CONCURSO ZENZAR VAISE ARMAR

O ganhador do concurso para asistir de balde a ver os zenzar foi
Susinho Mosquera Fontes
Noraboa e grazas a todos e todas por participar.
Ainda que non resultasedes gañadores acudide hoxe ao feston da presentacion dun novo disco da nosa musica.
 concerto presentacion 
VAISE ARMAR
o 5 de maio na Sala  Josfer


Se non podedes mirade a axenda de concertos seguro que tendes algun preto da casa.

gala de entrega dos premios Mestre Mateo 2011, que terá lugar o sábado 28 de abril de 2012 no auditorio Gaviota de Palexco, na Coruña.


Os premios Mestre Mateo naceron no 2003, do xérmolo dos galardóns cos que o
audiovisual galego viña recoñecendo o talento dos creadores do sector dende 1996,
primeiro da man da Asociación Galega de Productoras Independentes (Agapi) e
despois tamén coa asociación de produtoras Aega.
Organízaos, dende o seu nacemento, a Academia Galega do Audiovisual, unha
entidade na que participan en pé de igualdade os profesionais dos distintos gremios
que conforman o audiovisual.
O proceso de selección dos gañadores é un proceso democrático, no que todos
os membros da Academia escollen en dúas votacións libres e segredas os mellores
traballos do ano anterior. Na primeira, seleccionan os finalistas de entre todos os
traballos presentados. Na segunda, elixen os gañadores de entre os catro traballos
que acadaran maior respaldo en cada unha das categorías. Finalmente, un notario
encárgase da facer o reconto das votacións dos académicos. Ninguén sabe o nome
dos gañadores ata o mesmo momento en que se abre o sobre na gala.
Os premios Mestre Mateo son un instrumento de promoción, de balance sobre as
producións realizadas durante o ano, pero tamén de celebración e reivindicación de
que a sociedade galega posúe un sector audiovisual activo. Os PMM son, pois,
unha singular oportunidade para festexar a nosa creatividade, a capacidade de
seguir traballando e producindo desde Galicia.
A gala de entrega dos premios Mestre Mateo 2011 terá lugar o sábado 28 de abril
do 2012 no auditorio Gaviota de Palexco, na Coruña baixo a dirección do director
e guionista Ángel de la Cruz.
O espectáculo repasará cunha ollada ácida e autocrítica as crises máis
importantes dos últimos séculos. Desde a Revolución Industrial do século XIX ata
a presente, tendo claro que toda crise pasada foi sempre peor. E, aínda así, a
sociedade sobreviviu e incluso saiu victoriosa de todas elas. Polo tanto, hai que
mirar cara ao futuro con optimismo e recordar que no talento nunca hai crise e que
en Galicia hai moito talento.
A mestra de cerimonias dos #PMM11 será a actriz María Castro, quen cantará,
bailará e invitaranos á reflexión co humor dos seus monólogos. O talento desta
popular actriz é sobradamente coñecido polo público tanto dentro como fóra de
Galicia. Gañadora dun Premio Ondas polo seu papel protagonista en Sin tetas no
hay paraíso, María Castro participa agora na serie Tierra de Lobos, tamén en
Telecinco, pero no corazón dos galegos e galegas sempre estará unida á inolvidable
Paula de Pratos Combinados. Entre os seus traballos cinematográficos destacan os
filmes galegos Días azuis e Os mortos van á présa, pola que estivo nominada aos
Premios Goya como mellor actriz revelación e aos Mestre Mateo dentro da categoría
de mellor interpretación feminina de reparto.
Oliver Twist, Pennies from heaven, Se eu fora rico, o “Acuarius” do musical Hair... As
actuacións musicais, o humor e a autocrítica serán as claves dunha gala que
durará unhas dúas horas e na que tamén haberá, como non pode ser doutro xeito,
moito glamour. Entre as caras coñecidas que poderemos ver sobre o escenario
atópanse Luis Tosar, María Mera, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Beatriz Manjón,
Xesús Peleteiro, Gonzo, Isabel sabel Risco, Javier Gutiérrez, Mónica Caamaño,
Pedro Alonso, Isabel Blanco e moitos outros.
Os #PMM11 contan co patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de
Galicia, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da TVG. Colaboran,
ademáis, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o ICAA, a SGAE –
Fundación Autor, a Fundación AISGE, Gadis, Palexco, Begano, Superbock,
Trevisani, a CDRO Queixo San Simón da Costa, a DO Queixo Arzúa Ulloa, IXP Pan
de Cea, o Coro Cantabile, a Escola de Imaxe e Son da Coruña, Saturna, Caramelo,
Oki Coki, Roberto Verino, Píxel Films, o Centro Coreográfico Galego e alumnos da
Escola de Danza Druída.

