O GRUPO OS MINHOTOS PRESENTOU O SEU TRABALLO
DISCOGRÁFICO PINGA D´ AUGA
Acordeón, zanfona, gaitas, requintas e percusión tradicional fúndense
neste disco que contén doce temas
Para escitar Os Minhotos preme eiqui
Os temas que compoñen este traballo discográfico que pretende ser, como o nome do mesmo indica, “unha pinga minhota que contribúe a crear ese inmenso mar das músicas feitas neste país”. Moitos dos temas interpretados por OS MINHOTOS son arranxos de temas tradicionais pero tamén hai temas de autor e colaboracións de instrumentistas procedentes de diversas formacións. Temas nos que “se misturan os temas tradicionais cos de autor” e tamén “arranxos de temas recollidos nos cancioneiros”. PINGA D´AUGA contén pezas que foron interpretadas ou creadas “por persoas que xogaron un papel transcendental na formación, como músicos, dalgúns compoñentes d´os Minhotos” este é o caso do mestre Enrrique Candal ou, do avó de Bruno, Ramiro Villamor.
A orixe do grupo “formado por xente que sempre estivo moi ligada á música tradicional e ao traballo nas asociacións culturais”. Ademais todos os compoñentes de OS MINHOTOS contan con formación en escolas de música e conservatorios ademais de manter, algúns dos compoñentes, unha estreita relación coa construción de instrumentos.
A filosofía do grupo é tratar de “aportar unha pinga de auga ao mar da música galega vertendo nos ríos do son a nosa estética”.
Paula Fernández falou da ducía de temas que compoñen o disco. Temas nos que “se misturan os temas tradicionais cos de autor” e tamén “arranxos de temas recollidos nos cancioneiros”. PINGA D´AUGA contén pezas que foron interpretadas ou creadas “por persoas que xogaron un papel transcendental na formación, como músicos, dalgúns compoñentes d´os Minhotos” este é o caso do mestre Enrrique Candal ou, do avó de Bruno, Ramiro Villamor.
Os minhotos agradecen o traballo “de quen é o sexto Minhoto, Oscar Trigo, que fixo da gravación musical algo moi sinxelo e agradable”. Agradecen tamén o traballo dos colaboradores que interviñeron na gravación e “a xenerosidade do fotógrafo Vicente Ansola”.
Un total de doce
temas compoñen este traballo discográfico que pretende ser, como o nome do
mesmo indica, “unha pinga minhota que contribúe a crear ese inmenso mar
das músicas feitas neste país”. Moitos dos temas interpretados por OS
MINHOTOS son arranxos de temas tradicionais pero tamén hai temas de autor e
colaboracións de instrumentistas procedentes de diversas formacións.
OS MINHOTOS é o
son acadado e consolidado por un entender a nosa música tradicional, un xeito
propio e definido que conxuga festas, pasacorredoiras, ensaios, estudos e
reflexión sobor da música tradicional galega. OS MINHOTOS levan moitos anos
adicados ao mundo da música tradicional galega, tanto no eido do ensino como no
da construcción de instrumentos musicais.
OS MINHOTOS
combinan a estética e gusto da formación tradicional coas harmonizacións
clásicas mesturando o son das gaitas e a percusión tradicionais co timbre da
zanfona, o acordeón, a requinta e o clarinete; o seu repertorio e variado e
alterna a música de autor coa tradicional.
OS MINHOTOS é o
resultado do aprecio de cinco músicos galegos pola música do seu País, Galiza;
sen aditivos tanto na forma coma no fondo.
Os compoñentes de OS MINHOTOS son:
- Alberto Castro: Gaita, Pandeiro, Pandeireta, Bombo
- Bruno Villamor: Gaitas (Re, Do, Sol), Zanfona, Requinta, Pandeireta, Tamboril.
- Paula Fernández: Acordeón.
- Vitor Otero: Zanfona, Gaita, Percusións.
- Xaneco Tubío: Tamboril, Pandeiro, Pandeireta, Tixoletas, Ferriño, Bombo
Contactos: Xaneco Tubío – 982 39 32 78 / 696 431 657
Vitor – 696 305 600