é un simple alarde técnico, senón unha ferramenta coa que o artista modela a súa mensaxe: cada canción é unha máscara distinta, unha nova maneira de contar a realidade con humor, retranca e unha crítica social tan punzante como necesaria.

O rock enérxico con toques disco de “Merdeiros” convive coa sensualidade do funk/rock en “Desfacer”, ofrecendo contrastes que enriquecen a experiencia auditiva. Pero Michu da Rocha non se limita a entreter; as súas letras están cargadas de reflexións mordaces sobre a política, a identidade e o absurdo cotián, sempre con ese ton irreverente que entronca coa tradición satírica galega.

Merdeiros
Videoclipe: Juancho Everman
Gravación e mistura: Eskusalla Sonora
Productor musical: Andoni Arcos

https://www.youtube.com/watch?v=nRxwMmiQetM

Desfacer
Videoclip realizado por Juancho Everman.

Gravación e mistura: Eskusalla Sonora
Master: Euridia

https://www.youtube.com/watch?v=5CeXZ8dWgpw



Contacto:

Prensa - carles@galunk.com

Booking - lora@galunk.com