O PREMIO DE HONRA


A Academia Galega do Audiovisual entregará o premio de honra Fernando Rey 2011
a Dolores Ben Pena, da que cómpre salientar unha decidida aposta polo
audiovisual do país, que ven demostrando nos últimos 20 anos de traballo a prol do
sector.
A pesar de ter estudiado arquitectura en Madrid, esta empresaria galega comezou a
súa vida profesional sendo técnica de son na discográfica Hispavox, para despois
fundar en Vigo a compañía de Son e Dobraxe Sodinor, empresa de referencia na
dobraxe cinematográfica, e máis recentemente, en Compostela, Cinemar Films,
único estudio de postproducción de son en Galicia e dos poucos de España
homologado por Dolby. Cinemar realizou mesturas de longometraxes como Celda
211, Agallas, A metade da Vida, The way, Secuestrados, A tropa de trapo, 18
Comidas, Tralasluces, Lobos de Arga ou Arrugas.
Dolores Ben compaxina a súa labor empresarial coas presidencias da Asociación
Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e da Asociación de Empresas de
Dobraxe de Galicia (AITEGA), coas que amosa a súa preocupación por contribuir ao
fortalecemento do sector. Tamén forma parte da xunta directiva da Federación de
Asociaciones de Productores Audiovisuales Españoles (FAPAE) e do comité de
selección de proxectos de películas para televisión e series de animación do ICAA.
Participou no Congreso dos Diputados da tramitación da Ley del Cine 55/2007.



FINALISTAS. A QUINIELA
Os finalistas dos Premios Mestre Mateo 2011 demostran o potencial do audiovisual
galego e o esforzo que sigue facendo o sector por presentar producións propias e de
calidade.

Obra publicitaria
Colección de cortiniñas (TVG-Abano
Producións S.L.)
Escuadrón Maloserá. 2º Episodio (Congo
Producciones S.A.)
Spot "Unha Terra Chamada Calidade" (Lúa
Films)
Esaxeradamente boa (Mondotropo)

Interpretación feminina de reparto
Camila Bossa (Matalobos)
Marta Larralde (Outro Máis)
Fina Calleja (Padre Casares)
Mela Casal (Sinbad)

Interpretación masculina de reparto
Víctor Fábregas (Era Visto!)
Antonio Mourelos (Matalobos)
Ricardo de Barreiro (Matalobos)
Xabier Deive (Matalobos)

Curta de animación
3 Kg (Ilusion Media)
A banda (The Band) (José Luís González
González Barceló)
El club del bromista (Luís Usón e Usón Studio)

Curta de ficción
La increíble historia de Macareno y la puta
milagrosa (La Tuerka Films)
Adivina quien viene a comer mañana (Pixel
Films, Prosopopeya, Producciones e Nephilim
Producciones)
As damas negras (Sonia Méndez e Oroboro
Films)
Estereoscopía (Xacio Rodríguez Baño)

Obra experimental
24 (Filmika Galaika S.L)
Ophiusa (Filmika Galaika S.L)
De amor e cantería (Píxel Films e Fundación
Manuel María)
O olláparo (Sonia e Miriam Albert Sobrino)

Maquillaxe e perruquería
Cristina Couto (Eduardo Barreiros, O Henry
Ford Galego)
Mara Collazo, Chicha Blanco (Emilia
Pardo Bazán, A Condesa Rebelde)
Cristina Couto, Óscar Aramburu (Matalobos)
Raquel Fidalgo (Secuestrados)

