Xiro


O trío santiagués –composto por :

Icía Kirk, á voz e pandeireta,

Andrés Pérez, ao saxo soprano, e

Xan Pampín, ao acordeón–

fan música de autoría tradicional, mais con arranxos propios elaborados por Xan Pampín. Xiro é o territorio onde conversan as melodías tradicionais, un diálogo coa emoción e a sabiduría que brota da linguaxe da música e do baile tradicional de Galicia, símbolo da nosa identidade como pobo.

Xiro (2025)

Con raíces nas músicas e bailes tradicionais galegos veñen de lanzar o seu primeiro EP homónimo, unha viaxe sonora pola nosa música tradicional con cinco paradas, cinco melodías que chegaron ao presente a través da transmisión oral.

𝙰𝚜 𝚜𝚎𝚜𝚒ó𝚗𝚜 𝚍𝚎 𝚐𝚛𝚊𝚟𝚊𝚌𝚒ó𝚗 𝚝𝚒𝚟𝚎𝚛𝚘𝚗 𝚕𝚞𝚐𝚊𝚛 𝚎𝚗 𝚍𝚘𝚞𝚜 𝚎𝚜𝚝𝚞𝚍𝚒𝚘𝚜: 𝚘𝚜 𝚊𝚌𝚘𝚛𝚍𝚎ó𝚗𝚜 𝚏𝚘𝚛𝚘𝚗 𝚐𝚛𝚊𝚟𝚊𝚍𝚘𝚜 𝚎𝚗 𝚂𝚊𝚗𝚝𝚒𝚊𝚐𝚘 𝚍𝚎 𝙲𝚘𝚖𝚙𝚘𝚜𝚝𝚎𝚕𝚊 𝚙𝚘𝚛 𝚁𝚘𝚋𝚎𝚛𝚝𝚘 𝙻𝚎𝚍𝚎𝚜𝚖𝚊 (𝙰𝙰𝚃𝙸𝙰), 𝚖𝚎𝚗𝚝𝚛𝚎𝚜 𝚚𝚞𝚎 𝚘 𝚛𝚎𝚜𝚝𝚘 𝚍𝚎 𝚒𝚗𝚜𝚝𝚛𝚞𝚖𝚎𝚗𝚝𝚘𝚜 𝚎 𝚟𝚘𝚌𝚎𝚜 𝚏𝚘𝚛𝚘𝚗 𝚐𝚛𝚊𝚟𝚊𝚍𝚘𝚜 𝚎𝚗 𝙱𝚎𝚘𝚐𝚛𝚊𝚍 𝚙𝚘𝚛 𝙿𝚎𝚍𝚛𝚘 𝙿𝚊𝚜𝚌𝚞𝚊𝚕.

O deseño gráfico correu por conta de: 𝙿. 𝙿𝚊𝚜𝚝𝚘𝚛

A 𝙿𝚛𝚘𝚍𝚞𝚌𝚒ó𝚗 𝚖𝚞𝚜𝚒𝚌𝚊𝚕: 𝙿𝚎𝚍𝚛𝚘 𝙿𝚊𝚜𝚌𝚞𝚊𝚕.




Pasodobre de Pereiras

https://www.youtube.com/watch?v=XE9eZyGN8F0 


Maneo de Bértoa

https://www.youtube.com/watch?v=UCCGpNFtRXk

 

Rumba de Erviñou 

https://www.youtube.com/watch?v=Hr3AeeTw5gM
 

 Xota de Loureiro

https://www.youtube.com/watch?v=K0vAejcfN18

 

Muiñeira de San Salvador

https://www.youtube.com/watch?v=uCj2Sb69u5M 




CONTACTO: