Heredeiros da Crus preparan novo disco para antes do verán
Juan de Dios, produtor de Amaral ou Barón Rojo entre outros, é o encargado de dar forma ao novo traballo da banda de Ribeira. Gravarase entre A Coruña e o Barbanza nas próximas semanas, e manterá o estilo característico dos máis jrandes, o do rock irreverente e gamberro que levou ao grupo formado por Tucho, Javi Maneiro Fran Velo e Tonhito de Poi> a encher unha sala de Ordes no seu regreso en marzo do pasado ano.
• O
traballo, o noveno na carreira discográfica de Heredeiros, estará
producido por Juan de Dios Martín, que xa ten traballado con artistas
como Amaral, Bunbury, Xoel López ou Barón Rojo
• As sesións de gravación comezan esta semana na Coruña
• O último disco de estudo da banda de Ribeira publicouse en 2004
Betanzos, 04 de marzo de 2013
É un dos
acontecementos máis esperados do panorama musical galego neste 2013, e
xa empeza a coller forma: o novo disco de Heredeiros da Crus comezará a
gravarse esta semana, publicarase antes do verán e estará producido por Juan de Dios Martín, un dos mellores produtores de toda España.
Será o noveno disco -o oitavo traballo de estudo- da carreira
discográfica de Heredeiros da Crus, unha das bandas máis prolíficas de
Galicia, e sen dúbida todo un referente para a historia do rock en
galego. O ano pasado publicaron o DVD do concerto que ofreceron en marzo
de 2012 con motivo do seu 20 aniversario, pero había nove anos que os
Heredeiros non publicaban un disco de estudo -Chicarrón, 2004-, polo que a expectación polos novos temas da banda de Ribeira é máxima.
As sesións de gravación deste novo disco, que sairá á venda antes
do verán e incluirá máis de 10 temas totalmente inéditos e orixinais,
comezarán esta mesma semana nos estudos Bruar (A Coruña), onde se
gravarán as bases. O resto da gravación realizarase nalgún lugar do
Barbanza aínda por concretar. O que é seguro é que tanto a música como
as letras do disco serán, segundo os propios Fran, Tonhito, Javi e
Tuchiño, "100% Heredeiros". É dicir, roqueiro, divertido, descarado e,
por supoto, galego.
Para conseguilo, os Heredeiros contan cun dos mellores: Juan de Dios Martín,
un dos produtores musicais máis coñecidos e respectados de España será o
encargado de dirixir esta nova aventura desde a cabina de son. O tamén
músico coruñés, produtor de discos de alcance internacional como os
últimos traballos de Amaral, Xoel López, Enrique Bunbury ou Barón Rojo,
confesa ter "moitas ganas" de traballar con Heredeiros da Crus.
A el súmase todo o equipo de Airapro,
a produtora fundada polos actores Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro,
que continúa así co traballo de produción e representación artística e
discográfica que iniciou cos de Ribeira en 2012, o ano no que "os máis
jrandes" volveron aos escenarios despois de 8 anos separados nunha
memorable xira que os levou aos principais festivais do país o pasado
verán.
Como todo o que fai a banda de Ribeira, que pode presumir de contar
cunha das maiores e máis fieis lexións de fans de Galicia, o seu novo
disco está xenerando unha forte expectación nas redes sociais, onde
desde hai uns días circulaban os rumores sobre os detalles do proxecto, e
onde os propios Heredeiros darán conta de todas as novidades sobre o
proxecto, incluídas