Deseño de vestiario
Eva Camino (Doentes)
María Fandiño (Eduardo Barreiros, O Henry
Ford Galego)
María Gil (Emilia Pardo Bazán, A Condesa
Rebelde)
Saturna (Matalobos)
Dirección artística
Paco Roca (Arrugas)
Alexandra Fernández (Doentes)
Antonio Pereira (Eduardo Barreiros, O Henry
Ford Galego)
Curru Garabal (Sinbad)

Montaxe
Gemma Gassó (Arrugas)
Sandra Sánchez (Doentes)
Marisol Torreiro, Pablo Paz, Pablo Muñoz
(Matalobos)
Sandra Sánchez E Nahum C. Fiuza (Tralas
Luces)

Dirección de produción
Manuel Cristóbal, Helena Fortuny (Arrugas)
Enrique Batet (Doentes)
Carlos Amoedo (Eduardo Barreiros, O Henry
Ford Galego)
Paula Fernández (Matalobos)
Dirección de fotografía
Suso Bello- A.E.C. (Doentes)
X. Manuel Neira (Matalobos)
Alfonso Parra-A.E.C. (Reliquias)
Sandra Sánchez (Tralas Luces)

Mellor documental
Galicia Caníbal (Filmanova S.L. para Televisión
Española)
As silenciadas (Mr Misto Films S.L)
Estrela na Alba, O pensamento político de
Castelao (Píxel Films)
Apash, os de fóra (Tintimán e TVG)

Programa de televisión
Cos pés na terra (Producións A Fonsagrada e
TVG)
Galegos no mundo (Protocabo e TVG)
Reporteiros (TVG)
Zigzag Diario (TVG)
#PMM11 – Crise, que crise? 4
Obra interactiva
Titanio y Plutonio en el país del ciclograma
(Viewpoint Edition Hipotálamo Films)
Area fai seis (Instituto Galego De Consumo
(Igc), Editorial Galaxia, Ánxeles Abelleira e
Moonbite)

Son
Diego S. Staub, Carlos García, Miguel Barbosa
(Arrugas)
Carlos Mouriño (Doentes)
Alfonso Couceiro, Santi Jul, Iván Laxe
(Matalobos)
Claudio Canedo, Miguel Barbosa, Diego S.
Staub (Tralas Luces)

Música orixinal
Nani García (Arrugas)
Bieito Romero (Doentes)
Manu Conde (Outro Máis)
Sergio Moure (Secuestrados)

Longa documental
Brasil Somos Nós (Keltia Producións S.L. e
Bossa Nova Films)
Lois Pereiro, Seguindo os surcos (Mr Misto)
Mph Mann (Senunpeso Producións
Audiovisuais, Hermanos Karapatrov e
Acrobacias Audiovisuais)
Tralas Luces (Tic Tac Producciones en
coprodución con Lagarto Cine, Ukbar Filmes e
TVG)

Interpretación masculina protagonista
Antonio Durán "Morris" (Doentes)
Xosé Manuel Olveira "Pico" (Doentes)
Federico Pérez (Era Visto!)
Luis Iglesia B. (Matalobos)

Interpretación feminina protagonista
María Vázquez (Doentes)
Susana Dans (Emilia Pardo Bazán, A
Condesa Rebelde)
Luisa Merelas (Matalobos)
María Bouzas (Reliquias)
Comunicador de televisión
Marta Doviro (A mochila do viaxeiro)
Roberto Vilar (Land Rober)
Marcos Pereiro (Un soño de Nadal)
Xosé A. Touriñán (Un soño de Nadal)

Guión
Ángel De La Cruz, Ignacio Ferreras, Paco
Roca, Rosanna Cechinni (Arrugas)
Roberto G. Méndez, Gustavo Balza (Doentes)
Alberto Guntín, Daniel D. García, Benigno
López (Matalobos)
Sandra Sánchez (Tralas Luces)
Realización
Carlos Ares, Xosé Castro, Andrés Mahía (Era
Visto!)
Mónica Ares (Galegos no mundo)
Marta Piñeiro, Judas Diz (Matalobos)
Xaime Fandiño (Un soño de Nadal)

