I FESTIVAL DE MUSICA DE HERBON "AS NOTAS DO PEMENTO"



I Festival de Música de Herbón 'As notas do Pemento'
MÚSICA CLÁSICA PARA ADEREZAR E POTENCIAR O PEMENTO DE HERBÓN
Todos os venres do mes de xullo o convento de Herbón acollerá unha serie de concertos de música clásica. Ademais, haberá visita guiada a este edificio histórico e degustación de pementos. O seu obxectivo: difundir o valor do pemento de Herbón e achegar a música clásica á xente.

Santiago de Compostela, 27 de San Xoán. Música clásica e pementos de Herbón. Esa é a oferta cultural do mes de xullo na parroquia de Herbón, en Padrón, grazas ao I Festival de Musica de Herbón 'As notas do Pemento'.
Unha cita que reunirá no fermoso convento de Herbón as mellores promesas da música clásica de Galicia nunha serie de cinco concertos que combinarán recitais líricos, cuartetos de vento, música barroca ou un dúo de piano e gaita.
'As notas do pemento' está organizado polas asociacións Sementar, Onde hai Música e Galicia Sustentable e conta coa colaboración da S.A.T. A Pementeira, da Asociación Galega de Amigos do Camiño (AGACS) e da Axencia de Comunicación Xurimaru. O seu obxectivo é resaltar as potencialidades do pemento de  Herbón a través da música. E para iso, nada mellor que o lugar onde naceu e se mimou durante tantos anos; o convento franciscano de Herbón, fundado en 1396. A horta, o claustro e a fonte serán algúns dos escenarios que acollerán estes concertos, que terán lugar os venres de cada mes a partir das 20.30 horas máis o domingo 28 ás 12:00.
Precisamente, Eliseu Mera, o director do festival, destacou este feito durante a presentación do evento no Hotel Monumento San Francisco de Santiago e que contou coa presencia do seu director, Jorge San Martín. "Queremos homenaxear un produto tan sinalado da nosa terra como é o pemento de Herbón e facelo no lugar no que medrou por primeira vez, o Convento Franciscano", precisou Mera.

Grupos convidados
Entre os músicos e grupos convidados están:
Ensemble Giogia; con Belén Freire (frauta), Natalia Insua (clarinete),José Manuel Quintián (trompeta),
Marta Freire (saxo alto), María Santos (saxo tenor) e Ana Moas (cello). Actuarán o venres, 5 de xullo.

Unha semana despois, o 12, será a quedan de Ensemble Rosa del ciel; con Esperanza Mara (soprano e cello barroco), Thiago Vaz (tenor) e Guilherme Barroso (laúde e guitarra barroca).

O 19 de xullo estará Herbens Consort con Indra Sesti (soprano), Eliseu Mera (barítono), Carlos García Amigo (viola da gamba) e Diego Rojo (arquilaúde).

O venres, 26, terá lugar un Recital lírico a cargo de Sonia Bouzada (mezzosoprano), Enrique Martínez (tenor) e Elena Pérez (piano).

O ciclo rematará o domingo, 28 de xullo, ás 13.00 horas co grupo Quodlibet con Felipe Rea (gaita) e Andrea García (piano).

VIDEO PROMOCIONAL
https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=IQucwGcj3qA








