Chotokoeu grabará o seu
primeiro disco coa axuda dos seus siareiros
A banda
coruñesa, tras cinco anos de concertos e xiras por toda Europa, pon
en marcha unha plataforma de crowdfunding para financiar o seu
traballo discográfico.
Mentras nos grandes
medios fálase da xira de Alejandro Sanz ou do nacemento do fillo de
Shakira, hai bandas no panorama musical que se esforzan día a día e
invirten tempo e cartos en dar a coñecer o seu proxecto, sen grandes
campañas promocionales e coa única axuda do seu público. No caso
da banda galega Chotokoeu que, despois de recorrer dúas veces Europa
ofrecendo máis de 100 concertos, pon en marcha unha iniciativa para
financiar o seu primeiro disco, co que chegar a todo o mundo.
Desde a plataforma online
Lánzanos, un sistema de micro-financiación que permite apoiar a
grabación mediante a compra anticipada do disco, o grupo coruñés
ofrece varios paquetes promocionais, desde a adquisición do CD á
contratación dun concerto acompañado de batukada ao aire libre. Con
aportacións desde os 10 euros, calquera pode contribuír a que
Chotokoeu plasme nun disco a súa música, que abarca dende rumba,
swing e funky ata reggae, folk, ska e dubstep. O enlace para
colaborar é: http://www.lanzanos.com/proyectos/chotokoeu/
Os Chotokoeu demostran
que un grupo de traballo ben organizado pode romper as cadeas que
impón o mercado musical a base de enerxía, esforzo e grandes dosis
de confianza. Sempre dunha forma autoxestionada, conseguiron
convertir unha afición entre amigxs nun proxecto profesional que
actualmente demandan en países como Alemania, Bélxica ou Reino
Unido.