Dirección
Ignacio Ferreras (Arrugas)
Gustavo Balza (Doentes)
Simón Casal De Miguel (Eduardo Barreiros, O
Henry Ford Galego)
Sandra Sánchez (Tralas Luces)

Película tv
A pesar de todo, quérote (Adivina Producións
en coprodución con TVG)
Reliquias (Bren Entertainment e TVG)
Eduardo Barreiros, O Henry Ford Galego
(Continental Producciones, Salero Films e
TVG)
Emilia Pardo Bazán, A Condesa Rebelde (Zenit
Televisión e TVG)

Longametraxe de animación
Arrugas (Perro Verde Films S.L., Cromosoma
S.A. Elephant In The Black Box e TVG)
Copito de nieve (Producións A Fonsagrada,
Castelao Pictures, Muf Animation e Utopia
Global)

Serie de televisión
Angélica y Roberta (Oroboro Films,
Sonia&Sandra e La Panificadora)
Era Visto! (Producións Zopilote para TVG)
Matalobos (Voz Audiovisual S.A.U. e TVG)
Padre Casares (Voz Audiovisual S.A.U. e TVG)

Longametraxe de ficción
Doentes (Filmanova Invest S.A.U., Zircozine,
TVG e R)
Sinbad (TVG e Ficción Producciones)
Secuestrados (Vaca Films, Blur Producciones,
Attic Films, La Fabrique 2 e TVG)
A casa da luz (Vimbio Filmes E TVG)

Equipo de comunicación PMM11
Lorena Seijo / Esmeralda L. Castro
academiagalegadoaudiovisual@gmail.com
616 054 138 / 696 185 187
#

GAÑADORES DO CANTALINGUA 2012

Despois do exito de participación xa temos a Resolución do Xurado:

Os grupos gañadores do canlingua 2012.

O xurado estivo composto por alumnado do IES de Arzúa e do CPI de Pontecesures, a quen lle queremos agradecer expresamente a súa colaboración e interese, tendo en conta as dificuldades que supón formar parte dun xurado nun concurso destas características.


 
Primeiro clasificado
Xenderal aka Gendebeat coa canción tíralle da lingua



Segundo clasificado
Chupadeskay coa canción Chundadance



Terceiro clasificado
Roger de Flor e os Silvestres coa canción Non penso volver ver a TV






A Organización agradece a  participación e a difusión dada as cancións  da música galega en galego entre a mocidade.
En breve poremos en marcha o Cantalingua 2013!

Grazas a todas e todos!
TODA A INFO EN : http://www.cantalingua.org/



XUÑO 16 FESTIVAL ARRECHEGHATE AO FENTO



O 16 DE xuño no Parque Forestal de Bembrive Vigo

Pola mañán "sesión vermouth" con pulpeira do Carballiño amenizada por Cé Orquestra Pantasma

Grupos pola noite:
-BONGO BOTRAKO
 
-DAKIDARRÍA
 
-O SONORO MAXÍN
 
- LA BANDA DE ANDRELO

MERCAR

Para mercar un disco da nosa tenda on line debes remitir unha mensaxe a musicaengalego@gmail.com para que che indiquemos o noso número de conta bancaria.

TERRA DA FRATERNIDADE

o VINDEIRO 10 DE MAIO NO AUDITORIO DE GALIZA
Galiza a Zeca Afonso
coa participacion de
Quico Cadaval
Banda Utopía
García e Leo
Ugía e Fred Martins
Guadi Xabier e Guille Fernández
Tiago Gomes
Ico e Xurxo Souto
João Afonso
Carlos Blanco
Ses e Bocixa
Ze Rui Martins
Trópico de Grelos
Aline Frazao
Fran Pérez
Uxia e Sergio Tannus
Vituco
Adrián Beiroa
Najla Shami
Brais Morán
Chévere
Banda Fura Fura
Os Sete magníficos máis Un

E moitas sorpresas máis…

PANCHO ALVAREZ


Pancho Álvarez é un dos nomes máis destacados da música galega, desenvolve o seu particular perfil como músico utilizando instrumentos de corda: violín, viola, viola da gamba, zanfona, mandolina, bouzouki, guitarras eléctrica e acústica, guitarra tenor, ûd, cuatro venezolano e baixo. Ademais toca a concertina, o acordeón e a percusión, é compositor, arranxador, gran coñecedor do folclore e tradición da música galega, foi membro de Matto Congrio, Na Lúa, é músico estable da banda de Carlos Núñez coa que xira de cotío por todo o mundo.