Na filosofía do festival está, ademais, achegar a música clásica á xente. "Mediante esta iniciativa pretendemos, por unha banda levar a música a novos espazos e abrila a novos públicos e, pola outra, darlles aos novos músicos a posibilidade de ter un evento diferente no que actuar", sinalou Eliseu Mera. Por iso, os concertos están pensados coma encontros nos que os músicos dialoguen co público. Ademais, haberá unha exposición audiovisual e fotográfica do proxecto Onde hai Música e do proxecto Herbón. Promoción do pemento “Este festival contribuirá á difusión da produción de pemento de Herbón como base da nosa economía local, defendendo o traballo das nosas pementeiras.
E, ademais de gozar da música, tamén se poderá coñecer a historia deste cultivo e a súa relación coa casa franciscana”, apuntou, tamén, durante a presentación do evento, Pilar García, coordinadora da asociación Sementar.
E é que ademais de música, o público que se acerque ata o convento poderá disfrutar dunha visita guiada por este edificio histórico que agarda, aínda, ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC). E serán os propios frades franciscanos os perfectos guías nesta aventura pola historia de Herbón. Iso será media hora antes dos concertos, porque ao remate dos mesmos, os organizadores ofrecerán unhas tapiñas de pementos.
Por iso, Pilar García insistiu en que este festival tamén ten a súa verquente económica; a de “introducir criterios de sustentabilidade na posta en valor dos recursos estratéxicos de Galicia”, neste caso o pemento, grazas a un arte como é a música.

Divulgar a música clásica

'As notas do Pemento' é froito da colaboración de varias asociacións e entre os seus obxectivos tamén está divulgar a música clásica, achegar os múltiples mundos, historias e realidades que, nas máis das veces, quedan ocultas detrás do formalismo e rigor das institucións", apuntou Lucía Santiago, coordinadora de Onde Hai Música.
"A música nos acompaña todos os días e, na Fundación Galicia Sustentable, cremos firmemente que se nos achegamos á música clásica dun xeito aperturista e divulgativo, todas e todos poderemos atopar múltiples e diversas emocións e sensacións, rompendo os prexuizos de que toda a música clásica é o mesmo", engadiu.
E, con este espírito, creouse o logo do festival, o “Herbonciño”, un pemento de Herbón tocando unha mandolina, que simboliza a mestura entre o popular e o clásico.

Os interesados en mercar entradas para este festival único poden facelo a través da súa web (www.asnotasdopemento.com ) ou no Hospital de Peregruinos Santo Antonio de Herbón, das 16.00 ata as 22.00 horas.

O prezo é de tres euros por concerto ou de dez se se compra un bono para todas as actuacións.
PROGRAMACIÓN

Conectate As notas do pemento
https://www.facebook.com/asnotasdopemento?fref=ts
@notasdopemento #notasdopemento
http://www.asnotasdopemento.com/

Para máis información podedes poñervos en contacto con Xurxo(630545240)

REVENIDAS CONCURSO GRUPOS NOVEIS

21 bandas de música en galego participa no concurso de grupos noveis das Revenidas

17 de xuño de 2013/Vilagarcía de Arousa. Se alguén dubidaba de que en Galicia hai moito artista novo con talento e disposto a compoñer e cantar no seu propio idioma, nós temos unha lista de 21 bandas que confirman que haber hai, pero quizais non teñen a difusión suficiente para a súa promoción.

Onte pechouse o plazo de inscripción para o concurso de Grupos Noveis promovido desde o festival Revenidas 2013 para achegar ao escenario de Vilaxoán a grupos que están facendo moitos esforzos por facerse un oco entre o panorama musical galego. O obxectivo deste concurso é precisamente darlle un espazo para que o público poida coñecelos o vindeiro 18 de xullo na apertura do festival.



Entre os 20 participantes hai estilos para todos os gustos, desde rock bravú, pop independente, rap, cabaret ou folk. E temos representantes de tódolos recunchos: Compostela, Vigo, Ourense, Chantada, Vedra, Illa de Arousa, Ordes, Vilanova ou O Grove.

Esta é a lista de concursantes:

1. Bocinazo, rural rock, Negreira.
2. Os Amigos dos Músicos, pop, Ourense
3. Skalopendra, rock bravú, Vilanova de Arousa
4. Outra Vaca No Millo, fock rock, Hio
5. Aspergillus de Coira, rock industrial, Ames
6. Os Vacalouras Pataca´n´roll, rock bravú, Teis
7. Okeoh, metal galego, Vedra
8. Satxa na Leira, rock bravú, Santomé
9. Balbordo Público, punk, Compostela
10. Vicky Polard, grunge, Compostela
11. Xenderal, rap, Cerceda
12. Liviao de Marrao, rock bravú, Chantada
13. Curva a Eskerda, metal/punk/rock, Porto do Son
14. Lusco e Fusco, folk, Vilagarcía de Arousa
15. The Tetas´Van, cabaret, Ourense
16. Sowel, rap, O Grove
17. Noite Fechada, rock, Barrantes
18. the Alkrikes, rock, Illa de Arousa
19. Superoito, rock, Ordes
20. Maskarpone, reggea/ska/rock, Ourense
21. Rebeliom do Inframundo, rap, Ponteareas
vota eiqui: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.570962346259892.1073741825.218601224829341&type=1

