As Lembranzas, son tres mulleres de diferentes xeracións con máis dunha década de traxectoria que evolucionaron dende as foliadas tradicionais ata converterse nunha banda capaz de
hibridar os sons contemporáneos ca música de raíz. Co seu novo proxecto,
redefínense como un grupo sen fronteiras, onde a voz feminina e a
identidade galega conviven co ska, o reggae, o rock, o dub e a
electrónica, ou calquer estilo musical que se lles poña por diante.
Son voz, son terra, son tradición recibida dos seus devanceiros, que sempre usaron o canto e a música para evadir a dureza da vida ou, simplemente, transmitila.
Que ghasiosa levo
Gravado, mesturado e masterizado por Lolo Arincón nos estudios Xonix Records (A Bandeira - Galiza).
Raza
Raza fusiona a enerxía festiva do ska coa anacos da electrónica máis actual, xunto co seu incríble xogo de voces, creando un son híbrido, fresco e cargado de potencia.
Que ghasiosa levo
Gravado, mesturado e masterizado por Lolo Arincón nos estudios Xonix Records (A Bandeira - Galiza).
As Lembranzas mergullanse no imaxinario popular galego cunha proposta cargada de humor, identidade e a característica retranca da nosa terra.
"Nestes tempos onde non hai tempo nin para respirar, quixemos rirnos do absurdo cotián. A todos se nos vai a pinza nalgún momento!"
https://www.youtube.com/watch?v=kizv0nE9y8M
Raza
videoclip: Antonio Morillo.
Gravado, mesturado e masterizado por Lolo Arincón nos estudios Xonix Records
Raza fusiona a enerxía festiva do ska coa anacos da electrónica máis actual, xunto co seu incríble xogo de voces, creando un son híbrido, fresco e cargado de potencia.