CELTIS AUSTRALIS (2017)

O título garda básicamente dous significados: por un lado pretende ubicar a Galicia como o sitio dos celtas do sur, en contraposición aos considerados típicos paises celtas do norte como Irlanda ou Escocia, e por outro é o nome botánico do árbore “Lodoeiro” (almez ou lodón ou flor de loto para os romanos).

Pancho Álvarez preséntanos un disco optimista, aberto e creativo no que se recollen ecos da nosa viaxeira historia musical e onde se encara modernidade e tradición coa mesma naturalidade.

Pancho conta de novo coa colaboración de Suso de Toro nos textos, ademáis de Manuel Forcadela e Magín Blanco. Tamén con músicos como Antón Seoane, Pablo Novoa, os irmáns Félix e Cástor Castro Vicente, Xurxo Núñez, Carlos Beceiro, Gutier Álvarez, David Migoya, Álvaro Vieito, Miguel Argibay, Álvaro Iglesias, Juan Álvarez, Maruxa Álvarez Solleiro e a voz de María Solleiro.

CELTIS AUSTRALIS preséntase nunha edición digipack moi coidada, cun deseño de Luis Umbría.


OUTRA MAÑÁ
https://www.youtube.com/watch?v=c0WskKiNqjU


 Temas:

1. Nas Túas Mans A Miña Casa      
2. Aires de Aquí E De Acolá      
3. Mestre Florencio      
4. Canto De Berce      
5. Rumbas Do Sar       
6. Illas Do Norte      
7. Medulio      
8. Unha Tregua      
9. Baixo O Lodoeiro      
10. Danzas Do Sur      
11. Dos Gregos Aprendín      
12. Pasodoble De San Roque      
13. Aires De Guimaraes      
14. A Miña Viola      
15. O Cando      
16. Outra Mañá      
17. The Burren

DISCOGRAFIA PREVIA:




SONCHE ATALNTICO 2012
Pancho Álvarez presenta “Sonche Atlántico” o seu cuarto álbum en solitario, un traballo que mostra a evolución vital do artista na busca de novos camiños creativos e a mestura dos sons acústicos da música tradicional con guitarras eléctricas, arranxos experimentais e textos contemporáneos do recoñecido escritor galego Suso de Toro ou do artista multimedia Antón Reixa. O álbum conten doce novas gravacións inspiradas no grandioso e inmenso Océano Atlántico, cun pé na música galega e outro pegando nas terras que comparten este océano cheo de sons procedentes do norte e do sur americanos, das costas africanas, das portuguesas, das de Irlanda e da Bretaña francesa, etcétera. “Sonche Atlántico” contén cancións de autor e cancións con melodías tradicionais coas que Pancho ten unha especial relación emocional, un vinculo creado a través das experiencias nas súas viaxes, da xente que vive a carón do mar, co mito do fin do mundo ou coa forza da natureza e da paisaxe atlántica. Hai tamén cancións cheas de humor e de vivencias cotiás dos pobos e aldeas galegas, seguindo a liña da tradición oral da que Pancho é admirador e coñecedor. Gravado o mesturado por Pancho Álvarez nun logo proceso creativo, o álbum e froito do traballo intenso na busca dun son propio que mostra a forte personalidade musical de este artista galego. Escoitamos con pracer estas grandes e sinxelas cancións de autor.


