KEPA JUNKERA GALIZA


FOL MUSICA comprácese en anunciar a publicación o vindeiro 19 de Novembro de "GALIZA", o novo traballo discográfico de KEPA JUNKERA adicado a Galiza, no que colaboran máis de 20 artistas e agrupacións da nosa terra.

KEPA JUNKERA, o músico euskaldún máis importante, influinte e internacional do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA o proxecto máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia.

En “GALIZA” a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA.

“GALIZA” conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos.


LISTADO DE TEMAS CD 1: 1. Alalá Transfigurado con Cristina Pato  2. Muiñeira dos Pontinos con Emilio e Daniel do Pando  3. Xota da Guía con Budiño  4. Lelele con Banda das Crechas  5. Danza das Pereiras/Danza de Rubiós/Muiñeira de Mangüeiro con Leilía  6. O Pousa con Luar Na Lubre  7. Fasioren Martxea con Central O Folque  8. Canto de Monzo/Muiñeiras de Florencio con Central O Folque  9. Valse de Santa Mariña con Davide Salvado  10. O Merlo/Bizkaian Zehar/Lúa Clarea/Pagasarriko Martxea/Lévame, Lévame con Treixadura
 

LISTADO DE TEMAS CD 2: 1. Galizako Muiñeirak/Trikitixa Martxa con Susana Seivane  2. Maneo de Silván/Roman Urrazaren Jotea con Radio Cos  3. Agarrado de Vilar de Cabeiras con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre  4. Muiñeira De Valdeferreiros con Daniel do Pando  5. Terras do Norte con Os Cempés  6. Muiñeira A Cruz da Lobeira/Ruada con Os Cempés  7. Cantar dos Arrieiros/Maneo dos Barreiros de Malpica de Bergantiños con Pandereteiros de O Afiadeiro  8. Vals de Arousa con SonDeSeu  9. Rumba de Barciademera con SonDeSeu  10. Ven Bailar Carmiña/Pasodoble do Berbés (Os Morenos de Lavadores) con SonDeSeu  11. Unha Noite na Eira do trigo con Uxía  12. O Galo con Centro Galego de Barakaldo & Ceo de Sil & Alberto San Martín  13. Vals de Pazos de Merexo con Manuel Pazos de Merexo 


Este disco/libro ten presentacións confirmadas en Galicia, Euskadi e Madrid. Firmas de discos e showcases en Fnac A Coruña e Madrid, tendas Elkar, Feira de Durango... e promo presencial nestas cidades.

Todo un acontecemento na escena da música tradicional da Península ibérica

 "Galiza" se presentará en directo el próximo 30 de noviembre en Pontevedra, CULTURGAL. Más información en breve