Xoán Curiel Ares é compositor, guitarrista, cantante e actor fonsagradino afincado en Santiago.
Músico autodidacta, comezou polos mundos da bossa nova e o jazz, creando unha mestizaxe de sons que fai únicas as súas composicións.
Treides Conmigo! (2021)
Xoán Curiel abre unha nova etapa con ‘TREIDES COMIGO’, o seu sétimo disco, nesta ocasión gravado xunto coa cantante Iris Gey.
Un disco froito dun traballo de pesquisa e composición a partir de cantigas medievais da lírica galego-portuguesa
Partindo de instrumentos acústicos, Xoán elabora un discurso moi persoal que utiliza ritmos e instrumentos medievais (dulcemas, cornos, arpa, frautas, campás, trompetas ou percusións de pel), mais cun carácter pop, moderno e divulgativo, con composicións e instrumentos doutras épocas e xeografías (guitarra española e acústica, duduk armenio, cromorno ou clarinete).
Xoán pon música a unha selección de 9 cantigas medievais atribuídas a 9 trobadores, co propósito de ofrecer unha actualización ou renovación das mesmas, aportando a súa propia visión persoal, musical e creativa. Engade unha 10ª composición a partir dun poema de Gonzalo Lopez Abente, (poeta muxián membro das Irmandades da Fala), que versa sobre unha lenda medieval da zona de Muxía.
Todo este traballo compositivo xira en torno á figura do Camiño de Santiago, xa que os dez autores (incluíndo ao López Abente) están relacionados coas 10 rutas de Santiago que existen en Galicia.
Finalmente, Iris Gey, culmina o proxecto creando unha música para este disco a partir dunha cantiga de Bernal de Bonaval (relacionado con Santiago de Compostela, lugar de destino dos dez camiños) e pechando así conceptualmente este traballo discográfico.
Mentir-lh'-ei
Video: Alvaro Liste
Cantiga do trobador Pero Meogo
Música: Xoán Curiel
Canción do disco: Treides Comigo!
Voces: Xoán Curiel e Iris Gey
Gravado na Illa de San Simón por Álvaro Liste

O disco foi gravado nos estudios Gourmet Sound na Coruña, estudio de referencia en Galicia para gravacións acústicas. Xoán afronta este novo reto creativo aportando arranxos vocais e de ventos, para no final resolver un disco cheo de novos rexistros tímbricos e contando coa voz distintiva e privilexiada de Iris Gey, coa que comparte o proxecto Ao Encontro de Martin Codax dende o ano 2016.
Ademais conta cuns músicos e colaboradores de gran solvencia e traxectoria:
Carlos Castro: Percusións e dulcimer
Bea López: Clarinete
Bleuenn Le Friec: Arpa celta
Carlos Freire: Percusións en Mia senhor fremosa por Deus
Rui David (Portugal): Voz en Dizer-vos quer’eu mia senhor
Alex Salgueiro: Frautas e ocarina en Se vos em prazer for e Mia senhor fremosa por Deus
Ariel Ninas: Zanfona en Elvira Perez, Elvira Padrõa
Abraham Cupeiro: Corno, trompetas, frautas, cromorno
Este traballo foi realizado ao abeiro dos Fondos de Recursos Culturais Xacobeo21.
Ecuacións (2016)
“Ecuacións é algo moi distinto a calquera cousa que fixera até agora. Tal vez porque me levou moito tempo ir compoñendo os temas, porque o proxecto foi variando e tomando forma por conta propia dende que o comecei, ou porque o proceso de gravación e mestura foron analóxicos, sen usar ordenador, gravando como se facía antes, diréctamente nun magetófono, algo novo para min.
‘Ecuacións’ é un disco froito de meses de viaxes, encontros, intercambios de ideas e experimentos sonoros. Seis temas gravados nos estudos da Radio Galega en Santiago de Compostela e outro máis gravado en Sao Paulo (Brasil) co violeiro Julio Santín.
Trátase dun proxecto especial, ao ser o primeiro no que o músico grava e mestura de xeito analóxico “sen cortar nin pegar, sen ningunha clase de retoque” da man de Toño Fernández, enxeñeiro de son da RG.
O resultado son seis temas moi líricos, con aires intimistas e bases electrónicas, un resultado musicalmente moi diferente a outros traballos de Curiel.
DISCOGRAFIA PREVIA
No seu disco autoproducido Nai (2008) a ligazón común, dos temas propios feitos en galego, era a figura da muller. Nel danse cita os ritmos galegos, arabes, subsaharianos e afrobrasileiros empregando para elo todo tipo de utensilios da vida cotiá tixolas, noces, copas dauga, coitelo no afiador...
Nai é un disco que fala da unió s do ser humano coa terra, coa nai, coa muller coma un cantico de auxilio, coma un rezo...
Magnetico Zen
Este é un disco cheo de imaxes que nos fala, de xeito cinematográfico, do noso mundo actual de saturación informativa.
Xoán elabora un discurso propio e crítico, a través dunha leitura artística da actualidade con temáticas como o abuso de poder, a agresión ecolóxica, a manipulación da información, a crise económica mundial... e a posibilidade do ser humano de coller de novo o seu poder persoal e transformar a súa realidade dende unha perspectiva fresca e optimista.
https://www.youtube.com/watch?v=jSt31gJvmG8
Para escoitar XOAN CURIEL preme eiqui
Para máis info Xoan Curiel
musica en galego xoan curiel

Ecuacións é o septimo tema do novo Ep de Xoan Curiel
DISCOGRAFIA PREVIA
No seu disco autoproducido Nai (2008) a ligazón común, dos temas propios feitos en galego, era a figura da muller. Nel danse cita os ritmos galegos, arabes, subsaharianos e afrobrasileiros empregando para elo todo tipo de utensilios da vida cotiá tixolas, noces, copas dauga, coitelo no afiador...
Nai é un disco que fala da unió s do ser humano coa terra, coa nai, coa muller coma un cantico de auxilio, coma un rezo...
Magnetico Zen
Este é un disco cheo de imaxes que nos fala, de xeito cinematográfico, do noso mundo actual de saturación informativa.
Xoán elabora un discurso propio e crítico, a través dunha leitura artística da actualidade con temáticas como o abuso de poder, a agresión ecolóxica, a manipulación da información, a crise económica mundial... e a posibilidade do ser humano de coller de novo o seu poder persoal e transformar a súa realidade dende unha perspectiva fresca e optimista.
XOAN CURIEL TEMPOS DE CRISE
Para escoitar XOAN CURIEL preme eiqui
Para máis info Xoan Curiel
musica en galego xoan curiel