A borna


Solidos galicianos 2009
 Nas cordas 2001
 Florencio, o cego dos Vilares 1998












Contacto:

panchoalvarezmail@gmail.com












musica en galego pancho alvarez
musicaengalego

MORNE

Para escoitar MORNE preme eiqui


Fomos sempre catro amigos que xa levábamos algún tempo xuntos, pero sen tocar.
Atraidos pola mesma música pero con diverxencias claras que nos diferenciaban nese aspecto imos barallando a posibilidade de poñernos a ensaiar.. Así comeza a historia de Morne, daquela sen nome,en novembro do 2007. Pasan os dias e van saíndo cousas pouco a pouco, comezando con versións ata que as composicións propias van collendo forma. Un comezo difícil, coma todos, embarrado, lento e perezoso.Chegou un día que nos dixeron de "boas maneiras" se podiamos abandoar o local de ensaio, no cal xa levábamos dende que nacemos. Unha mágoa. Estiveron os instrumentos separados uns case dous meses ata que se voltan a xuntar nun novo local en A Latiza (Rodeiro) (Graciñas de verdade a Kambotes Kaso a parte e á xente da zona); mergullándonos de novo neste proxecto. Seguimos sendo catro, máis precisamos dun ou dunha vocalista. Sen ser moi longa a búsqueda damos con un rapaz do pobo que nun principio surrealista se mostra moi entusiasmado coa idea, pero cando baixou á realidade tan só levaba catro ensaios e non voltamos a saber nada del. Comeza unha búsqueda urxente de vocalista, pero o resultado é inutil.

Entón comezamos a preparar o que será a nosa primeira maqueta. Composta por 6 temas. Amañamos como podemos un vello ordenador, conseguimos unha tarxeta e uns micros ( Gracias Tomás) e comeza o traballo con nós mesmos de técnicos de son e co noso local como estudio de grabación. Ata que nun par de meses temos a maquetiña grabada. Neste intre e como caido do ceo, surxeu a posibilidade da incorporación de Manu (Kaso Aparte) á voz. Este aceptou gustosamente e comeza a andadura cos catro que eramos nun principio, poñéndose á ensaiar coa banda para cortexar a súa parte e dar remate á maqueta. Pero na evolución de un grupo a xente vai e ven asique o fin atopamos con un tío como o actual cantante "Dani Morotxo" que hoxe sege con nos e esperemos que por moito tempo.

contacto: mornemetal@hotmail.com


musicaengalego morne
musica en galego morne

Ruxe-Ruxe Mais cancións sobre toxos, cardos e silveiras

MÁIS CANCIÓNS SOBRE TOXOS, CARDOS E SILVEIRAS SON DEXASETE IDEAS FERIDAS, ESPETADAS E DESESPERADAS. sON DEZASETE PORFÍAS. DEZASETE OUVEOS ADOECIDOS E CUSPIDOS A LUME E FRIO. "MÁIS CANCIÓNS SOBRE TOXOS, CARDOS E SILVEIRAS" SON DEZASETE ALENTOS DE ANIMAS PERDIDOS NUNHA NOITE DE LUA CHEA, LÓSTREGOS E DESAMPARO... SOMOS TI E MÁIS EU... NAMORADOS, FUXIDOS, ESPIDOS... E MÁIS QUENTES CA NUNCA AO ABEIRO DA INTEMPERIE.

"MÁIS CANCIÓNS SOBRE TOXOS, CARDOS E SILVEIRAS" é a oitava achega discográfica dun dos grupos máis senlleiros da música rock galega: RUXE-RUXE.


"MÁIS CANCIÓNS SOBRE TOXOS, CARDOS E SILVEIRAS" é unha escolma de cancións con maiúsculas, un disco gravado en Oceano Estudio polo pretixioso productor Javier Abreu (Os Resentidos, Los Piratas, Boikot, etc.) e que conta cunhas colaboracións de auténtico luxo: (Xavier Diaz (Berroguetto), Dios Ke Te Crew, Roi Maceda(Quempallou), Bocixa (Zenzar) e Esteban(SKacha), o que fai deste traballo discografico un disco imprescindible para os seguidores do rock feito na Galiza.
Coa súa persoal proposta musical, baseada nunha contaxiosa fusión do Rock, Punk, Rock´n´roll, musica tradicional, folk ou ska, levan os RUXE-RUXE dende o ano 1996 a levar a súa musica por toda a xeografia galega e alén das nosas fronteiras grazas ao seu enérxico e potente directo.
Ruxe-Ruxe é un grupo de culto que se mantén fiel a si mesmo marcando o seu camiño e o seu destino. Despois de máis de 16 anos, RUXE_RUXE é sen dúbidas unha das bandas mías emerxentes e con maior proxeccion da actual escena rock galega, Cultura, compromiso coa terra e coa lingua, traballo, actitude e honestidade son as súas armas. Podedes mercar o disco eiqui




