Rubén - voz
Víctor - Guitarra e voz
Dani A. - Guitarra e voz
Yago - Baixo
Suso - Acordeón
Héctor - Trompeta
Dani L. - trombón
No 2021, A Quinkillada comeza un intenso traballo de composición de temas propios con estilos dende a Rumba á Cumbia pasando por sons modernos.
Transitando xéneros como a cumbia, o rock, o ska e os ritmos máis bailables, Quinkillada é o grupo que sintetiza a alma da festa galega. Combinando nas súas composicións tons festivos, populares e reivindicativos, a banda constrúe o seu legado a base de músicas enérxicas, auténticas e, sobre todo, bailables. Dende os torreiros das festas máis populares ás tarimas das salas e festivais máis importantes, Quinkillada é capaz de transformar calquera contexto nunha pista de baile.
A mestura de ritmos latinos coa rumba máis quinki fai que baile todo aquel que se deixe levar pola súa música.
| Quinkillada Os reis do lugar A banda do Morrazo veñen de estrear o seu novo sinxelo "Os reis do lugar", unha cumbia moi estival para devolver ao grupo ao sendeiro da música de verbena e a súa esencia festeira. A banda do Morrazo apela a ese sentimento tan xenuíno de deixar a un lado a rutina para desinhibirte gozando, retomando esas ganas de rachar co aburrimento para poder ir bailar a unha festa, tomar algo nun chiringuito de praia ou mesmamente dalo todo no torreiro dunha verbena. Producido por Víctor Gómez https://www.youtube.com/watch?v=SmXaZ6XcqV0 |
| Quinkillada CAMINHO Caminho pon o foco nas dificultades persoais que atravesamos na nosa vida, e, dende un enfoque persoal, a banda rebusca no seu interior para ofrecer un novo sinxelo que contrasta no musical e no letrístico co resto de traballos da banda. Composto e Producido por Víctor Gómez https://www.youtube.com/watch?v=wzYQ5HteJoM Derradeira Cancióncon Grande Amore e Capital Voskovhttps://www.youtube.com/watch?v=3XBcikgwJRM&list=RD3XBcikgwJRMDerradeira Canción naceu da naturalidade de ir coincidindo en concertos e das boas relacións xurdidas durante estes anos. Este novo tema, que combina sons indies e funkies con sons de electrónica con predominio dos sintetizadores, xunta varias referencias a algúns dos grupos máis destacados da música en galego actual, xogando coa temática do desamor, centrando a visión en pasar e pechar páxina nunha relación.
Afouteza
Un tema feito dende a nosa paixón. Da terra, do mar, do vento e da ría… chega un “himno da afección” para quen vive o Celta con orgullo. Producido por Víctor Gómez NuncaDirector DAMIÁN PAZOSPara PIXELECER AUDIOVISUALhttps://www.youtube.com/watch?v=4jUv-X_ALT0
Discografia previa :
Festivalhttps://www.youtube.com/watch?v=o_2zm5_rw1MNon é verán de Estrella Dammhttps://www.youtube.com/watch?v=HcadjnG8yFo |










