ENTREVISTA EXTENSION AGRARIA

 Como surxe a idea de comezar a tocar? Que influencia ten o anterior proxecto de Extensión Agraria?
Non fixo falta moito a verdade, ó principio empezou case de broma, para facer un pouco de ruido nalgún aberto de billarda e a base de irnos xuntando o corpo pedianos algo máis. O de retomar o nome de extensión agraria foi algo máis ben por morriña que polo estilo musical, o que facemos agora pouco ten que ver coa música da anterior agrupación.

 Todos vós sodes palanadores da Liga Nacional de Billarda. Que importancia lle dades á LNB na consolidación e promoción do grupo?
En todo, nas pistas xuntamonos, de non ser por iso moitos nin nos coñeciamos , todo o mundo da familia da billarda apoiounos desde o primeiro momento , aparte de ser unha filosofia alén dun xogo que todos compartimos . Pódese decir que Ex-Tension Agraria é filla da LNB.
http://ovaral.blogspot.com.es/




Falando de promoción…nada mellor que ter un clube de anti-fans tan activo non?a que se debe o de ser anti?
Xa che digo, puidose ver estas últimas semanas no concurso de bandas do Castañazo, de non ser por toda esa xente nada sería posible, bueno e por suposto a Lucía que é a que move todo dende as sombras. O de anti é evidente, nós somos anti todo, unha anti banda non pode ter fans, seria incongruente.
https://www.facebook.com/groups/220018998058025/?fref=ts




 

Unha das características máis importantes da vosa música e a reivindicación social, onde ninguén fica a salvo, nin siquiera Feijoo. Védelo unha necesidade para que a xente desperte da súa pasividade?
É unha nacesidade para nós por que quedarse con eso dentro fai un dano da ostia, todos empezamos a estar un pouco ata as gonadas , que se arme unha revolución é só cuestión de tempo. E Feijoo por dios, se é o puto amo ese deberia sair en todas ¡¡

Autodefinides a vosa música como rock-indíxena. Considerades que sodes outra xeración do rock bravú?
En realidade en Ex- Tensión hai unhas cantas xeracións de bravús, dos que o inventaron, ata os que nos criamos dende nenos con eles , e todos somos indixenas ¡¡







O Bravú naceu como movimento musical e social no Castañazo. Credes que os festivais deste tipo poden dar lugar a outro movimento parecido?
Cada xeración crea os seus movementos sociais , sempre hai algo polo que pelexar . A redor destes surxen grupos, festivais e moitos outros movementos culturais, penso que iso seguirá pasando sempre. O que hai e que felicitar á xente que se encarga de levar adiante festivais coma este por que cada vez é mais complexo.


Que nos espera aos asistentes a ese festival como é o Castañazo?
Unha descarga brutal de enerxía do mellorciño que se pode escoitar hoxe , aparte tocará Ex-Tension Agraria... faremos que vos arrepintades, pagaredelo coa salú ¡¡



ENTREVISTA REALIZADA PARA musicaengalego POR LUCIA LOPEZ