musicaengalego ruxe-ruxe mais cancións sobre toxos,cardos e silveiras
musica en galego ruxe-ruxe MÁIS CANCIÓNS SOBRE TOXOS, CARDOS E SILVEIRAS

MEIGHA

Para escoitar MEIGHA preme eiqui
PATTY : voz
JOSSE : guitarra ritmica
MYR: guitarra solista
PAKO : bateria
TONY : baixo
Meigha e un grupo establecido en Vilagarcia de Arousa (Pontevedra)


As nosas influencias veñen do Heavy e trash Metal, sobretodo dos oitenta, pero actualizando o noso son aos novos tempos.
Maiormente, compoñemos as letras en galego, ainda que como este non e un grupo nin politico nin religioso, eventualmente tamen facemos temas en castelan e versions en ingles (vamos, que vainos todo jajaj).
Nas nosas letras, intentamos contar lendas, historias e mesmo feitos reais acontecidos ao longo da historia en Galicia, documentandonos da millor maneira posible sobre os feitos a tratar. Esperamos que vos mole a todos tanto como a nos e nada mais, vemonos nos concertos ... Heavy Metal!!!!

Actualmente, estan a presentar o  novo traballo, Segredos e Lendas
(2012),








CONTACTO:
MEIGHA
PARADELA DE ABAIXO, 23
36619 CORNAZO (VILAGARCIA DE AROUSA)
PONTEVEDRA
TEL CONTACTO 639 64 43 87 (Josse) 687 42 93 49 (Patty)
FACEBOOK E TUENTI: MEIGHA GRUPO



musica en galego meigha
musicaengalego meigha

THE BROSAS

Para escoitar THE BROSAS preme eiqui
Bernardo (guitarra e voz),  
Lorenzo (baixo),  
Rubén (guitarra) e  
Gara (batería).

Burela espétase no Cantábrico coma unha machada nunha torada ou, como lle din na Mariña, coma unha brosa. Os burelenses levan xeracións baténdose indiscriminadamente co mar, e semella que esta liorta de namorados non se decidirá tampouco nos vindeiros séculos.
Tanta bravura herdada tiña que cristalizar dun xeito ou outro, e no caso que hoxe nos ocupa isto aconteceu en 2009, cando catro rapaces decidiron artellar un comando sonoro de demolición ao que baulizaron como The Brosas,


Non hai moito veñen de presentar o seu primeiro e homónimo traballo, gravado nos estudios Bonham da Coruña; unha arroutada guitarreira en sete capítulos que homenaxea con argumentos propios a voz güisqueira de Lemmy Kilmister e malfadados riffs daqueles AC/DC dos 70.

Nunha mestura alquímica de velocidade bocalán e carraxe vital, o vento destila polos cabos das guitarras até os amplis, onde muta nunha enorme man que te agarra e non te ceiba até facer de ti un monicreque. A fórmula non é nova, mais hoxe non imos definila cunha manchea de manidos epítetos (que se punk, que se metal, que se hard-rock, que se pílulas ). O resultado está aí para escoitar; iso si, se non adoitas porte repugnante coas vellas estructuras do rock de hai dúas ou tres décadas. Aquí só atoparás forza , sinceridade e respecto polos antergos, as tres cousas precisas para sair a loitar co mar.