As votacións, que se farán a través do Facebook, comezaron o martes 18 de xuño e prolongaránse ata final de mes. As tres bandas que teñan máis votos (me gusta) pasarán a ronda final na que un xurado composto por un membro da organización (Xoán Quintáns), un músico (Xurxo Souto) e un xornalista (Suso Piñeiro) escollerán o gañador do premio: tocar no Revenidas e 300€.

CANTANDO A GALICIA , CEDRON, SEDES E LODEIRO

Para escoitar CANTANDO A GALICIA preme eiqui

Se de algo podemos presumir os galegos é de ter unha cultura e tradición musicáis sen igual, que traspasaron fronteiras e viaxaron no espazo e no tempo, acompañando ás nosas xentes que, de preto ou de lonxe, nunca perdían o humor e as ganas de botar un baile, aínda que fora coa morriña oprimindo as gorxas.Quén non gozou dunha daquelas verbenas, nas que unicamente existían as emocións, as lembranzas, a conexión da música cos corazóns… Aquelas letras cheas de amores e desamores, de encontros e despedidas, pero sobre todo, de amor pola terra querida.“Cantando a Galicia” recupera, da man de grandes figuras do noso panorama musical, aqueles temas míticos da verbena clásica, dun xeito totalmente renovado, pero sen perder nin un ápice de sentimento, tratados cunha elegancia e un cariño que non deixará indiferente a ninguén.“Cantando a Galicia” é un proxecto necesario e querido, unha ilusión prendida nos nosos corazóns por retomar aquela ledicia que non precisaba de máis motivo que o desfrute dunha boa compañía e a mellor música. Unha homenaxe a aquelas grandes orquestras que amenizaron tantas noites máxicas. Unha invitación ó baile que fará as delicias de calquera que se asome a esta posta de largo da festa galega.

O primeiro dos nosos proxectos: Cedrón, Sedes, Lodeiro. Disfrutádeo.



PARA MAIS INFO : http://www.cantandoagalicia.com

BALAKANDRA PRESENTANOS O SEU DISCO OMONIMO

 Balakandra presenta baixo o seu propio nome o que supón o debut discográfico desta formación de San Sadurniño. Con formato audiolibro, o traballo foi gravado nos estudios compostelans A Ponte da man de Tomás Axeitos, e os seus once temas afondan na mestura do folk con ritmos americanos coma o country ou o bluegrass, sen esquecer incursións na música latina.
A súa música: Dificil sería poner una etiqueta ó que nos ofrece Balakandra, 6 músicos de idades e procedencias moi dispares, letras comprometidas coa nosa sociedade e os nosos corazóns, a súa música e unha viaxe polas músicas do mundo con paradas no country e o bluegrass do sur dos EEUU, nos sons latinos dende Brasil ate Cuba, nos clubes de jazz Newyorkinos e nos frenéticos ritmos do este de europa, unha longa viaxe coa millor locomotora, o folk galego. Con todo isto, os concertos de Balakandra non deixan indiferente a ninguén, atrapando ó público nesta fermosa viaxe.

PODEDES ESCOITAR OS SEUS TEMAS NA SUA PAXINA BALAKANDRA

ENTREVISTA A EMILIO RUA

Despois de trece anos polos escenarios ainda quedan ganas para sacar un novo disco??

Pois SI. Non un solo. Na miña cabeza teño proxectos en mente para largo plazo e variados que espero se vaian facendo.



