Trotamusic.es, unha rede social adicada á música.
www.trotamusic.es
Trotamusic é unha plataforma online na que artistas, fans e salas de concertos interactúan de forma directa para intercambiar información e promocionar a súa obra co dinamismo que lle confire ser a primeira rede social destas características.
A iniciativa xurde de dous músicos galegos que observan as dificultades que moitos grupos de música atopan á hora de difundir a súa creación, así como para establecer contacto con salas de concertos ou festivais.
A diferenza do resto de redes sociais, Trotamusic permite distinguir entre tres tipos de perfil de usuario: Artista, no que teñen cabida dende grupos de música ata DJs, cantautores, instrumentistas… Salas de concertos, dedicado aos que ofrecen o lugar onde desfrutar da música en directo, sexa este un teatro, un pub, ou unha discoteca; e por último, os denominados “usuarios Trotamusic” onde se sitúan todos aqueles amantes da música e destinatarios da actividade dos anteriores.
Trotamusic convírtese deste xeito nun atractivo escaparate para todo tipo de formacións. Os concertos intégranse nunha axenda musical interactiva e a sección de radio permite aos artistas ofrecer a súa música á comunidad de usuarios sen que por isto perdan a titularidade da súa obra. Trotamusic, ao contrario que outras propostas da rede, non adquire ningún dereito sobre o material que os artistas deciden divulgar.
Promoción de balde para músicos e promotores de concertos; e información musical de primeira man para todos os usuarios da rede. Ademáis de foros, blogs, anuncios…
Máis información e contacto en :
Esteban@trotamusic.es
679708109