Lideira



Lideira irrompe no panorama da música tradicional galega como un sopro de aire fresco.

Este cuarteto formado por Gabi Reboredo na voz e nas percusións, Lois Prado ao saxo tenor e sintetizador, Iago Ramilo ao saxo alto e Sara Méndez ao saxo soprano, ameniza os torreiros con pezas bailables e melodías pegadizas.

O seu é interpretar as músicas da tradición oral cun son persoal a través da mestura de instrumentos de vento, percusións de man, voz e outras fantasías.


LIDEIRA é o seu primeiro traballo, un disco homónimo de 7 temas; 7 melodías populares con arranxos propios. Unha ronda, unha jota, un maneo, un valse, tres muiñeiras, e unha maneira compartida de sentir a música popular.

Melodías vellas que seguen valendo, novas e antigas cantigas torcidas nun mesmo fío e arranxos que abrigan mantendo a chama da tradição oral acesa.

Os sete temas xa disponibles nas plataformas dixitais e no YouTube.

 
 
 
 



CONTACTO:


somoslideira@gmail.com