Que van atopar os teus siareiros neste novo traballo

Máis de Emilio Rúa?...agardo que si. Pero con outros aires… renovados. Neste disco quixen camiñar cara o folc americano pasando polo tinte galego e a música pop…pero sempre ao meu xeito.Hai guitarras acústicas de 6 e 12 cordas, mandolinas, dobro, Pedal Steel, Wiisltel…

Cantos temas conten? son temas propios, poemas ...?

En principio 13 ca posibilidade de incluir 1 máis. Dos cales 9 son da miña autoría e despois o poema María Soliña e as versión de A moza de onte (Nach Pop-A.Vega), Nun lugar do arco da vella (do filme el mago de Oz) e Miña Maruxa (Andrés Dobarro)

Contas con colaboracións a hora de gravalos?

Principalmente ca de Segundo Grandío do estudio Casa de Tolos que vai máis alá do puramente comercial. Logo de Budiño e de Fabían (cantautor Leonés que canta conmigo en Antes que eu e ti)
onde e cando foi gravado?

Foi gravado no estudio Casa de Tolos en Mañufe-Gondomar por Segundo Grandío como técnico de son nunha producción conxunta entre os dous.
Gravouse durante dous días en decembbro do 2012 e un día en mayo do 2103.

Quen o misturou?

Está misturado por S.Grandío principalmente e eu un tanto na supervisión.

Contas con productora ou e autoproducido?

Conto ca productora Nalgures.

cando comeza a distribucion e quen o vai distribuir onde se poderá mercar??
Pois de momento hai dúas opción: autoxestión por parte de Nalgures ou con algún selo discográfico que se implique no proxecto (hai algún).
E mercar sexa onde sexa nos sopretes dixitais da rede e en tenda física na que a distribución chegue (ese é outro tema), ou baixo pedido.
Con que apoios financieiros por parte das institucións deputacion, concello xunta ... contaches??

Polo de agora as únicas axudas cas que contou o meu traballo foi a través do AGADIC para o financiamento na edición dos discos….pero sempre indirectamente xa que eu non son editor se non autor polo que como tal nunca recibín nada. E logo dentro dalgún dos programas de cultura, ao meu parecer un tanto excasos.

Como ves o futuro da musica ao vivo no presente panorama de crise e co ive o 21%?

O panorama dende que se comezou a falar daquelo da piratería e de que os discos se deixaban de vender legalmente parece que sempre pinta mal… pero ahí estamos, sobrevivindo.
O problema non é solo que suban o IVE, se non que non se consuma cultura tal como se consumen outras cousas, e xa non falemos das innecesarias.
Polo que debíamos apostar, antes de todo ese boom que se creou e que os máis inxenuos ou aproveitados caíron, era en cultura.
A cultura crea conciencia de consumo razonable e reforza os valores que nunca se deben perder. Un pobo culto é un pobo que pensa e ten conciencia de libertá. Eso que ao poder sempre lle molesta.

 Valo estrear cun grande concerto en directo??
A miña intención non é facer alarde dos meus traballos nun só día…espero ir tocando nos diferentes espazos que sexan posibles para poder chegar a máis sitios este Destino Sur e parte dos temas xa publicados.
Videiras citas co publico en directo

Na feira Internacional de Silleda o 15 de xuño e o 27 de xuño nas festas de Ourense.
En agosto 15 en Viana do Bolo e o 16 en Lubián (Zamora) co proxecto Despois de ti, a chuvia librodisco editado por Galaxia conxunto o escritor e poeta Xosé Carlos Caneiro que levo paralelo ao meu. Son recitales-concerto nos que vamos acompañados de outro guitarrista.

contacto para contratación, entrevistas ....


