E aquí un enlace cos 4 temas nunha carpeta rar para que poidades descargar os temas en formato .wav:
Compoñentes:
Batería: Adrián Salgado Fernández (coros)
Baixo: Alberto Quiintía (coros)
Guitarra: Martín Kuperberg Iglesias
Trompeta: Iago Sayáns Amo (coros)
Voces Principais: Jacobo Roselló Boullosa e Raúl Figueira
Abrumados ao darse de conta de que todo tempo pasado foi mellor e, sobre todo, pasado, é dicir que
xamais volverá, lonxe de intentar deixalo todo atrás e mirar cara a adiante, 6 collóns procedentes de
diferentes lugares de Galicia, como Ferrol, Tui, Santiago, Pontevedra e ata Francia ou Polonia,
decidiron embarcarse na búsqueda do limbo onde o bocata de nocilla, o rock´n´roll e as series de
televisión son os protagonistas; aqueles tempos nos que soamente tiñas que te preocupar de a qué
nivel de superguerreiro chegaría Songoku ou se Crilín conseguiría ao fin reunir a valentía para
meterlle ficha a c18.
Os compoñentes, Martin Kuperberg “Kuper”(Guitarra), Alberto Quintía “Quinti”(Baixo), Iago
Sayáns “Peteiro”(Trompeta), Adrián Salgado “Pichi” ou “Loca”(Batería), Jacobo Roselló
“Pupi”(Voz), e Raúl do Metal “Mazinger”(Voz), son xente con influencias musicais moi
diversas(Rock,Death Metal,Crossover,Rumba,Leticia Sabater...) pero que teñen en común unha
única relixión: o Xabarín Club.
Dende o ano 2011 COLLÓN DE LOLA levou o seu espectáculo por toda Galicia, tocando en
lugares como Ribeira, Arbo, Santiago de Compostela, Tui, Ferrol, A Guarda, Tomiño, Pontevedra,
Redondela ou A Coruña.
O que este grupo busca e dar a entender á xente que NON hai futuro, e que o que temos que facer é
recordar sen parar a través da música para que o tránsito ata o irrevocable final sexa máis agradable!
E tí, ¿Xa es do clube? A.F.I.L.I.A.T.E.!
Contacto: collondelola@gmail.com