Alana son:
Antía Vázquez Pantín: voz, pandeireta, ferriños, pandeiro e pandeira.
Eloy Vidal Varela: voz, guitarra, teclado, baixo eléctrico
Pablo Castro Lema: bombo, tamboril, plato, lata e gaita.
Alana nace no 2023 mesturando a tradición galega con ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. A súa música parte de recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres que desinteresadamente axudan a coñecer e preservar a riqueza do noso patrimonio musical. O estilo de Alana vén moi marcado pola importante presenza no directo das percusións tradicionais e de melodías que convidan ao baile. Levaron o Premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música.

Un saber (2026)
Un dos proxectos máis singulares da nova escena musical galega presenta o seu segundo LP, no que explora os ritmos da nosa tradición oral, sen perder a súa xa característica base electrónica e pop, nun disco de evolución e madurez, ritmicamente diverso, para bailar, cantar, gozar e... emocionar.
Gravación, edición e mestura:Eloy Vidal
Mástering:Manuel Dourado
Produción musical:ew
TEMAS DO DISCO:
Áurea(con Guillerme Fernández): recollida de Áurea Adán (ou de Laxoso),para nós,unha das grandes referentes da música tradicional oral galega.
Áurea
https://www.youtube.com/watch?v=c8s4WdY0jQg
Do Pastor(con Bieito Pereira): recollida de Jesús do Pastor, de Bazar (Santa Comba),un home cunha incriblecalidade vocal e de improvisación melódica.
Do Pastor
https://www.youtube.com/watch?v=rW5aETLYcOA
Vilardevós(con Pan.Sen.Fron): parte dunha recollida a unhas veciñas de Terroso, unha parroquia do municipio ourensá e da comarca de Verín. O ambiente festivo e o balbordo que se percibe no propio arquivo orixinal inspirou a creación da peza audiovisual, e iso foi o que tratamos de plasmar neste tema cas amigas de Pan.Sen.Fron, ás cales lles temos especial cariño, porque Antía pertenceu ao grupo moitos anos.
VILARDEVÓS
Videoclip coa dirección de Adolfo Fernández.
Produción musical: ew
https://www.youtube.com/watch?v=X4AhEQ65dMQ
Bota’la aña(con Casapalma): coñecimos a Casapalma fai algo máis de un ano e fixémonos grandes amigos; coincidimos moito na idea que temos da música e en que as producións dos temas están feitas desde dentro do grupo, algo que marca a forma de crear os nosostemas. Froitodesta amizade e dun concerto que fixo Casapalma na Romería de Santa Margarida, pois Antía colaborou con eles, saíueste tema recollido en Aboal, Toutón.
Bota'la Aña
https://www.youtube.com/watch?v=LRjEbdbTJ2U
Ai Manuela: recollida das tocadoras de Laxoso, nunha xuntanza de moitas veciñas.
Ai Manuela
https://www.youtube.com/watch?v=dhLDP-RhpFg
Este é o valse: recollida de Delfina Trillo Vilela (Delfiña de Añobres), a quen lle adicamos unha pequena homenaxe,que saíu á luz en xullo de 2025. Traballamos directamente coasúa familia,que nos abriu as portas da súa casa e a de Delfina.Con ela conversamos moitas horas e participou no videoclip que acompañou a este traballo “Añobres”,xunto co actor Xoán Fórneas.
Añobres
https://www.youtube.com/watch?v=-KtosQpkZDo
Este é o valse
https://www.youtube.com/watch?v=VVn-bTttiFA
Muiñeira de Juapita(con Andrés Boutureira): mesmo que o valse, incluído no traballo de Juapita de Añobres.
Muiñeira (de Juapita)
https://www.youtube.com/watch?v=eh0Fo3ZwTR4
Xota de Juapita: mesmo que o valse, incluído no traballo de Juapita de Añobres.Na recollida a compañeira de Delfina, Elisaincítalle a Delfina para que acompañe a melodía que está cantando cunha pandeireta e ela prefire coller un prato que ten a man. Foi por iso que nós,para este tema,decidimos inspirarnos nesa lareira onde tivo lugar a recollida, e crear o ambiente deste tema con utensilios de cociña.
Xota (de Juapita)
https://www.youtube.com/watch?v=iqngUPMwsqI
As Neves: recollida do lugar das Neves, cunhainformante chamada Generosa, unha voz que nos transmitiu moita dozurae serenidade, algo que intentamos plasmar neste tema.
As Neves
https://www.youtube.com/watch?v=Fr9_Mh9kt2Y
Cabalgada(con Galician Army): recollida do lugar de Monzo a Lela de Rosa, María de Silvestre, García e Cacholo. Cantareiras con moita forza, de aí a potencia do tema.
Fofe: Recollida en Fofe,Covelo,nunha xuntanza de moitas veciñas.Coristanco: Recollida do lugar da Rabandeira a Guillermo.
Fofe
https://www.youtube.com/watch?v=ivPxxXe-9vU
Cartas de Masaricos(con Charanga Benofán): recollida a varias veciñas de Suevos, nai e filla segundo indica o APOI. Gustáronnos moitos os adornos que facían nas diversas melodías, e imaxinámonos un tema inspirado nas charangas de antes.
Cartas de Masaricos
https://www.youtube.com/watch?v=kgWmLaLwc98
O xeito á cantigha (2024)
‘O xeito á cántigha’, é un traballo de 14 temas baseado en cancións tradicionais acompañadas de ritmos de base electrónica e pop.
Nunha das recollidas de Dorothé Schubarth recompiladas no Cancioneiro Popular Galego, Delfina de Cerceda explícalle á musicóloga como dar “o xeito á cántigha” nas melodías das muiñeiras e das xotas. Esa gravación de hai máis de 40 anos é a orixe que dá nome ao álbum. “O noso disco existe grazas ás señoras e señores que cederon, e ceden aínda, os seus saberes desinteresadamente, creando un país rico en tradicións, cultura e melodías, e ás cales tanto lle debemos” din desde Alana. “Ao falar destas recollidas é común centrarse nas melodías ou acompañamentos de percusións. Para nós as propias conversacións que se dan nestes procesos e onde as informantes tamén falan das súas vidas e costumes son necesarias e claves porque contextualizan o que din cantando.”
Para a gravación contaron coa colaboracion de artistas como Lina e Lola, Pedro García Louzao, Xabier Gómez Romero, Andrés Boutureira ou Ismael García.
Datos técnicos de ‘O xeito á cántigha’
Gravación e edición: Eloy Vidal
Produción musical: ew (Eloy Vidal)
Masterización: Manuel Dourado
Produción: Alana
Diseño gráfico: Luso
Fotografía da portada: Jorge López
Título das cancións
1. 20 e 2 señoras
2. Liñares
3. Cantares de Camariñas
4. Foliada de Negreira
5. Canto de pol
6. Lema
7. Dorinda de Xacobe
8. Ruada no Pereiro
9. Pasodobre de Muxía
10. Dolores Castiñeira
11. Consuelo de muiñeira
12. Carmiña Carmela
13. Follas de Queimadelos
14. Delfina de Añobres








.jpg)
.jpg)