ACORDEON TRADICONAL E FOLK GALEGO ALEJANDRO BALBUENA OJEA

Alejandro Balbuena Ojea naceu en Vigo (Pontevedra) no barrio do Calvario, onde comeza ós oito anos de idade os estudos de acordeón con Elena Menchero e seis anos despóis continúa as súas clases na parroquia de Bembrive con Manuel Olegario, con quen actualmente e desde entón, sigue colaborando en actuacións.
Desde neno vése influenciado pola música tradicional, xa que un irmán seu fora varios anos integrante do grupo “A Roda” e asistía a moitos dos seus concertos e troulas. A escasez de acordeonistas que había na zona por aquel entón, propiciou a súa participación en rondallas, coros e grupos de baile que iniciaban a súa consolidación como músico e intérprete. Obtivo numerosas “master classes” de grandes artistas internacionais como Jorge Arribas, Fernando Fraga, Kepa Junkera, Karen Tweed ou Mairtin O´Connor. Como é habitual, as “tocatas” informáis cos amigos nos fins de semana, deron lugar a diferentes formacións musicais que o levaron a participar e a colaborar en escearios galegos como o do Festival de Ortigueira, Festival de Pardiñas, Festigal, Festival do río Castro de Naraío, Festival da Poesía do Condado, Festival de Cans, etc, ademáis de outros fora da comarca galega como o Festival de Andanças (Portugal), Festival intercéltico de Avilés (Asturias), Festival de Lorient (Bretaña), Festival de Guingamp (Bretaña), Centro galego de Tenerife, País vasco, Valladolid e Madrid.

No ano 2009 matriculase en Vigo na E-Trad (Escola municipal de música tradicional e folk), onde cursa a especialidade de acordeón diatónico con Carlos Quintá ata o ano 2016.


Na actualidade imparte clases de acordeón cromático de piano e de acordeón diatónico en varias escolas, ademáis de colaborar con diferentes agrupacións.



“Acordeón tradicional e folk galego”, (2013) , para
acordeón cromático

Un método especializado en acordeón, que fai un percorrido pola tradición musical de Galicia, onde poderemos aprender unha ampla variedade de melodías e ritmos acompañados coas letras das cantigas. Todo isto dividido nun apartado de iniciación e outro apartado máis avanzado para os que buscan novas harmonías e acompañamentos.

 Pareceume moi importante incluir as letras das cantigas. Un total de 33 temas galegos gravados que se inclúen nun disco. Xa teño algunhas destas cancións subidas para que o escoitedes.
Agradecementos en especial a :
Luís Peixoto (masterización) e a
Iñaki Prieto Lorenzo (deseño e maquetación).


PUNTOS DE VENTA :
VIGO
Banda Deseñada (R/Portela 3, O Calvario).
Libraría Cartabón (R/Urzáiz 125. O Calvario).
Libraría Andel (Avda Camelias 102)
Libraría Hobbit (Teixugueiras 32, Navia)
Contradición (R/ Regueiro 3)
Tenda de acordeóns de Manuel Olegario R/ Pizarro 4 (Galerías)
No obradoiro de costura de Patricia González Iglesias (Saiáns).
PONTEVEDRA
Libraría Cao (R/ Sarmiento 10)
Musical Pontevedra (Avda Uruguay 59)
PONTEAREAS
Téqueletequele (R/ Esperanza 14)
SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Grileira (R/ do Sar 16)
Pazo das musas (rúa Nova 😎
De Cotío (R/ Xelmírez 26)
A Bulideira (R/ San Lázaro 108)
A CORUÑA
Musical 47 (Avda. General Sanjurjo 47)
LUGO
Arco Iris Musical (San Roque 66-70)
MADRID
Escola Píntega Marela (C/ Muguet 1, 2ºC)
 
contacto
Correo: waltrapeiro@hotmail.com
Móvil: 647766675 

MAR MAIOR NOVO DISCO DE LUAR NA LUBRE

O grupo galego de folk Luar na Lubre presentou o seu novo traballo, «Mar Maior», disco no que se estrea como vocalista Paula Rei. Para este traballo  a banda elaborou unha banda sonora inspirada no «Leabhar Ghabhala Eireann», o «Libro das Invasións de Irlanda», escrito polos monxes irlandeses no século XII, unha das obras de referencia da súa historia.
O texto, referencia en Irlanda, narra a lenda de como os descendentes do rei celta de Galicia Breogán conquistan a illa que avistaban desde o faro de Brigantia, hoxe chamada Torre de Hércules da Coruña, desde a que saíron os Milesianos, liderados por Mil, neto de Breogán, para conquistar Irlanda.
  O disco, editado por Warner, saiu á venda o 5 de xuño de 2012 celebrando así tamén os 25 anos de éxitos  no folk galego.

O FIADEIRO DE OFICIOS E LABORES

Con este traballo preténdese dar información sobre o espectáculo musical e de baile levado a cabo pola A.C.F. O Fiadeiro, na súa VII Gala, titulada “De Oficios e Labores”.
A publicación "De oficios e labores", plantexada en dous volumes, trata de ser unha edición exclusiva, apta para todo tipo de públicos, en especial para os amantes da música tradicional. Neste primeiro volume, preséntase un pequeno libro de 28 páxinas, no que se referencian e se ilustran, de forma moi didáctica, diversos oficios e labores coa súa correspondente gravación, a cargo do grupo de música de O Fiadeiro, no seu espectáculo homónimo. Labor de nai, oficio de mineiro, oficio de pedreiro e oficio de músico son os mencionados neste primeiro volume.
As melodías están recollidas nun Pen drive, ou chaveiro USB, incluído na publicación. Por este motivo podemos dicir que se trata dunha publicación onde tradición e actualidade, van da man.
A temática elixida para dar forma a esta publicación, funciona de fío condutor da VII gala, aportando certo significado aos bailes e cantos presentes na mesma. En relación aos últimos, son o eixe principal sobre o que se moven as escenas que se mostran no espectáculo. Cada un deles, pertence a un tipo de repertorio concreto relacionado directamente cos oficios e labores que se mostran. 
Actualmente, O Fiadeiro está traballando na continuidade desta serie de publicacións, que pouco a pouco vai  ir presentándonos para que poidamos completar a nosa propia colección. As temáticas serán diversas e, co paso do tempo, poderemos ter na nosa casa unha pequena biblioteca de folclore.
Comeza, por tanto, unha serie de publicacións a cargo do grupo artístico de O Fiadeiro,  na que crea unha "tradición USB". Quen sabe que virá despois? A porta está aberta...
Podes reservar e recoller o teu pen drive no noso local social
Edición limitada de 150 unidades
Prezo socios: 10,00 euros
Prezo non socios: 12,00 euros

Tamén  o enviamos a donde queirades, no prezo se incrementarían os gastos de envío.

CONCURSO GRUPOS NOVEIS XXIX FESTIVAL INTERCELTICO DO MORRAZO

 

Bases concurso grupos noveis XXIX Festival
Intercéltico do Morrazo/FIM 2013
Teranse en conta as formacións que cumpran as seguintes características
– Bandas formadas por non mais de 6 integrantes.
– Repertorio basado na música tradicional galega
– Repertorio orixinal. Non serán admitidas versións.
– Non ter tocado con anterioridade no FIM.


Condicións
– Non se aboará caché aos grupos noveis.
– Só será seleccionada unha formación novel por dia.
– Este concurso pode ser declarado deserto se a dirección do FIM 2013 así o estima oportuno
– Os grupos seleccionados interpretarán 30 minutos do seu repertorio antes da actuación do
grupo principal.
– Aboaráselle 250€ a cada formación en concepto de gastos de desprazamento e manutención.
– As formacións aparecerán no cartaz oficial do FIM 2013 así como en todas as
comunicacións a prensa que se emitan dende a dirección do FIM 2013.
– Os equipos de son e luz, así como os técnicos, serán postos polo FIM.
– As formacións deberán adaptarse ás condicións técnicas que dispoña a dirección do FIM
2013, que serán as mesmas que empreguen os grupos profesionais.
Envío de material
– Enviaranse dúas maquetas do grupo a esta dirección: comunicacion.interceltico@gmail.com
en formato mp3 ou similar. Tamén existe a posibilidade de enviar ligazóns de vídeos
(youtube, vimeo...)
– Envío dun pequeño texto detallando o tipo de música do grupo, os e as integrantes e outros
aspectos salientables.


Dúbidas
A través do grupo interno de Facebook do concurso ou por correo. Poderase solicitar a inclusión no
grupo no mesmo correo electrónico comunicacion.interceltico@gmail.com

Data límite de entrega das maquetas
2 de xullo de 2013
Data de resolución do concurso
3 de xullo de 2013
Xurado
Dirección do FIM 2013. O concurso poderá quedar deserto.

FESTIVAIS


Para maior claridade e coa fin de que poidades ver todo nun so enlace xuntamos os apartados de concertos e festivais. Desculpade se esto vos causa algunha molestia.







musica en galego festivais
MUSICAENGALEGO FESTAS

ELIELA

Para escoitar ELIELA preme eiqui

son:

Maria Costas,  voz
Jose Churruca Guitarra
 Mistura de Jazz. blues e pop clásico cun toque de sofisticación. Uns textos poéticos en galego que conseguen fío directo co público porque evocan lugares comúns

 O grupo foi creado en Pontevedra no mes de Outubro de 2011 e desde entón non paran de dar concertos por todo o pais.
A transmisión de sentimentos a través da música é a súa prioridade.

O seu repertorio non deixa a ninguén indiferente: temas propios con influencias do jazz, blues, bossa e pop clásico cun toque de sofisticación, e versións escollidas que conseguen fío directo co público dende a primeira canción.
O noso primeiro disco, con repertorio orixinal está en elaboración, pero os nosos temas xa se poden escoitar nos nosos directos agora mesmo.
CONTACTO: 
695 43 05 42 
600 73 34 84

HEREDEIROS DA CRUS EN VIGO E COMPOSTELA

Heredeiros da Crus presentarán o novo disco 'Jard Rock con Fe' o martes en Vigo e o mércores en Compostela





Os cinco membros da banda de Ribeira (Tuchiño, Tonhito, Javi, Fran e Manu) atenderán aos fans e asinarán exemplares do seu novo traballo, 'Jard Rock con Fe
 Os showcase serán este martes, 4 de xuño, na sala Ensanche de Vigo e o mércores 5 no bar Momo de Compostela. Nos dous casos ás 20:30 e con entrada libre
A banda premiará cun pack de merchandising aos fans que se presenten coa discografía completa do grupo

Jard Rock con Fe

Despois de case dez anos sen publicar temas novos, Heredeiros da Crus presenta Jard Rock con Fe, o noveno traballo discográfico da súa exitosa e prolongada carreira. Un traballo fiel ao seu título: con moito "jard", moito rock e tamén moita fe. Fe nos riffs poderosos de A Duquesa de Poi ou Non che teño medo, fe nas grandes baladas rock como María ou Corasón de Carballo, e sobre todo fe nas letras descaradas, o falar coloquial e a actitude irreverente pola que sempre se caracterizou a banda de Ribeira. Un feixe de 12 cancións, moi esperado polos fieis seguedores de Heredeiros da Crus, que levaban case dez anos sen publicar disco de estudo.

xira galega de Xoán Curiel e Joseba Gotzon



Xira galega de Xoán Curiel e Joseba Gotzon este mes de xuño

Os cantores galego Xoán Curiel e basco Joseba Gotzon comezan unha xira por varias localidades galegas nos próximos días na que darán conta dun novo proxecto musical. A posta en común de cadanseu estilo poderá verse en Compostela, Pontevedra e A Coruña.

O cantautor galego Xoán Curiel e o basco Joseba Gotzon presentan a dúo as súas cancións cun repertorio conxunto por varias localidades galegas durante os primeiros días do mes de xuño. Ambos os dous artistas coincidiron en Bilbao na gravación do disco en directo 'Marrodan Kantazten', no Teatro dos Campos Elíseos, e comezou unha colaboración que os levou a dar nesta xira galega, entre outros proxectos.