 Contacto:
Teléfono de contacto: Rubén 625443360
Mail: thebrosas@gmail.com




musicaengalego the brosas
musica en galego the brosas



VELLAS NOVAS NOVO DISCO DE QUEMPALLOU

Coa publicación do seu cuarto traballo discográfico, Quempallou, unha das bandas máis representativas do Folk galego volve a ser noticia. E nunca mellor dito, xa que o seu novo disco “Vellas Novas” toma forma dende unha estética periodística, na que con moita retranca e boas doses de humor, se desenvolven os seus doce novos temas.

“Vellas Novas” é un traballo cargado de matices sonoros e variadas influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

Podedes descargar dous temas de balde e mercar o disco  eiqui 






musicaengalego quempallou
musica en galego quempallou

ROJO DOS

Para escoitar ROJO DOS preme eiqui
ou eiqui

Alber CostasO tenente Dann, 
XandreToper, 
Davidian+++##%**++. 
DieguinhoResse2 e  
Saúl PugaO neno das canelas estragadas,  

desenfundan para dar todo o que levan dentro.



DISCOGRAFIA:



Insert Coia... Unha nova batalla comenzou...

Rojo dos volta a carga co seu novo traballo. Chegan con aires renovados, nova formación, novas miras musicais, novos temas…” Insert Coia” o seu segundo álbum, un E.P. con seis cortes, editado exclusivamente en vinilo 10”. Totalmente autoproducido, autoeditado, autofinanciado e baixo a licencia Creative Commons.

Rojo Dos “ INSERT COIA”, A NOVA SAGA

Rexurden dende as profundidades máis recónditas de Coia para presentar o seu novo E.P.INSERT COIA, o primeiro dunha triloxía xa histórica, tras una loita a fachuco co reverso tenebroso da forza. Despois de anos percorrendo galaxias e aprendendo dos mellores, esta banda de Hardcore retorna o seu barrio para librar a que sen dúbida será a meirande batalla xamais recordada.

Son Wedge Antilles. Sobrevivín a Batalla de Yavin. Sobrevivín a batalla de Hoth… Fai tan solo un par de semanas fixen estoupar a Estrela da Morte durante a Batalla de Endor. ¿Cal é a razón de que ainda respire cando moitos outros excelentes pilotos non o fagan? Pode ser porque sexa mellor. Ou simplemente porque son afortunado.

Culpaveis nos mesmos 2010







CONTACTO CONTRATACIÓN:

Facebook.com/rojodos
+34 666 990 512
+34 617515980




musicaengalego rojo dos
musica en galego rojo dos

TODO PREPARADO PARA O NOVO DISCO DE ZENZAR

En maio, sae a luz o seu último disco “Vaise Armar”. O conceto de presentación terá lugar o próximo 5 de Maio na Sala Josfer en Mesón do Bento – Ordes. Contarán con Sterko, Familia Caamago e Mou Pinchadiscos como bandas invitadas para a ocasión e a entrada anticipada custará 6 € ou 10 € con cd, e 8 € ou 12 €con cd en taquilla


Zënzar, unha lenda do rock en galego nacidos “De la tierra de las sombras y la oscuridad…” xa que foi así como comezou todo alá polos comezos do outono na Meirama de 1987. Ben é certo que comezaron chamándose Mördor. Son o grupo de rock en galego máis veterano en activo, por iso cada ano que cumpren é unha celebración para os seus membros… e xa superan os 20!
Están levando a cabo nestes anos unha evolución lenta pero segura, abríndose pouco a pouco a outros ritmos e colaboracións, pero sen perder nunca ás súas señas de identidade: rock en galego.

Tras varias maquetas, diversos recopilatorios e cinco discos oficiais, os músicos de Zënzar preparan o lanzamento de novas pezas e un DVD en director que se editará en 2012.

O seu último disco é “A Tribu”, que conta coas colaboracións de Xurxo Souto, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Mª Xosé Silvar (ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxecto XES), Pablo Dalama ( ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box gallego) ou percusionistas como Manolo Suárez e David Bolaño e o gaiteiro José M. Ares. 13 temas rockeiros, estilo Zënzar, con ataques punk, heavys e tradicionais. Falan das súas raíces nunha aldea que morre, da súa condición de galegos sen complexos e dos seus inicios.





musica en galego zenzar
musicaengalego zenzar