25 anos ruxindo


"Mario (Túzaros), Bocixa (Zenzar) e Piedra (Nonseicantasbandas), un bo día, tiveron a xenial idea de organizarlle unha boa festa sorpresa ás camaradas de RUXERUXE polo seus 25 anos enriba dos palcos.
A festa sorpresa foi este sábado e pódovos asegurar que as caras da tribo rokeira expresaban unha emoción difícil de explicar. Cando chegaron os RUXE a esta reunión e se atoparon con 80 almas que queriamos expresar, dalgún xeito, a nosa admiración e o noso agradecemento pola súa actitude durante 25 anos, a sensación que percorreu o meu cerebro foi absolutamente indescriptible e pracenteira.
Dese SORPRESÓN saíu un disco con 31 temas de RUXE versionados por bandas galegas. Son os temas de RUXERUXE pero levados ao terreo de cada unha das bandas. Cando me chamaron para gravar un tema para o disco nin o pensei...POR SUPOSTO!!!! Penso que ninguén se plantexou outra resposta porque os RUXE simplemente recibiron o que eles entregan de contínuo. Supoño que isto é ao que nos referimos cando falamos de KARMA.
Moitísimas grazas Piedra e Pablo Vidal por acompañarnos ao sector acústico de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA na presentación do noso HOMIÑO DE ALDEA que realmente é deles, de RUXERUXE.
 
Pódedes pillar este dobre cd por 10 pavos xa que é preciso recuperar os custes do adiantado en masterización, deseño e edición.
 
A MÚSICA GALEGA ESTÁ MOI VIVA, SÓ HAI QUE QUERER ABRIR AS ORELLAS.
SAÚDE E FORZA E MOITAS GRAZAS!!!!!

Josito Porto

Factoria de Subsistencia"