Así, o vindeiro mércores día 5 na sala La Tuerka ás 21:30 e coa entrada a 5 euros, comeza este ciclo de concertos basco-galegos. O día seguinte, o xoves 6 de xuño ás 22h e coa entrada de balde Curiel e Gotzon chegan á sala Pequeno Karma (Pontevedra) para o venres 7 recalar en Compostela no Babel dentro do ciclo 'Personalidades', tamén con entrada de balde. O concerto comezará ás 22 horas, se ben caberá a posibilidade de, ás 21, tomar un petisco no local co obxeto de achegar os artistas ao público.

Xa no sábado 8, ás 22h e con entrada de balde, os dous cantautores chegan á Coruña para actuaren no Mentireiro (Orillamar 12, Montealto). A xira finaliza o domingo día 9 na Nave de Vidán (Compostela)cun concerto ás 13 horas enmarcado nunha xornada dedicada á cultura e gastronomía bascas.

Segundo afirma Xoán Curiel “vai ser un primeiro encontro no cal presentamos e compartimos as cancións dos nosos discos e algún novo tema que estrearemos”. Aínda que “temos en común o universo pop, para min vai ser un espazo diferente” estar con un cantautor basco e “penso que ao mesmo tempo vai ser divertido e creativamente novo”, di o fonsagradino acerca deste novo proxecto.

O público poderá coñecer por primeira vez en Galicia a este cantautor basco que xa ten publicados catorce discos dende o ano 1985. Ademais interpretarán temas do concerto 'Cantando a Marrodán' que fixemos en Outubro do 2012.

Tres mares

O proxecto Tres Mares é unha colaboración entre tres cantautores: Josep Tero, Joseba Gotzon e Xoán Curiel: un galego, un catalán e un basco. Xurdiu a partir dun encontro que ambos os tres tiveron en Bilbao, no Teatro Campos Eliseos onde Curiel foi convidado ao concerto Marrodan Kantazten, onde interpretaron poesías do poeta de Portugalete Mario Angel Marrodán.

Compartirán escenario nas tres linguas que ademais do castelán e o portugués conviven na península. Entenden “interesante” propór un proxecto nesta dirección e abrir tamén “un camiño entre estes tres territorios e as súas bonitas linguas, para compartir, aprender e contaminarnos como diría o Pedro Guerra”, conclúen ambos os tres músicos.

Joseba Gotzon

Con catorce discos editados e moitas publicacións escritas, Joseba é un dos cantautores bascos que mais ten percorrido o mundo coa súa música. Desde o ano 1984 no que grava o seu primeiro single, presenta o seu traballo por países como Georgia, Arxentina, Venezuela, Brasil, Italia, Portugal, Uruguay, Paraguay, Chile, entre outros. Na actualidade presenta o disco en directo “Marrodan Kantazten”, xunto con outros históricos da música basca e catalana como Niko Etxart, Gontzal Mendibil, Josep Tero, e co cantautor galego Xoán Curiel.

Xoán Curiel

Voz e guitarra son os elementos dos que, con grande e demostrada mestría, se vale o artista da Fonsagrada para compór a súa proposta musical. Grazas á súa visión particular da música, Xoán é un dos valores actuais en alza do panorama galego. En xaneiro do 2012 cantou xunto a Carlos do Carmo ou Mayra Andrade entre outros artistas, en Cantos na Maré. En Outubro dese ano participa no Festival Estou Lá como artista e director artístico compartindo escenario con figuras coma Eneida Marta ou João Afonso, entre outros moitos. No 2012 e 2013 actúa no proxecto CoraSons, un espectáculo e a gravación dun disco en común con artistas galegos e portugueses como Uxía, Antonio Zambujo ou Budiño.

Na súa traxectoria artística destaca ademais a súa versatilidade, participando como actor, músico, director, cantante ou bailarín en diversos proxectos vencellados á música, o teatro, o teatro infantil e a danza.