MAGHUA MATRIA



MAGHÚA. MATRIA

Maghúa propoñen co seu Matria unha viaxe ao tempo no que as avoas contaban, cantaban e falaban cos seus netos mentres debullaban e moían tardes enteiras á calor da cociña…

Once temas tradicionais recuperados de mulleres, que conservaron o idioma cando o de noso estivo prohibido, xunto ás cantareas coas que se divertían e coas que nos agasallaron, a facenda familiar e, aínda que semelle incríbel, a cordura.

Desde Bergantiños ao sueste da provincia de Ourense, pasando polo interior da de Pontevedra. Solto e agarrado, para suar e arrimarse, para gozar dos sons e melodías de antergo, sen adobíos.

Gravado nos estudos "A casa da Laura" Eiris, deseñado por Santi Lopez e David Sánchez con fotografias  de Juan Luis Rua.

As letras e a produccion correron por conta de Maghua.

O disco está editado e distribuido por Inquedanzas Sonoras.



MAGHÚA

Maghúa é un grupo de cantadores aparecido en A Coruña en decembro de 2006. Son dous os obxectivos primordiais á hora de se botar á auga: recuperar e transmitir parte da tradición oral do País galego e pasalo ben… Nunha actuación deste grupo hai moito de tradición, de humor e de baile.

O seu nome é unha variante, á galega, do termo “manjúa”, que as xentes da mar no Cantábrico empregan para denominar un banco de peixe azul (sardiña, bocarte…).




O ano 2009 constitúen a Asociación Cultural Maghúa, o que lles permite dar un pulo ás súas actividades.

Levan representando a cultura tradicional galega por todo o País, polo Estado e mesmo por Europa.


Apareceron en diversos medios públicos galegos e foráneos. Entre os premios acadados destaca o Io Premio no Io Concurso Folkarria de Música e Baile, celebrado en Alcalá de Henares no seo de festival de Bal-Folk máis importante de Europa.



Maghua que tocan ( e rebentan) pandeiretas de O Reberete, son:

Xiao Mogán
Tito Iglesias
Davide Leira




DISCOGRAFIA PREVIA:



Corricán” (ou curricán) é unha arte de pesca respectuosa co meio. Consiste en empregar canas, ou varas con liñas e anzois para ir apañando as pezas dunha nunha. Peixe azul...

Deste xeito Maghúa botou o anzol às pezas que conforman esta mostra. Unha a unha foron caindo nos distintos caladoiros do País, e mesmo fóra da raia “administrativa”.

Unha selección do traballo realizado por Maghúa desde o ano 2006. Non podía coller todo nesta lata, obviamente, porén as pezas descartadas atoparán acomodo no futuro.... 


Colaboracións en CD:

- República Billarda. Disco palán. Tema Gholpe de Billarda en Sabaxáns. Disco editado
en 2010 pola Liga Nacional de Billarda (asociación deste deporte tradicional).

- Cantares de Reices. Disco colectivo editado polo Concello de Boimorto. Cantar
Embajadores somos.

- XXIXª Festa da Carballeira de Zas. Dous temas, Alón e Oitavén.

- Proxecto Sapoconcho. Traballo de próxima publicación. Senhora do Almortâo.

CONTACTO:

maghua.cantareiros@gmail.com