Sun Iou presenta un coidado e potente
directo con oito persoas en escena:
Tamara Martínez: Teclados e voz
Lara Villaverde: Voz
Maruxa: Voz
Marta Sueiro: gaita
Alex: baixo e voz
Mikele Faga: guitarra
Elías Díez: guitarra
Abel Magallanes: batería e percusións
SUN IOU é un proxecto musical galego que mestura tradición popular, punk-rock e electrónica desde unha ollada contemporánea, combativa e feminina. Cunha formación de oito persoas en escena, o grupo constrúe un directo potente e ritual, onde conviven gaitas, voces corais, bases electrónicas e moita actitude. As súas letras falan de identidade, resistencia, memoria e dignidade, reivindicando o galego e o colectivo como lugar de forza. A música de SUN IOU está feita para bailar, pensar e cantar xuntas.
Mesturan o rock ca música de raíz da nosa terra para facernos bailar e contaxiarnos da súa forza.

Egos (2026)
No seu novo disco, EGOS, un traballo no que afonda na mestura de tradición popular galega,electrónica e actitude punk desde unha ollada contemporánea, feminina e combativa.
EGOS, é un disco atravesado pola idea de herdanza, palabra e identidade, tanto no plano musical como conceptual. As cancións constrúense como espazos de resistencia cotiá onde conviven voces corais, guitarras potentes, bases electrónicas, instrumentos tradicionais e unha lírica directa que reivindica o seu espazo.
Producido por Peter Petrowski, o disco mantén unha sonoridade crúa e contemporánea, coherente co universo do grupo.

EGOS
Videoclip: Mika Audiovisual.
Gravación: Mikele Fagá
https://www.youtube.com/watch?v=7Q3DFIV_pv8
EGOS
Remix ft. Petrowski
https://www.youtube.com/watch?v=uimhorq4kYg
Quero
Vídeo realizado por: Tamara Martínez
https://www.youtube.com/watch?v=idohFOw8m6g
Agora (2024)
Gravación: Sun Iou
Mestura e mastering: Lolo Arincón (estudios Xonix Records)
A creadora da portada, do logo e da maquetación do disco, é a grande Sabela Carballo !