O Foro Culturgal 2012 apostará polas industrias creativas como
ferramenta de desenvolvemento económico e social, a través dun encontro
de axentes culturais e unha xornada de difusión e formación para
profesionais do sector educativo.
O Foro Culturgal integrarase dentro das actividades da Feira das Industrias Culturais de Galicia, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2012, e para asistir haberá que acreditarse previamente.